O ERE de Bárcenas

Todo vai como un pensaba cando chegou a conclusión de que Franco fora sustituido por unha oligarquía de partidos e sindicatos.
E as lecturas indicaban que a corrupción vai implícita en toda sistema oligárquico.
E as lecturas tiñan razón.
Desgraciadamente.

Todo está tan podre que o noxo alcanza xa o 80% da población.
Pero: ¿que decía esa cidadanía cando os que pensamos por nós anunciabamos que a democracia corría peligro?
¿Parábanse a pensar nos argumentos ou sentíanse ben ó calorciño embrutecedor do rebaño?
¿Merecemos daquela o que nos está sucedendo?

Cando te cansas de berrar, cando participas na formación de dous partidos políticos que levaban nos seus estatutos postulados rexeneracionistas, e observas a actitude de personas que ti considerabas demócratas de esquerdas, daste de conta de que non hai nada que facer.
Non hai xente que poña a ética e os feitos por diante do interés da tribu.
Tamén os libros decían que para superar os medos que a dictadura franquista lle metera no corpo a tanta xente era necesario agardar unhas cantas xeneracións.
Tamén eses libros tiñan razón.

Teño comentado aquí que, nos tempos de Ciutadans de Catalunya, un arxentino explicaba que era imposible ser ó mesmo tempo un democrata serio de esquerdas e arxentino. E el elexira ser de esquerdas.
En Galicia sucede algo parecido: hai que elexir entre ser un demócrata europeista ou formar parte deses rebaños adolescentes nos que a ética está no calabozo.
E un elixe a ética aínda que conduza á marxinalidade.
Non queda outro remedio.
Tamén no franquismo eramos poucos os que nos xogabamos o futuro.
Pero resulta doloroso ver como o rebaño vai a todo trapo cara o matadeiro, guiado por uns manipuladores que o único interés que teñen é o de facerse millonarios.

Alea jacta es.
Non hai outra.

Optar por comportamentos éticos cando o poder é, ademais de corrupto, absoluto, supón que os teus terán que ser fortes para labrarse o futuro porque nunca encontrarán ventos favorables.
Cando eres funcionario por oposición libre e conoces as leis que rixen neste estado de dereito imperfecto, sabes que pouco poden facer os caciques en contra túa.
Pero págano os que veñen detrás.
Por eso teñen que ser fortes e peleóns para atopar o seu sitio sabendo que outros serán colocados a dedo.

E sufres polos amigos cos tres fillos con estudios na casa e na emigración mentras outros se colocan de monitores, de asesores, de laborales... en empresas públicas, fundacións, consorcios... valéndose do dedo da oligarquía.
Despois xa os regularizarán e transformarán en funcionarios.

Pero non hai nada que facer nunha sociedade anestesiada e temerosa como é a nosa.
Ti bótaste para adiante porque sacaches as oposicións e non te poden botar do traballo, pero eu...
E tiña razón o que o decía.
Pero si calamos os que temos as ideas claras, non temos medo e temos traballo seguro para manter ós nosos... ¿que nos queda?
¿Bailar ó son dos que saquearon as nosas caixas?

Na Europa na que queremos vivir os demócratas hai dous grandes bloques: a dereita e a socialdemocracia.
E á esquerda da socialdemocracia queda un espacio no que se moven os que teñen a misión de que o bloque socialdemócrata non esbare cara a dereita.
E nese territorio que linda coa socialdemocracia pola esquerda situamonos moitos dos que fomos antifranquistas no seu momento.
Galeguistas en Galicia.
Pero en España, e en Galicia, ese terreo esta baldío e nel pretenden pescar todos os cazadores de recompensas que cruzan Pedrafita.

A última tropa esta capitaneada por un Secretario de Estado dun Goberno de Franco (Mayor Zaragoza), un delincuente condenado por prevaricación (Baltasar Garzón) e o home que sustituiu a Marcelino Camacho ó frente de CCOO (Antonio Gutierrez) en 1987.
Tres personaxes que deberían estar caldiños.

Que un xuez sexa condenado por prevaricación, e expulsado do seu traballo, é o equivalente a que un profesor sexa expulsado da docencia por abusar sexualmente dun alumno.
Calquera profesor nos seus cabales, e nesa situación, miraría de pasar desapercibido.
O xuez do que falamos, supoñendo que non teña problemas siquiátricos, debe considérase un ser superior...

Que un franquista se atreva a dar leccións é algo que non podemos permitir os que sabemos como era a vida nos tempos de Franco. Aínda que solo sexa por honrar os que perderon a vida peleando contra a Dictadura.

Do que foi Secretario do meu sindicato, e que o convertiu na organizacion corrupta que eu abandonei, poderíanse decir moitas cousas...


E así van pasando estes días de fogaxe camiño do agosto de agosto no que os da foto tratarán de facer o seu agosto.