O zorro e o mallo

Preguntanme pola moraleja do conto e, como vexo que tendemos o monologo, relatollo tal e como o recordo.

O traballo comunitario por excelencia do rural era a malla. Lean aqui unha boa explicacion do proceso.

Pois eso, alo pola tardiña un home voltaba para a casa co mallo o lombo despois de pasar todo o dia mallando no centeo dun veciño.
E nestas que atravesando un labradio acercouselle un zorro, que empezou a moverse o seu redor mentras el seguia andando.

Facia acenos de querer morderlle as canillas, sempre medindo as distancias e con cara de pillastron.

O labrego cansouse do baile e sen que o matagaliñas se dera de conta soltou o cordel que amarraba as duas partes do mallo e arreoulle un mallazo nos dentes o animal.

Mentras o home seguia o seu camiño, o zorro dolorido reflexionaba: "Non sabia do doblado"

Contos coma ese escoitabanse cando nas festas do patron se xuntaba a familia e os amigos e os homes quedaban na mesa enlazando a comida coa cea.
Os nenos debruzados na mesa e aguantando o sono, escoitabamos as historias cos ollos abertos coma platos.
Sempre o mais coñero metia algo de colleita propia que nos ten costado estar varios meses mirando debaixo da cama antes de deitarnos.

O realismo maxico existe. Ou polo menos existia.

6 opinions:

Anónimo

Existia amigo meo existia ... ese realismo maxico transformouse en ralismo virtual a ritmo de video consolas, mp4, 3g, ... y un sinfin de siglas que non hay dios que entenda e que pouco a pouco se foi instalando nas nosas casas e acaparando espacios e ilusions de xovenes e non tan xovenes, eche o que hai ....

Anónimo

Falando de maxia e do mallo, trouxecheme unaha lembranza de cando neno.Eu nacin e pasei os meus primeros 4 anos de vida nunha aldea a veiras do Pedrido.Poco lembro daqueles tempos, pero se algo xamais esquencerei, foi a primeria vez que vin unha maquina de mallar (mecánica) que se trauxera entre todolos veciños para faceres o mallo,coma imaxinaredes tmne foi escusa para faceres unha boa comellada....Para aqueles ollos de neno foi coma veres un dragon roxo con dentes longos e afiados que se comia os mallos un tras outro.Lembro o medo que pasei porque nunca tal vira, lembrome de chorar o caron do meu tio Manuel que me miraba sonrrido e me dicia aquelo de: "vaia homiño pra guerra"....ainda hoxe sacudeme un escalofrio cando o penso.Daquela era mais sinxelo creres na maxia, xa que non viña envasada nunha videoconsola....

Anónimo

CXB ten ,(se entra no concello) cousas mellores pensadas que andar lavantando as ruas.

Anónimo

CXB ten ,(se entra no concello) cousas mellores pensadas que andar lavantando as ruas.

Anónimo

La verdad, seré un bicho raro (seguramente sí) pero cada día me sorprendo al pensar que mi hijo es prácticamente el único de su clase (4 años) que no tiene una videoconsola. Me esfuerzo en que conserve (y en conservar para mí) el brillo en los ojos al leerle un cuento, al abrir un regalo o simplemente al ir a ver una vaca pastar. Desgraciadamente sé que eso no dura siempre (eso dicen) pero yo haré lo que pueda para evitar que se convierta en uno de esos entes gelatinosos con los pantalones por debajo del cu.. y la mirada perdida mientras se aislan del mundo con su mp3 sentados en el metro.


P.S. Me c... en la cobertura de la WiFi del hotel!!! es la tercera vez que tengo que escribir este comentario

Anónimo

A ferrobus e Antonio: Alguen escribiu que o unico patrimonio que ten un, alo no outono da vida, e a infancia.

Aproveche, el que se llama javichu, que luego es mas costoso tomar esas decisiones. En la adolescencia es dificil hacerlo pues el daño, el aislamiento, puede ser mayor.

CxB supoño que non andara levantado ruas recien amañadas mentras outras sexan un desastre. Vamos, eu non o faria.