¡Como envidio os italianos!

Alguns teñen dividido o cerebro en dous hemisferios non so fisicamente se non tamen mentalmente.
Estan na sala de espera dunha doctrina que satisfaga o seu espiritu excluinte e que lles permita sentir o alento dos que pensan coma eles.
Faranse membros dunha ou outra secta, do Madrid ou do Barcelona, machistas ou feministas, fascistas ou antifascistas, nacionalistas ou españolistas, do imperio español ou do holocausto indixena e como non, calificaranse de esquerdas ou de dereitas.
E non pode quedar ninguen fora desa dicotomia. Como son peligrosas as fendas no muro do encoro, hai que meter a todo mundo dentro dun dos apartados. ¿Que non encaixa ben?, calzador.

Na cancion de Brassens que citabamos hai uns dias, el teno claro cando se refire a "xente honrada" que non admite que outros pensen diferente a eles (e non os exercitos como alguns pensan): “Yo no pienso, pues, hacer ningún daño queriendo vivir fuera del rebaño …En el mundo, pues, no hay mayor pecado que el de no seguir al abanderado …No, a la gente no gusta que uno tenga su propia fe”.

Se vostedes se fixan neste blog falase constantemente de xente situada na esquerda social que alguns reinvindican cando as teses politicas daqueles son opostas as suas.
Pero alguen dixo que vivimos en tempos que nin a verdade nin a legalidade teñen entidade, pois esta de moda “la verdad a la carta” e “la interpretacion de las leyes”.
Eso pasou sempre e pasa hoxe en todo o mundo civilizado, pero en poucos sitios se alenta desde os partidos maioritarios co fin de utilizalo como argumento politico.
Indiscutiblemente medrara a extrema dereita española pois se hai cousas que non son delito para uns, nun estado de dereito, non poden selo para outros.

Walter Veltroni, o alcalde de Roma, ven de ser elexido lider (co 75% dos votos) da esquerda italiana nunhas primarias nas que participaron mais de tres millons de cidadans maiores de 16 anos.
Unha esquerda tan rica e variopinta que en segundo lugar quedou unha catolica que obtivo o 14% dos votos (Aquí seria imposible co anticlericalismo de boquilla que calza a esquerda oficial española).

Claro que ali o nacionalismo ocupa o lugar que lle corresponde e Umberto Bossi e a sua Liga Norte pasaron do autonomismo a independencia da Padania (o Norte rico) para situarse agora no federalismo; eso si, sempre da man de Berlusconi e Forza Italia.
Porque todos os italianos saben que a independencia do Po para arriba con capital en Milan supon deixar sin recursos a un Sur deprimido, e eso podese calificar de moitas maneiras pero nunca metelo no capazo da esquerda. Porque en Italia a esquerda e coherente.

Tampouco se lles ocurre andar falando todo o dia de Mussolini (a pesar de existir un partido herdeiro da sua doctrina) e de discutir si houbo ou non xenocidio indixena cando ocuparon Africa.

Non, ali as alternativas progresistas miran o futuro e teñen nomes discordantes: Olivo, Margarita, …

Son un pais moderno cuns dirixentes que adaptan a doctrina os tempos, O PCI de Gramsci, Togliatti e Berlinguer abandonou ata o nome para convertirse no PD, tratando de aunar o sector da poblacion mais comprometido coas conquistas sociales.

Por aquí, Izquierda Unida quedou en proxecto entre a servidume o PSOE (levou a mitade dos seus dirixentes) e a aposta nacionalista en Cataluña e no Pais Vasco. Agora unha valenciana tenta mover a Llamazares do sillon. Teno complicado. Un dirixente madrileño aseverou: “Nos vamos por la alcantarilla”.

Os moventos a italiana estan tomando corpo en España sin o apoio dunha esquerda festiva que camiña coa cabeza volta hacia atrás. Primeiro Ciudadanos e agora o UPD de Savater e Rosa Diez, botan a camiñar vendo como non existen para os medios de comunicación (Para os medios publicos de Cataluña os tres diputados de Ciutadans son transparentes).

Pero sempre, desde a noite dos tempos, as novas ideas prenderon da man duns poucos altruistas que non lle tiveron medo o fracaso o saber que a razon estaba do seu lado.

CODA: O de holocausto (ou xenocidio) indixena non e mais que outra andanada mais (infantil neste caso) para tinguir de negro todo o relacionado coa palabra España.
Recordo que nun debate de hai anos (¿”La clave”?) un intelectual español aguantaba os ataques dun sudamericano que, sendo descendente de españoles, o acusaba dos expolios dos conquistadores. Mais ou menos contestoulle que de descendente del nada porque ningun familiar seu embarcara, e que en todo caso seriao dos delincuentes que preferian ser “condenados a galeras” antes que facerse vellos na carcel.

RECODA: ¿A que non saben quen mandaba cando pecharon “La Clave” e "El Independiente"?

TRICODA: Si fan clic nas fotos enteranse de quen e o personaxe.

TETRACODA: A Arxentina que admiramos e envidiamos



10 opinions:

Anónimo

no creí que apoyar a la faraldo escociese tanto y que hubiese que autojustificarse todos los días para creer la propia milonga

Anónimo

Se comenta en los corrillos políticos que la columna vertebral de CxB se encuentra muy próxima al partido de Rosa Diez, UPD.
Esperaremos acontecimientos.

Anónimo

atención: globo-sonda de la parte de cxb que quiere ir por libre. A ver cómo es el globo-sonda del otro sector!
Y javier de la fuente con su particular estilo desviando el foco con este comentario anónimo

Anónimo

Señor "20h semanais"; recomendolle visitar Calabria; eu estiven alí este verán. Tamén pode visitar Sicilia. Sonche sitios moi bonitos, e socialmente parecense moito a Galiza; pero viaxar non é o seu forte e contar as cousas de oidas queda fatal.

Da clave tamén lembro especial das "ratas"; e ao pseudo intelectual de pipa decindo tonterías que lle gustan escoitar aos que aman a liberdade coma vostede entende.

No do holocausto indixena,vostede mesmo se responde coa bafofia que é capaz de lanzar por esa boca xustificando o asasinato de 80 millóns de persoas. So reseñar unha cuestión. Pregunstouse vostede porque nunca houbo en Suramerica un so presidente que non fose blanco, incluso en paises-estado de maioría indixena???
descoñecer a realidade so fai que poidasd decir as estupideces que vostede di.

Saúde (e non lle recomendo ir con este discurso á esquerda italina, que ao mellor o tiran no Etna)

Anónimo

Solución:

Marchese para Italia.

Anónimo

Curioso que o seu artigo coincida en exceso cun que hai en "libertad digital"(?)...
Tamén que coincida coa analise dun superespañolista como o que escribe o artigo.
Tamén que non se saiba distinguir Italia do Estado español.

Magoa que non se saiba sequera que os paises-estado son unha anacronía ou que a Italia pobre seguirá sendo pobre mentras non se desfaga do lastre da zona chamada rica ou industrializada, entendendo que para a súa supervivencia ten que facerse cargo da súa propia historia e desenvolvemento, e non esperar que "os ricos" che den a limosna que lles apeteza.

A esquerda Italiana que tanto anela pasalle igual que á esquerda portuguesa; so ten representación nas "zonas ricas"; na probreza non saben nen quen son. Bo caldo de cultivo para a dereita e ultradereita.
Sobre a pantomima de "no vamos a dejar morir a los pobres de hambre" queda moi ben para as misisóns cristianas, pero como comprenderá, o capital non vai deixar que as zonas máis importantes do mundo en produción de aceite (oliva), viño ou outros froitos, que xeran uns importantisimos ingesos de divisas para Italia "se queden en manos de pobres campesinos pobres e incultos". Pobres ou empobrecidos????
E a esquerda aquí volve a servir ao capital en forma de estupidas e anacrónicas formas de "solidaridade" Algo así como o discurso de Mario Conde respeito ás súas amplas propiedades en Extremadura, que lle reportaban inxentes beneficios económicos, máis como decia él e o capital (da dereita ou da esquerda) que non estaba, los pobres tontitos, non ivan a sobrevivir. Da pobreza tamén se alimentou o Ibarra, que igual que Galiza recibiu toneladas de de ouros que moi ben adminstrou nos erreos de caza de familias con apelidos longuisimos.
Novamente, Extremadura pobre ou empobrecida??? novamente utilizando a pobreza como un arma política para asentar o cu na poltrona???

Lembrolle tamén que os marcadores económicos ao igual que as actividades, xa non son as de 200 anos...


Nunha sociedade que hai que construir dende os sistemas distribuidos, xa non teñen cabida nen os sistemas descentralizados democráticos que tanto anela esa antiga-nova esquerda europea e que se mira constantemente o ombigo, nen os sistemas de decisións baseados no centralismo democrático que agora a dereita-esquerda liberal se agarra como clavo ardendo.

Pero para dar un saldo a unha sociedade de sistemas distribuidos, hai que soltar moito lastre, cousa que vostede nen moita xente pode facer; demasidos atavismos e preconceptos.

Anónimo

Esquecía comentarlle: a esquerda europea aplaudiu coas orellas a unificaión alemana, como simbolo dun acto que permitise deixar o pasado e que unha rexión pobre que nunca deveu deixar de formar parte do gran imperio alemán volvese aos brazos da nai.
O final desta historia? pois tráxica claro: once millóns de persoas man de obra barata para a rica Alemaña; miles de persoas emigrando, inversión cero, caida da natalidade, envellecemento da poboación, exclusión social e un longo etc...
Do outro lado do muro económico, as penurias das traballadoras e traballadores do primeiro mundo cun
Schröder que en canto puido, marchou e asesor de Putin.

O que me parece curioso, e tal vez esa obsesión en poñer exemplos que Italia ou outrso lugares, máis nunca se fala por exemplo de Montenegro, tal vez porque a parodia desa independencia auspiciada polos que aprobaron bombardeo da ex-iugoslabia é tal, que tal vergoña mencionar certas cousas...


Por certo, se quere un día levoo por Berlín de vacacións(do este claro está). Así poderá pasear un pouquiño; tendo en conta todo o tempo libre que disfruta, non lle será dificil coller un oquiño....

Anónimo

"Aqui falase do xenocidio español en America no XV-XVI e non do que o seu amigo lle sucedeu." ---> meu deus, non se entera vostede de nada.

Seguindo tontería esta, pode enviarlle unha carta de protesta ao governo nicaraguense:

http://www.20minutos.es/noticia/291309/
0/nicaragua/hispanidad/indigena/


Xuntar toda a URL

blancolexitimo

8:50, poucas veces un comentario foi tan breve e a sua vez expresou tan claramente o que se pretende con el.
Halagame vostede.
*****
11:53, a palabra "columna vertebral" vaime directamente a zona lumbar.
CxB esta constituido por xente plural, xa se ten dito cen veces, e se optase por integrarse nun movemento politico como UDP (que tamen esta constituido por xente de distintsa ideoloxias) non faria nada anormal.
¿Onde quedan aquelas milongas (tomolle prestada a palabra o anterior contertulio) de que eramos a lista B da dereita financiada polo sector da construccion?
*****
13:51, poderia quedar calado (manteño o compromiso de non mentir neste outeiro) pero non teño nin idea do que me fala.
O de identificar os anonimos cunha persona determinada non deixa de ser un "brindis al sol".
*****
14:20 e 9:11, xa contestei, non sei se foia vostede, que o importante non e "ir" se non "saber mirar".
Alegrome que vosteda sexa tan viaxado. Notase que non ten fillos que manter e que a su economia llo permite.
Cando eu era novo viaxabamos en auto-stop e traballabamos un mes para movernos outro. E ainda asi eramos uns privilexiados: habia moitos, a maioria, que so traballaban.
Bazofia, estupideces, ...amosan un resentemento so explicable pensando que os ultimos acontecementos politicos no concello lle mermaron a sua posibilidade de seguir collendo avions.
¿Por que os presidentes dos paises latinoamericanos son descendentes de europeos e, incluso, asiaticos?
Porque son a clase que ten o poder a costa do sometemento dos indixenas.
¿E eso do que vostede me fala?
¡Que o goberno de Nicaragua cambia a dia da Hispanidad polo da Resisitencia Indigena!, desde logo esta no seu dereito. Pero antes de nada, os sandinistas deberian de preocuparse de non repetir os erros (que non falaban nada en favor dos indixenas) do seu goberno anterior.
*****
20:24, pois non sei a que se refire. O diario electronico que mais leo e estrelladigital
Vendo que vostede lle chama Italia a Italia e Estado español a España, un presinte o que pode vir detras.
Seguindo o seu argumento, e partindo de que en todos os paises do mundo hai zonas desenroladas e deprimidas, a solucion e que todas as zonas deprimidas se fagan cargo da sua propia historia para supervivir. Vamos, que a solucion do problema consiste en crear mais estados (mais politica). Eso si e unha anacronia.
¿Nas colonias africanas viven mellor agora que cando dependian da metropolis?
¿Non sera que simplemente cambiaron de amo?
¿Cando entendera vostede que un grupo social e libre so cando o son todas as personas que o integran?
Se falamos de individuoas e de formacion, todo o que vira detras sera forzosamente venturoso. Cando se fala de nacions e himnos xa todos sabemos o que ven detras.
E a difererencia entre mirar pola esquerda ou pola dereita.
¿A esquerda liberal europea agarrada o centralismo democratico?
¿Estalle decindo que unha persona que fala como eu fala esta sometida a atavismos e preconceptos?
Teño a ventaxa de que todos os verans comparto mantel con xente que vive en Alemania e que ten a capacidade analitica suficiente para que eu acepte os seus puntos de vista. E afirma que o futuro de Europa e teuton.
Rogolle que non me poña ningun exemplo dos Balcanes.
Aceptolle a invitacion a Berlin e polo do tempo libre xa sabe vostede o que ten que facer o ser como e un home intelixente: dedique un par de anos a preparar unhas oposicions.
*****
*****
*****
Saudos e saude.

