Recortes

Cando os que ocupan o poder en representación da cidadanía comproban que a sociedade que lles deu o cargo está desestructurada e non existe un tecido que represente a esa cidadanía civil á marxe deles, síntense impunes e convírtense en corruptos.
Pero, para evitar que a cidadanía desperte, os políticos necesitan ampliar o círculo para meter dentro del a sindicatos, empresarios e organizacións que se deixen controlar.
¿Como o fan? Sinxelo: subvencionándoos cos nosos cartos.
Así nace a oligarquía e se extende a corrupción.
Si a eso lle sumamos o control dos medios de comunicación e do poder xudicial, entenderemos a sociedade española actual.
No xogo que se tran entre eles para conseguir o poder, os gastos sempre os pagamos nós.

Agora goberna a dereita e a esquerda quere botala: en lugar de ofrecer propostas alternativas utiliza a axitación e a propaganda, coma se fósemos unha república bananeira en lugar dun país europeo.
Os sindicatos e as organizacións  controladas pola esquerda corrupta andan polas rúas con carteles que poñen No a los recortes, mentras que os apóstoles do saqueo repiten centos de veces as consiganas nos medios de comunicación.

Esa mesma esquerda, esas mesmas organizacións e eses mesmos medios de comunicación foron os que avalaron a un indixente intelectual, chamado José Luis Rodriguéz Zapatero, que arruinou o futuro dos nosos fillos.



Non cambiou nada.
Non aprendemos nada.
Nunca aprenderemos nada.
Estamos arruinados e polas rúas anda toda esa tropa responsable de gran parte da nosa ruina con pancartas. E as pancartas piden que nos sigamos arruinando.
Como si fósemos imbéciles ou estivesemos tolos.
¿Ou é que realmente somos uns imbéciles tolos?

É moi fácil de explicar, e para entendelo ben traballeremos con números redondos:
- Supoñamos que España gana (chámanlle PIB, pero eso é o de menos) 100 euros/ano
- Si gasta menos de 100 ten superavit, si gasta máis ten déficit e si gasta 100 está en equilibrio. No caso de deficit hai que pedir diñeiro prestado e pagar uns intereses por el. Falamos nese caso de Deuda Pública e dos intereses desa deuda.

1. No ano 2004 chega Rodríguez Zapatero ó poder:
España ganaba 100, gastaba 100 (equilibrio) e debía 46
2. No ano 2011 perde Zapatero as eleccións:
España ganaba 100, gastaba 110 (10 de deficit) e debía 71
O mozalbete arruinounos co silencio cómplice de todos os que recibían subvencións: medios de comunicación, sindicatos...
Con eses números diante algúns deberían pasar un tempo á sombra. Nada de sombra, máis ben todo o contrario: os que denunciabamos o saqueo eramos uns fachas.

3. Xullo de 2014 gobernando Rajoy:
España gana 100, gasta 103 (3 de deficit en dous trimestres) e debe 96.
4. Según os organismos internacionales, a finales de 2014:
España ganará 100, gastará 106 (6 de deficit) e deberá 100.

Estamos arruinados: España e Irlanda serán os países con maior desequilibrio (deficit) da zona euro. Logo haberá que ganar máis, gastar menos ou as dúas cousas á vez. Como non é fácil ganar máis neste momento (estamos sotidos polo turismo que non pode viaxar ó Norte de África) temos forzosamente que gastar menos.
Se non é asi, cada vez deberemos máis e non poderemos pagar: mandarán no país os que nos prestaron os cartos e poñerémonos o mesmo nivel no que se atopan os arxentinos: economía de república bananera.

Como o Bono a 10 anos anda polo 2,2 % (quedámonos co 2 % en números redondo), para conseguir o equilibrio presupuestario en 2015 (seguiriamos debendo 100), como teriamos que pagar 2 de intereses, deberiamos amañarnos gastando 98.

Daquela, no 2015 España debería ganar 100 e gastar 98 para non seguirnos endeudando, aínda que seguiriamos debendo todo o que ganamos nun ano.
¿Cando vamos poder devolver eses 100 que debemos?
Os economistas serios falan de que o importante é non endeudarnos máis: ó mellor os nosos netos empezan a devolver eses cartos.

