Charlie Hebdo

Debía correr o 1973 cando na estación de tren de Lyon comprei o CH.
Paréceme que viñera en auto-stop desde París.
No departamento unha muller que pasaba dos 60 e unha rapaza nova de moi bon ver.
O tren arrancou e aquela muller de mirada intelixente contounos que fora correo da resistencia na Francia acupada (co consentemento da maior parte dos franceses, todo hai que decilo) polos nazis. Cando baixou a noite estaba caíndo e eu saquei da mochila o CH: Na portada unha rapaza cunha mangueira entre as pernas e un titular que decía, se non recordo mal, Crisis de la gasolina.
A moza sonriu e a viaxe ata Carcassonne, onde a francesa se baixou, foi un deses soños que todos temos tido.

0 opinions: