Datos do saqueo

O BBVA acaba de comprar Catalunya Caixa (antes chamábase Caixa Catalunya) e según parece os cidadáns perderemos entre 11.757 millons de euros e 12.024 millóns de euros. Roubáronnos dous billóns de pesetas polo menos.
¿Por que non hai manifestacións e as cadeas de televisión están caladas, cando con Cajamadrid e Blesa estaban alporizadas?
É fácil responder: o Presidente de Caixa Catalunya chamábase Narcis Serra. E ese home é un socialista que foi Vicepresidente do Goberno con Felipe González.



Comparemos a estes con estes outros



Este feito demostra o nivel democrático do país no que vivimos.
Tanto o PP coma o PSOE, IU, CiU, PNV, BNG..., sindicatos e organizacións empresariales foron os responsables do maior saqueo da historia de España: o das Caixas de Aforro.
Non hai diferencia entre eles, pero uns saben manexar a propaganda e outros non.
O malo é que nesa propaganda trátannos coma se fósemos imbéciles.

Parece que a Fiscalía vai imputar a Serra, Todó (Vicepresidente) e os outros 52 membros do Consello de Administración (no que, coma non podía ser doutra maneira, están tamén CCOO e UGT).

Aposto os meus aforros a que ningún deles pisa a cárcel nin devolve un céntimo.

Un relato preciso da oligarquía político-sindical-empresarial que se dedicou a saquer o que era de todos.

¿Como vai haber cartos agora para pagar a sanidade, a educación, as pensións... si solo en Caixa Catalunya a oligarquía roubounos dous billóns de pesetas?

¿Canto nos leva costado o rescate bancario?
Según parece  37 billóns de pesetas.