CxB despídese

En política un nunca pode plantearse a pregunta ¿merece a pena?
Si das un paso adiante has de facelo por un imperativo ético ou porque pretendes servirte do poder.
O primeiro é respetable, o segundo lexítimo.


Tempo atrás, un grupo de mulleres con coraxe chimparan a estructura sanitaria montada en Betanzos polos servicios de Pediatría e Xinecoloxía.
¿Como é posible que os gobernantes de Betanzos non se preocupasen da atención sanitaria das mulleres do Concello?
¿De que se preocupaban os insignes socialistas que calificaban de fachas a todos os que poñían en cuestión a súa capacidade de xestión?
E os nacionalistas betanceiros, ¿non sabían que o servicio de Pediatría non funcionaba e que as consultas privadas lle suponían 2000 pesetas/consulta ás familias de Betanzos?
E os populares, cunha dirixente especializada en xestión de recursos sanitarios e exmilitante do PCE, ¿onde dirixían a súa intelixente mirada?


Sería impensable que en Escairón se dese una situación así: alí sempre houbo una masa crítica que tivo claro ata onde se podía chegar.
¿Que mecanismos actúan cando os responsables políticos dunha comunidade olvidan as funcións básicas polas que cobran un salario que sale dos petos dos veciños?
Imposible evitar a sensación de impunidade que representa este absoluto desprecio pola cidadanía.
Evidente a solidaridade entre os que (goberno ou oposición) formaban parte da oligarquía  local.


A cuestión foi ó Pleno, e alí recibiu o apoio unánime dos concelleiros.
¡Que vergonza!


Ese era o Betanzos real, o Betanzos social.
O resto discursos interesados de aprendices de profesionales da representación.
Teatro para adolescentes.


Un día faláronme dun grupo de personas que trataban de armar una candidatura aberta ás Municipales 2007.
Advertíronme de loitas internas no PP local, de vencedores e vencidos e de que os vencidos estaban detrás desa alternantiva.


E aí onde ten sentido o paso adiante: na miña tesis política non tiñan entidade nin o PP, nin o PSOE nin o BNG. A contradiccíon fundamental establecíase entre a democracia real e a oligarquía.
Entre uns betanceiros soberanos cuns políticos ó seu servicio e uns políticos benefactores actuando como caciques cuns betanceiros siervos do poder.
De primeiro curso de Ética Política.


Betanzos: ¡Como te metes con esa xente!
Escairón: ¡Así que axudaches a que o PP lle quitara a alcaldía de Betanzos ó PSOE!


É nese estado de cousas no que os mediocres, a mediocridade tende a ser sectaria e miserable, aproveitaron (nunca entenderei o porqué dada a miña escasa relevancia) para quitarche una etiqueta e mirar de poñerche outra.
Xa no terreo do inimaxinable, un reconocido franquista reconvertido en moderno veume a decir que respetaba máis á xente do PP que ós que lle faciamos o xogo ós populares decindo que eramos xente de esquerdas.

A estupidez como único patrimonio.
A verdade non existe: o rebaño admite o que lle vendamos.
Verdade á carta.
Miseria e sometemento.


E así foi CxB para min: unha pelea democrática contra a oligarquía.
Nunca tiven a mínima duda no relativo á ética: sabía que ou os poucos demócratas acababamos coa oligarquía ou a oligarquía acababa coa democracia.


Os insultos do PSOE, o ninguneo do PP, o desprecio do BNG... non foron más que as típicas reaccións que un podía esperar da oligarquía. A oligarquía política de Betanzos estábase retratando sin darse de conta.


¿Quen se extrañaría hoxe de que non permitísemos o goberno do PSOE si os irmáns Lagares, que facía 24 anos que xestionaban os nosos bens, non abandobaban o control do Concello?
¿Seriamos chantaxistas ou seriamos artífices da rexeneración democrática de Betanzos?


Opinar agora non vale, había que facelo cando podía traer consecuencias. Cando algunha xente trataba de que te diras de conta de que a túa chegada, sentándote na mesma mesa na que te sentaches durante 40 anos, supoñía que a conversa se interrumpía.
Xa non eres dos nosos, é o que che querían decir.
Non tiveron éxito, ainda que algúns sacaron beneficios da militancia e colocáronse cando os seus tomaron o timón.


Hoxe sentado no mesmo sitio, compartindo mantel, escoito como utilizan os meus argumentos que xa cumpliron 20 anos.
Agora PPSOE é a casta, e o BNG non pinta nada. Antes os do PP eran fachas e BNG+PSOE a esquerda.
Uns descamisados con mochila (moito coidado cos que confunden a ética coa estética), que establecen que as repúblicas bananeras corruptas de América son exportables ós países do Sur de Europa, son quen de conseguir nun par de meses o que a dialéctica dos feitos foi incapaz de deixar entrever.
Calo.
Non hai nada que facer.


Pero tampouco hai que deixar que agora queiran inventar a bicicleta os que fai uns anos decían que as bicicletas eran de dereitas.
Non.
Antes de Podemos, Asambleas Abertas, Mareas, Listas Abertas, Betanzos Novos e demáis construccións innovadoras, houbo en Betanzos unha alternativa horizontal e democrática que se chamou Cidadáns por Betanzos.
Nos dous anos que eu estiven nela, CxB foi una organización horizontal e democrática.

