Inventario de Entes Públicos

É a Axencia de Colocación da oligarquía.
Secreta ata que  un Real Decreto de setembro de 2013 decretou, é o que fan os decretos, a transparencia das entidades do sector público.
Todos conocemos como se colocaron as familias de políticos e sindicalistas.
Todos podemos dar docenas de nomes de colocados a dedo en concellos, diputacións e empresas públicas.
- E logo o teu fillo
- Traballando en ...
- Pois debe ser o único da promoción que ten traballo
- Tivo moita sorte
...
- Alégromede que teña traballo o fillo de... O teu foi un excelente estudiante e está no paro mentras que él tivo sorte e está colocado.
- Non é cuestión de sorte: empleouno seu pai. O partido goberna alí e enchufouno nunha empresa pública desas nas que se contrata a dedo.

Un exemplo:
En Estepona gobernaba un médico chamado Antonio Barrientos (PSOE, aínda que podería facelo baixo outras siglas sin despeinarse) que foi á carcel seis meses porque él e o seu grupo mafioso (concelleiros, técnicos, abogados...) cobraban por conceder licencias de construcción e logo reapartían os cartos. É o caso Astapa.Todos sabemos que ese proceder delictivo funcionaba, e sigue funcionando, en moitos outros concellos.
Antonio Barrientos era un dos alcaldes que mas cobraba de España a pesar de que Estepona non chegaba ós 70.000 habitantes.
O Presidente do Senado era un socialista vasco chamado Javier Rojo .
Patricia Rojo, filla de Javier Rojo que chegou a Estepona en 2003, foi nomeada a dedo por Antonio Barrientos como cargo de confianza do PSOE en xaneiro de 2005: coordinadora de Urbanismo. Como a xusticia vai tan lenta, Patricia Rojo sigue hoxe imputada no caso Astapa.

- ¿Por que todos os exemplos de corrupción que pos son sempre dos partidos de esquerdas?
- ¿De esquerdas?
- PSOE, IU...
- Porque a quen engañou esa tropa foi a xente de esquerdas que en moitos casos se xugou o pelexo loitando contra Franco. Non se merecen que esta cuadrilla de ladróns fale en nome deles.

Non estaría nada mal botarlle unha ollada ó Inventario de Entes Públicos.