Ser conscente de que se vive no Paraiso. Eso e o punto de partida para entender o que pasa. Se un non se situa nesas coordenadas non entende nada. E vivir e sentir. Vivir e notar como a natureza segue un curso que ti, area no Sahara, non podes modificar. O que che queda, mentras viaxas irremediablemente cara a posta do Sol, e mover a cabeza a un lado e outro e ir enterandote do que pasa. Saber mirar. Aprender a entender os acontecementos que suceden o teu redor. Esa e a mision do que educa: devolverlle a xente nova o control da pequena parte da sua vida na que pode tomar decisions.
Viño do pais en Roibeira. Pasas Picacha e cruzas o Mendo a pe mentras a luz dun dia de maio se despide porque a Terra lle da por xirar de seguido. Unha gaita, dous acordeons, guitarra e percusion. Tortilla, empanada, queixo, doces, viño, café e caña. “O primeiro do amor sonche os bicos, o segundo pelizcos pequenos, o terceiro ben achegadiños e o remate sonche os nenos”.
A sensacion de que vives nun pais maxico. Cando de novo cruzas o rio, quedan un monton de notas desafinadas viaxando polo eter. Dentro de 30 anos outros cruzaran a mesma ponte e cantaran as mesma cancions. O Mendo continuara baixando indiferente.
Seguira, daquela, habendo quen pense que pode atar o tempo cunha cinta.
|
1 opinions:
"o viño é malo,pero fai milagres".
De vez en cando, e bó mirar o rededor,e disfrutar do que nos da a vida,sen preguntas e sen respostas,so vivindo o momento,que xa é moito.Saude.
Publicar un comentario