¿Que me parecen as novas candidaturas que se postulan para gobernar Betanzos?
O que sempre me pareceu: ter onde elexir  enriquece á democracia.

¿Hai algunda delas que deixe entrever a idea de Galicia coma unha rexión europea dentro dunha España federal? Non: o galeguismo de esquerdas sigue a barbeito.
Pagarémolo nun ou noutro momento.

¿Algo novo?


ASAMBLEA EXTRAORDINARIA DE CxB

Comunidado da Asamblea Extraordinaria de CxB celebrada o luns 2 de abril de 2007
Ás 20:30 comenza a Asamblea cun único punto a tratar:
- Elaboración e publicación dunha explicación pormenorizada da política de pactos que CxB levara a cabo se obtén representación no Concello.

Acordos tomados
CxB quere manifestar que:
1. Se presenta ás eleccións establecendo cos cidadáns un contrato de obrigado cumplimento basado na renovación do Concello e nos sete compromisos publicados.
2. Todas as decisións que tome estarán orientadas a cumplir eses compromisos.
3. Non se firmarán pactos de goberno con ningunha outra forza política.
4. Únicamente gobernaremos en solitario, sendo a lista máis votada ou sin selo se a situación o requerise.
5. Se outros obteñen máis representación ca nós, facilitaremos o goberno da lista máis votada.
De ser decisivos os nosos votos, pensamos que temos a obriga de valorar a futura gobernabilidade do Concello. Para elo, e sen entrar no Goberno, negociaremos coa lista máis votada para que sexan cumplidos aqueles dos sete compromisos que podan ser asumidos por esa forza política.
6. Se a lista máis votada fose a do PSOE prodúcese unha situación distinta xa que, de permitir o goberno de D. Manuel Lagares, estariamos incumplindo un compromiso fundacional de CxB: a rexeneración do Concello e Betanzos. Pensamos que os electores que depositen en nós a súa confianza en base a esas premisas, non entenderían que permitiramos que D. Manuel Lagares seguise gobernando estando na nosa man impedilo.
É por eso, e solo por eso, que consideramos que se actuamos con ética e responsabilidade, debemos plantearlle ó PSOE que a renuncia de D. Manuel Lagares e de D. Antonio Lagares a participar no Goberno Municipal, é condición indespensable para que nós consintamos que gobernen en minoria.
7. De non producirse a renuncia citada no punto anterior, sentarémonos a negociar coas outras forzas políticas co noso programa electoral encima da mesa.
Nesas negociacións, ou pactos de gobernabilidade, se outra forza política é a maioritaria, plantearémoslle o noso apoio na investidura de comprometerse a cumplir aqueles compromisos do noso Programa Electoral que sexan asumibles.
Se CxB é a forza maioritaria estaría disposta a gobernar en solitario se, aceptando os puntos programáticos que comsideremos asumibles dos programas das outras forzas políticas recibiramos o seu apoio.
8. Se somos unha forza política que presentamos un contrato e estamos dispostos a cumplilo punto por punto, non podemos aceptar as críticas dos que non falan coma nós falamos e despois reparten sillóns e dedicacións exclusivas por comenencia.
Tampouco conseguimos entender as críticas dos que afirman que nos contradecimos, pois está claro que nós non firmaremos pactos de goberno e si gobernamos, como ben vimos de demostrar, farémolo en solitario.
Seriamos pouco serios se nunha situación de bloqueo non fosemos capaces de asumir labores de goberno.
9. Sí aceptamos que se nos critique por non expoñer esta cuestión claramente, pero considerabamos que non era normal facelo con esta extensión nunha declaración programática que debe ser, como o seu nome indica, esquemática.
10. Desde aquí retamos ás outras forzas políticas que se pesentan ás eleccións a que mostren a súa honradez e a súa transparencia facendo públicos comunicados semellantes.
Sería unha mostra de respeto polos electores e unha contribución ó renacemento democrático do Concello.
11. Solicitamos dos que nos critican, e din que o fan desde un punto de vista independente, que o sigan facendo. Pero ó mesmo tempo insten ás outras forzas políticas a manifestar coa mesma claridade que nós o facemos a súa política de pactos.
De non facelo, permítannos que dudemos da súa independencia.


Esto era CxB.
Esto e non o que os representantes da oligarquía política a nivel municipal lle predicaban ós que querían convencer.
¡Que distinto resulta lelo hoxe, CANDO TODOS DIN O MESMO CA NÓS, que fai oito anos cando solo uns poucos levantabamos a cabeza!

En Betanzos pouco de novedoso teñen que decir os que agora, con todo o dereito do mundo, se presentan coma representantes da renovación democrática.
Sucede, como comentaba un amigo meu, que sería o mesmo que se a un vello republicano que estivo no frente de Teruel, un destes adolescentes antifranquistas con Franco morto lle explicase a dureza daqueles anos.

Non se trata de restarlle importancia a ninguén: o único que se pretende é poñer de manifesto FEITOS do pasado recente da política brigantina.

Queda dito.
Aínda que decilo non sirva para nada.