La jauría humana

É unha película de Arthur Penn (1966) que describe sin eufemismos o compartamento da sociedade de Tarl, unha pequena cidade de Texas, co motivo da volta da cárcel dun veciño, Bubber Reeves (Robert Redford), condenado inxustamente.
A película remata unha mañá cedo na que sube ó coche no que xa está a súa muller o sheriff Calder (Marlon Brando): o único home cabal naquela podredume vital.
Poñer terra de por medio: fuxir do espíritu de rebaño para poder respirar, mirando de recuperar inquietudes que a imprescindible responsabilidade agachou:


É a sensación que sentimos os demócratas cando vemos o comportamento da sociedade española, cando chegamos á conclusión de que non hai nada que facer e que nunca viviremos nun país no que unha maioría social seria e honesta goberne pensando no interés colectivo en lugar de utilizar a representación política para o enriquecemente personal e dos compañeiros de partido-sindicato-empresa.
Xente que lle diga á sociedade: esto é o que temos e imos gastalo con estes criterios.
Ahí aparecería a ideoloxía: a esquerda seria (que non está representada nos parlamentos nin nos concellos) optaría por cubrir ata onde fose posible as necesidades de todos (socialismo democrático), mentras que a dereita liberal (que non levanta cabeza neste país) diría de que se deberían cubrir as necesidades básicas de todos, deixando que cada un se buscase a vida en todo o que non sexa necesario para vivir dignamente (liberalismo).

Á marxe queda a extrema dereita e os nacionalismos burgueses (europeos) que non están de acordo con que ese todos se refira a todas personas que viven legalmente en España, e a ridícula esquerda adolescente que predica que ese todos se refire a todos os seres humanos.

¡Non hai máis millo que sachar ca ese!

É bastante evidente que a parella socialismo democrático + liberalismo constitúe a estructura do sistema democrático europeo, mentras que tanto a extrema dereita como os nacionalismos burgueses, e a esquerda adolescente, ven na democracia un medio para alcanzar as súas metas políticas: conseguir que a súa tribu mande no territorio botando fóra del ós que non practican a súa relixión, ou ser os apparatchik que levarán ás masas populares (ou proletarias) cara a súa liberación. Liberación que, como todos sabemos, nunca chegará porque os cuadros do partido xenerarán, como a historia nos ten demostrado, unha nova burguesía.

Despois de soportar o agit-prop da esquerda político-sindical corrupta, que pretende quitar do poder á dereita político-empresarial tan corrupta coma ela,
- No Prestige
-Na guerra de Irak
-No 11-M
-No renacer do guerracivilismo ZP
- ...
agora toca o ébola.

Resulta insoportable escoitar a predicadores e tertulianos a sueldo da esquerda político-sindical corrupta despreciando a berros, hai unhas cantas mulleres que deberían pasar polo diván do psiquiatra, a uns apocados predicadores e tertulianos a sueldo da dereita político-empresarial, tamén corrupta.
Un chega á fronteira da alucinación cando escoita como, co único fin de botar a Rajoy, a morte dun can se convirte nunha traxedia... mentras que centos de nenos morren de fame todos os días.

E no medio nós: os que pagamos a conta.

Solo quedan dúas alternativas:
- Botarse ás rúas berrando REBELIÓN.
- Facer coma o sheriff Calder: subirse ó coche e poñer rumbo a outras latitudes intelectuales.

O malo é que, según alguns investigadores, o cerebro humano estructúrase ideolóxicamente e un cerebro cientifico (o que analiza o entorno coas premisas do Método científico) será de por vida un cerebro científico. Daquela resulta que a segunda das alternativas é inalcanzable para algúns.

Así que compre aceptar que, vivindo nesta Galicia que España é ata que a Unión Europea das Rexións unha realidade sexa, un vivirá en loita permanente coa oligarquía político-sindical-empresarial corrupta que saqueou o que de todos era (e non de ninguén, como afirmaba unha ministra ZP).

Eso non quita que, cada vez que vemos a eses rebaños de borregos levados ó matadeiro por predicadores e tertulianos de toda cor e pelaxe, nos imaxenemos facer coma o sheriff Calder: meter á muller e ós enseres no coche e atravesar os Pirineos.

Cómpre escapar, aínda que sexa co IMSERSO, da estupidez humana... e da señora da gadaña vestida de negro: