Universidade española

Levoo escrito tantas veces que xa o podo recitar de memoria.
Agora a OCDE sinala que resulta alarmante que o nivel dos titulados universitarios españoles sexa similar ó dos bachilleres xaponeses.
Non nos facía falta o recado, eso sabiamolo ben os que fomos profesores de Instituto.
Maravall, Rubalcaba e Marchesi conseguiron que coa súa LOGSE ridícula pasasemos dunha Enseñanza Media excelsa a unha Enseñanza Secundaria patética.Escribino non fai moito.
¿E agora?
¿Corremos  a patadas no traseiro ó trío de bobos e a todos os que os sostiveron?
¡Non ho!, aquí o que toca é cristiana resignación.

Se nos limitamos a Galicia, a Universidade nai (a de Santiago) quedou preñada  e nacéronlle dúas fillas: a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo.
Rector x 3
Xestores x 3
Vicerrectores, decanos... x 3
...
 Millóns e millóns de euros de todos nós para a Autonomía Universitaria.
¿Quen controla a utilización desa inmensa cantidade de billetes?
Ninguén.

Daquela haberá que medir o bon uso dese diñeiro polos resultados certificados por institucións independentes e con prestixio:
1. QS World University Ranking das 800 mellores universidades do mundo:
    501 - 550 Santiago
    A Coruña e Vigo non aparecen
2. Times Higher Education, ranking das 400 mellores universidades do mundo:
    351 - 400 Vigo
    Santiago e A Coruña non aparecen
3. Universidade Sanghai Ranking das 500 mellores universidades do mundo:
    Non aparece ningunha galega.

Estes son os feitos.

¿De que maneira se gastan os noso cartos?
 No seu momento foi noticia e falouse aquí delo, pero a anestesia funcionaba e o saqueo producíase con total impunidade.

Salarios no ano 2009
Presidente do Goberno: 91.982 euros/ano
Presidente da Xunta: 89.983 euros/ano
Universidade de Vigo:
Xerente:

Doña Ana Fernández Pulpeiro (que fora Directora Xeral con Touriño + Quintana): 94.000 euros/ano + trienios + chófer que a levaba todos os días desde Santiago (onde vivía) a Vigo.
Vicexerentes: 5 que cobraban 74.000 euros/ano cada un.

Os gobernantes dunha universidade mediocre cobrando coma se dirixisen Harvard.

Salarario Mínimo Interprofesional España (2009):  8.736 euros/ano.
A señora Fernández Pulpeiro cobraba máis que Don José Luis Rodríguez Zapatero, máis que Don Alberto Núñez Feijóo...  11 veces o SMI que cobra un obreiro.

 ¡Que ben vive a esquerda oficial oligárquica!



Universalidade Galega: o poema é dunha galega, a música doutro galego e algúns dos que tocan tamén son galegos.