Tempos revoltos

Cando os tempos están cambiando un pode ir con eles ou non.
Se o fai pode ir para adiante ou para atrás, mentras que se deixa que flúan, coma o Miño por Belesar, un pode organizar o que lle queda de vida á marxe deles.
¿Que facer?
A Ciencia teno claro: hai que sacar á rúa os aparatos de medida e encontrar, cos datos obtidos, a fórmula que conteste á pregunta.
Así o fixen: orientei o democratómetro e o estupidómetro cara todos os ventos que perderon as follas do seu cartafol e apuntei os datos.
O democratómetro en mínimos, o estupidómetro a punto de reventar.
Á oligarquía posfranquista que saqueou o país no que vivimos parece que a vai  sustituir un casta  universitaria que non sabe sumar. Como son de letras, un pode aceptar que non sexan capaces de resolver unha ecuación diferencial sinxela, pero sumar deberían saber facelo.
Eu, que levo moito máis tempo ca eles peleando pola democracia (primeiro contra Franco e logo contra a oligarquía posfranquista corrupta), tiña a esperanza de que a xente seria collese o timón dese movemento para que ese Podemos servise de casa común dos que pensamos que os españoles nunca fomos capaces de convivir ó amparo dun  réximen verdadeiramente democrático.
Casa común na primeira etapa, que despois debería disolverse para adaptarse ás correntes de pensamento político da sociedade democrática europea.
Catarsis honesta e desinteresada que debería parir unha democracia homologable ás que viven na vella Europa.
Pero non foi así: uns rapaces, que se cren moito máis listos do que son, véndelle soños a unha sociedade anestesiada que, ignorante, ten unha visión maniquea da realidade: se os de antes eran malos, estes teñen que ser forzosamente bos.
E así se escoita falar ás boas xentes destes rapazolos coma antes falaban do Salvador que morreu na cruz para purgar os nosos pecados.
A España de charanga e pandereta, que anda agora mirando de dixerir o protofascismo catalán, á busca de heroes cando B. B. nos avisaba fai moito tempo de que Desgraciado o país que necesita heroes.



Un feito, analizado con conciencia crítica e de clase, retrata a esta casta universitaria matemáticamente ágrafa que unha vez máis lle vende a sociedade española quimeras:
Amanda Meyer Hidalgo, filla do eurodiputado de IU Willy Meyer que tivo que dimitir por ter un fondo de pensións voluntario do Parlamento europeo domiciliado en Luxemburgo, é a Secretaria General de Vivienda, Rehabilitación y Arquitectura da Junta de Andalucía en representación de IU.
Para facer un estudio sobre La vivienda en Andalucía: diagnóstico, análisis y propuestas de políticas públicas para la desmercantilización de la vivienda, aceptou a proposta de  Alberto Montero, profesor da Universidade de Málaga e militante de IU que se pasou a Podemos, que á súa vez contratou como investigador a Íñigo Errejón, un dos líderes de Podemos.
O contrato, de 1.825 euros brutos/mes, establecía a obriga de pasar 40 horas/semana (8 horas/día) investigando na Universidade de Málaga.
Errejon estaba en Madrid participando na creación de Podemos, o que me parece moi respetable, mentras cobraba  máis de 60 euros diarios como investigador, o que me oparece despreciable.

O retrato da casta universitaria endogámica, e tan corrupta coma a oligarquía político-sindical-empresarial, non pode ser máis  claro.
Enténdese o porqué a Universidade de Malága non figura en ningunha lista que clasifica ás universidades do planeta.

A resposta destes rapazotes é que eles son moi brillantes e que a casta (eles dínlle casta ó que eu chamo oligarquía) desatou unha campaña para desprestixialos.
Ó chamarlle ós outros casta, según predicaba Goebbels, dedúcese que eles, que realmente son unha casta, non o son.

Os que fomos profesores de Enseñanza Media sabemos as horas que ten que estudiar a xente nova que se licencia en Inxiniería ou Medicina frente ós que o fan en Políticas (chamarlle Ciencias Políticas é non entender o significado da palabra ciencia).
Sei de inxenieiros de telecomunicacións cun brillante expediente que están traballando a tempo completo, e a disposición da empresa, por 1.000 euros/mes.
Mentras Íñigo Errejon ten un contrato de 1.825 euros/mes, pagados por todos nós, que non lle obriga a nada.
Solo ten que pensar.
Os líderes pensan e os labregos munxen as vacas para que o lider tome o café con leite polas mañás.

En Alemania dimite un lider con futuro por copiar parte da súa tésis doctoral e en Gran Bretaña dimite un ministro por unha multa de tráfico. Aquí este rapazote vennos a decir que il é un xenio e que para os xenios rixen normas distintas que para os pescadores da Costa da Morte.

Os mediocres síntense fortes cando os que se levantan cedo para saír ó curricán, ou para sementar as patacas de cedo, non teñen quen os represente.
Se o tivesen, non falarían tan alto os oligarcas e a casta universitaria.