Saqueadores impunes

Día tras día a prensa sigue recollendo noticias do saqueo ó que a cidadanía galega, e española, se viu sometida por parte da oligarquía político-sindical-empresarial posfranquista.
Roubárono todo: as empresas públicas, as caixas de aforros, o diñeiro dos parados...
Pero non se confiormaron con eso: a prensa tamén recolle estes días como se intercambiaban empregos: ti colócame ós meus no teu concello, que eu colocarei ós teus no meu.
Non importa que se abriguen baixo as siglas de PP, PSOE , IU, CiU ou BNG: son ante todo oligarquía.
E a oligarquía ten sempre uns intereses comúns.
E sempre é corrupta.

Para entender ese comportamento mafioso, nada mellor que escoitar a un delincuente (el mesmo aceptou que era un ladrón):
Ninguén pode definir mellor o funcionamento da oligarquía corrupta como cando un cabreado Pujol amenaza:
(...) si vas segando una parte de una rama, al final cae toda la rama y los nidos que hay en ella, y después caen todas las demás ramas.
Sublime.
Calquera con dous dedos de frente deduce que roubaban todos.

No medio da podredume, e da mansedume propia dos siervos, hai algún que clama no deserto: ten a razón e a coraxe necesarias.
Pero está rodeado de donos de rebaños gordiños mantidos co diñeiro de todos.


Nada cambiou para a xente nova que emigra como nós emigramos: antes tiñamos que manter ós cortesanos da dictadura franquista e agora teñén que manter ás familias da oligarquía político-sindical-empresarial.
Os nosos estudiantes con talento peleando polo pan por Londres ou Berlín, mentras que un zoquete chamado José Blanco pasea por Bruselas cobrando por 10 deles, despois de saquear os euros que lles podían permitir vivir na terra.

Agora xa escoito as historias da xente honesta que fai uns anos me decía non entender o meu comportamente que, según eles, solo favorecía ó PP.
Dóeme a tristura de algúns que caíron do limbo dez anos despois porque pensaban que a mesma ideoloxía que eles levan dentro era compartida polos dirixentes do seu partido.
Estaban cegos.
E agora abriron os ollos e diante deles caeu coma un castelo de naipes unha vida de loita antifranquista.
E contanche dos que utilizaron o partido pra medrar... e otras cuestións que o mellor non deberían contarche.

Pero un xa non ten ganas de seguir falando desas cousas... nin escribindo delas.
Non sirve de nada axitar o capote cando o toro xa pasou: é cando embiste o momento no que a xente con principios clava os pés na terra mentras os outros botan a correr.

Pero neste país a coherencia da xente que defende os seus principios carece de valor.
Na terra dos lobos hai que ouvear coma todos, sentenciaba sabiamente meu pai.

Compre resaltar que os miserables que se quedan cos cartos de todos convírtense en basura cando representan a un sindicato como CCOO, ó que estiven moito tempo afiliado.

O que aparece na foto foi moitos anos responsable de CCOO Enseñanza.

Pero o personaxe é un tal José Ricardo Martínez que, aparte de cobrar 180.000 euros/ano, ó parecer roubou 44.200 euros. Escoitalo é toda unha lección para entender o funcionamento da mafia sindical corrupta:


Algúns, que sei que leron en tempos este Outeiro, andan agora asubiando e facéndose os despitados: Dos sindicatos non sabiamos nada.

Pois non sería por non ter falado deso desde fai moito tempo neste pedregal en mancomún:
Bankia
Caixa Galicia
Catalunya Caixa
Parte da pandilla

Claro que daquela os que deciamos a verdade eramos fachas e os saqueadores xente de esquerdas.
Canda os feitos demostraban que era xusto ó contrario.
O que cambiou é que hoxe hai máis personas que abriron os ollos.
Pero resulta que os abriron cando xa non queda nada na despensa.
Mellor dito, sí queda algo nela: DEUDAS