En Economía o procedemento recibe o nome de axuste presupuestario: ós axitadores que nos tratan coma se fósemos estúpidos convenlles falar de recortes.

Daquela, ¿onde recortamos eses 2?
É facíl:
- Eliminar subvencións a partidos políticos, sindicatos, organizacións empresariales e todo tipo de fundacións.
- Pechar todos os Entes Públicos innecesarios que aparecen no escrito anterior
- Eliminar as Diputacións e o Senado
- Facer que os Delegados do Goberno Central sexan por autonomías e non por  provincias
- Suprimir os delegados provinciales das Consellerías autonomicas
- Eliminar as institucións autonómicas en áreas competenciales do Estado Central: policias autonómicas, representación exterior...
- Limitar por lei o número de concelleiros, diputados autonómicos, dedicacións exclusivas, coches oficiales...

Non habería que tocarlle a Sanidade, nin a Eduación, nin ás Prestacións Sociales, nin a Seguridade...

Pero a eles non lles interesa perder o control que teñen sobre nós.
Eles, a oligarquía político-sindical-empresarial, non queren perder privilexios.
E nós non temos a coraxe suficiente para quitarllos.

ANEXO:
As comparacións hai que facelas sempre en términos relativos, pero si queremos falar de canto non temos máis que ir ós datos do PIB.


Nos alegres e despreocupados tempos de ZP (2004-2011) nos que eramos o non vai máis do progresismo (e da estupidez): eramos os que máis cartos repartiamos polo mundo.
2004: Debiamos 390.000 millóns de euros (65 billóns de pesetas)
2011: Debiamos 740.000 millóns de euros (123 billóns de pesetas)
Deuda da época ZP: 350.000 millóns de euros (68 billóns de pesetas) cun aumento do 90%
É evidente que os cartos que o sonrisas repartía polo mundo non eran del: eran nosos e agora temos que pagalos entre todos.
Como dato interesenta comentar que no ano 2011, ano das eleccións, o Goberno Rodríguez Zapatero gastou 91.000 millóns de euros (15 billóns de pesetas) máis dos que ingresou. Por si o feito non fose suficientemente grave, ZP mentiu ó afirmar que se gastara moito menos.

Despois deses adolescentes anos chegou o inverno gris de Rajoy

Nunca ninguén tivo tanto poder nestes anos de democracia.
O de Pontevedra debeu pensar que era un estadista, sin darse de conta de que unha gran parte da sociedade española cansárase de estar gobernada por adolescentes e non foi votar ou votou contra ZP.
Sabendo algo de matemáticas é fácil entender que a situación coa que se encontrou o triste Mariano (debiamos 740.000 millóns de euros e gastabamos 91.000 millóns/ano máis do que ingresabamos) era moito peor que a que se atopara o sonrisas Zapatero (debiamos daquela 390.000 millóns de euros e gastabamos o mesmo que ingresabamos). Aínda así os datos da súa xestión son clarificadores:
2011: Debiamos 740.000 millóns de euros (123 billóns de pesetas)
2014 (estimados): Deberemos  1.200.000 euros (200 billóns de pesetas)
Deuda da época Rajoy: 460.000 millóns de euros (77 billóns de pesetas) cun aumento do 62 %
Para ser xusto á hora de valorar a xestión económica destes dous compre sinalar que canto máis endeudado se está máis lóxico é seguirse endeudando: considerando que nos prestaran ó 3 % de interés, cando chegou Rodríguez Zapatero debía pagarlle ós que nos prestaron os cartos 12.000 millóns de euros (1,9 billóns de pesetas) ó ano, mentras que Rajoy tivo que facerlle frente ó chegar a uns pagos de 22.000 millóns de euros ( 3,7 billóns de pesetas) anuales.

Esta é a realidade (os feitos) e non a que nos contan os charlatáns a sueldo por todas as esquinas.
Realidade dura.
Para completar a alineación, habería que sumarlle á parella da sonrisa boba e do aceno triste todos os que participaron no festín porque gobernaban (ou cogobernaban) en municipios, en autonomías ou no Goberno Central, e estaban caladiños gastando a esgallo (¡churrasco pra todos!) e mirando polo seu:


Xa o decía o Zeca moitos anos atrás: