Alain Bashung

Morreu ós 61 anos, de cáncer de pulmón coma Brel.
La nuit je mens está considerada unha das grandes cancións da Francia de finales do século XX.

¿De que fala Bashung?

Para min dun francés que, para conquistar a unha muller nova que fai del un pandeiro, presume de ter formado parte da Resistencia contra o réximen filonazi de Pétain.
Vercors foi un dos centros da Resistencia e en Vichy, que é zona de famosos balnearios, asentouse o goberno colaboracionista: Francia de Vichy ou Réximen de Vichy.
A crítica é dura pois a maior parte dos franceses apoiaban ó Mariscal, polo que non lles gusta falar desa época da súa historia.

Pero os grandes sempre miran as dúas caras da moneda: a Revolución Francesa e a Segunda Guerra Mundial
Por eso son grandes.
E libres