Estupidez...

é a palabra que máis levo lido estes días.
As personas para as que o pensamento crítico é a ferramenta coa que ver o mundo non falan doutra cousa.
Pero non merece a pena.
Contra a estupidez ata os deuses loitan en vano, sentenciaba Goethe.
Da dictadura franquista pasamos a oligarquía corrupta sin poñer en cuestión o espíritu gregario da sociedade na que viviamos.
Do universo caqui ós predicadores corruptos que saquearon a herdanza do franquismo, que era propiedade de todos.
Quedou nas mans duns cantos.

E agora, cando a cheiro da corrupción de politicos, sindicatos e empresarios se fai irrespirable, dannos a elexir entre o vello e dúas versións do novo: por un lado o liberalismo social de Ciudadanos e polo outro o populismo redentor de Podemos.
Os primeiros queren que sexamos Europa e cortan e pegan o que se fai en Dinamarca, Alemania ou Francia.
Os segundos non teñen referencias europeas, inventan.
Os primeiros queren pechar o Senado e as diputacións, os segundos predican: "El miedo tiene que cambiar de bando" foi unha das sús proclamas de base.
¿O medo a quen?
É a loita entre a razón e o pensamento adolescente.
En España sempre perde a razón.
Pasaría o mesmo aínda que a falta de coraxe dos dirixentes de Ciudadanos non fose tan evidente.
A oposicón patolóxica de case todos os medios de comunicación a todo o que signifique europeismo é un feito: La Voz de Galicia o día despois do puñetazo a Rajoy: páxinas 2 e 3 , PP; páxinas 3 e 4 entrevista a Pablo Iglesias e Podemos.
Era o día más relevante da campaña electoral e La Voz apostaba sin pudor.
¿Por qué?
Eu non teño unha resposta, vivindo nun país coma este todo é posible.
Agora quéixanse da inestabilidade.

Podemos predicaba que Ciudadanos era o partido do IBEX, que Rivera se drogaba...
¿será por eso polo que tiñan o apoio dos medios de comunicación?


El problema en el mundo es que los estúpidos están seguros de todo y los inteligentes están llenos de dudas. Bertrand Russell