Xente nova

Os nacionalistas galegos que son, coma todos os nacionalista non anticolonialistas do mundo, xente de orden e de dereitas, afirman que Galicia é unha nación.
Eu, que son un galeguista de esquerdas, penso que Galicia é unha rexión europea que (hoxe) forma parte de España.
Aínda que na eterna loita entre a modernidade e o patriotismo, en Galicia sempre ganou o segundo, un non se rinde e preocúpase por comparar o que sucede nas 265 rexións que a Unión Europea reconoce.
Esas 256 poden estar agrupadas ou non: mentras Ceuta aparece como cidade autónoma, Galicia forma con Asturias e Cantabria a que eles chaman rexión Noroeste.

Como o Eurostat acaba de publicar os datos do paro nas rexións europeas, e a xente nova de Galicia ten que pensar en buscar traballo por Europa adiante ó saquear a oligarquía político-sindical-empresarial todo o que era de todos (valgan como exemplo CaixaGalicia e CaixaNova), ocurríuseme facer unha tabla que indicase as rexións europeas nas que hai máis traballo (menos paro).
Oir como os que saqueron os ben públicos, colocando ós seus, botan as mans a cabeza porque a xente nova, que nunca son fillos deles, ten que emigrar resulta cómico.
Non pasa nada por traballar en Londres, París ou Berlín: o importante é conseguir un bon empleo que che permita perderte pola terra algún que outro fin de semana. Ós oligarcas corruptos non se lles pode facer caso porque se acostumbraron a vivir do teatro.
Os datos refírense ó paro da xente nova (de 15 a 24 nos) en porcentaxe. Compre apuntar que no entorno do 4% considérase pleno empleo (técnicamente significa que traballa todo o que quere traballar).

Si temos en conta que en paro total as cinco rexións con máis desempleo son españolas:
1. Andalucía - 34,8 %
2. Canarias - 32,4 %
3. Ceuta - 31,9 %
4. Extremadura - 29,8 %
5. Castilla - La Mancha - 29,0 %
non lle queda moita esperanza á xente nova para poder independizarse e montar a súa vida.

Así que, a plazo corto e á vista dos datos, non queda máis remedio que:
1. Aprender alemán e coller o avión.
2. Votar por xente seria, capaz e honesta.

Sin embargo, según parece, moita xente nova que votaba pola oligarquía corrupta vai agora coller a papeleta duns cantamañanas que lles ofrecen soños irrealizables.
Eses que teñen a Grecia (que parece que non vai poder pagar a pensionistas e funcionarios) e Venezuela (gobernada por un ignorante e na que a xente non pode comer) como modelos, resultan ser os novos líderes.
Camisas, bufandas, cabezas peladas ou coletas, mochiliñas ó lombo... moita postura e pouco cerebro.

Así que, como nunha democracia sin demócratas non hai nada que facer, polo menos aprender alemán.
PARO XENTE NOVA 2014 NAS 265 REXIÓNS DA UNIÓN EUROPEA
REXIÓN
%
Oberbayern (Baviera, Alemania)
3,7
Stuttgart (Baden-Wurtemberg, Alemania)
4,7
Karlsruhe (Baden-Wurtemberg, Alemania)
4,8
Friburgo (Baden-Wurtemberg, Alemania)
5,0
Tubinga (Baden-Wurtemberg, Alemania)
5,8
Mittelfranken (Baviera, Alemania)
6,0
Tirol (Westösterreich, Austria)
6,0
Luneburgo (Baixa Sajonia, Alemania)
6,5
Weser-Ems (Baixa Sajonia, Alemania)
6,6
Hannover (Baixa Sajonia, Alemania)
7,4
Braunschweig (Baixa Sajonia, Alemania)
7,4
 
 
Media da Unión Europea
21,9
 
 
Galicia
47,8
 
 
Media de España
53,2
 
 
Canarias
57,4
Puglia (Italia)
58,1
Sterea Ellada (Grecia)
59,1
Calabria (Italia)
59,7
Thessalia (Grecia)
59,8
Dytiki Ellada (Grecia)
61,1
Castilla - La Mancha
61,3
Andalucía
61,5
Ceuta
67,5
Ipeiros (Grecia)
69,8