Vanse indo

É o que hai.
A culpa non a ten ninguén, din os que teñen acceso ós micrófonos.
Mentras os datos demostran que tendemos a cero, unha atmósfera de mediocridade, anestesia e resignación envolve as inquietudes que nalgún momento pareceron solidificarse.
O de sempre: uns son os listos e outros os honestos.
Nas democracias os cidadáns libres deciden, nas repúblicas bananeras os profetas designan ós elexidos.
E ármanse rebaños que nos queren salvar aínda que non llo pidamos.
Decía meu pai: ¡Cómo van resolver a vida de todos os que non son capaces de resolver a vida dos seus!
É o destino: outra vez o tren da modernidade pasa pola nosa estación sin parase.
Uns rapaces que din que El miedo tiene que cambiar de bando son as novas estrelas do espectáculo televisivo.
Estando en Venezuela pode entenderse.
Vivindo na vella Europa, en pleno século XXI, o normal é que a frase sonase nunha película de vaqueiros.
Pero non o é.
O guerracivilismo, que Don José Luis Rodríguez Zapatero resucitou, medrou nos mioles que a cultura democrática non vacunou, como todo pensamento protofascista acostumbra a facer.
Outra vez representamos en Europa o papel do populista estúpido que quere ser o máis botado para diante de todos.
A historia ten demostrado dabondo que esas adolescencias as acaban pagando sempre os mesmos.
Pero eso parece ter pouca importancia.