Anónimo

bufff, te lo flipo... comparte mantel con alemanes. Buahhh tiu, este chorbo está en la onda.
se non é moito preguntar, que lle contan??? o ven que se vive a noza rica alemana??? ou mal que se vive??? non me di nada con iso do teuton, unicamente que tente vostede decirnos o intelixente que é de coñecer palabros tan raros.


Non entendeu vostede nada, pero nada. é normal cando as cousas se plantexan dende esquemas como o seu.

Os grupos humanos xa existen, existían e existirán máis aló das fronteiras que vostede está empeñado en poñer sobre a terra. E os grupos humanos viven porque comparten cousas comúns.
Revise os tratados da esquerda sobre antropoloxía, para entender como é que se puido chegar a meter tanto a pata neste tema, en pro da identidade común da hamburguesa. (dixen ben, da hambuguesa)

E as persoas que queren poñer imnos e bandeiras son xente coma vostede, que asumen o establecido como o natural cando non o é. A outra parte non fai que contrarrestar coa súa propia simboloxía a que se lle quere impoñer.

Esto sempre me lembra a todos aqueles encontros en que os ácratas (que non anarquistas) negaban simboloxías, mentras ondeaban a bandeira negra e bermella. Desa xente, descontenta pola marxinlidade social na que se envolveron pero que non tiveron remordimentos en viver de papá-mamá estado rematando como funcionariado profesoril, é de onde beben agora teorías ceporbainas e demais. Frustracións da esquerda na que creron que non era máis que un blufff, e que agora non saben nen como sair da súa propia xaula.



Reclaman a unidade territorial como totem, e despois escapan correndo e negan como xudas as bandeiras, reclamando poder quedarse na cama o día da raza , como liberdade que ten vostede como persoa única. Maís o modelo político que vostede plantexa non pode acadar nen a liberdade grupal nen a individual, porque está baseada nos modelos políticos trasnoitadas, incapaces de transcender o modelo descentralizado, que non nen máis nen menos que o modelo político que a dereita liberal e a socialdemocracia asumen como normais.

Machacan a cabeza que so se preocupan de cousas importantes, pero nunca se di que cousas importantes son esas que queren tratar. Algo así como o rajoy, que de tanto preocuparse polas persoas, salta con imnos e bandeiras á primeira de cambio; ao igual que vostede, pero agochando a simboloxía, que queda pouco moderna.

Ande ande!!! que non engana a niguén!!!

O de África xa é o colmo da demoagoxia. Podía poñer tamén o exemplo de que os negros en EEUU vivían mellor baixo o réxime esclavista que agora.
Mire por donde, un dos grandes problemas africanos foi a imposición dunha partixa con escrada e cartabón.
Respondese vostede a si mesmo coas respostas que lle dixeron... magoa que non teña capacidade de análise propia




Por ceto "desenrrolar" desenrrolanse os papiros; tal vez quería vostede decir desenvolver. E non teño por costume facer de corrector, máis unha persoa coma vostede que ten a responsabilidade da ensinanza, devería comezar a dar exemplo; e non mire para min, que teño moitas grallas, unha das razóns polas que un non exerce de funcionario, á parte de non ter estomago para ser un pribilexiado na sociedade na que vivimos; hai que asumir algunhas responsabilidades que non todo o mundo somos capaces. Colle vostede o argumento???
Comentollo porque ao mellor devería comezar a replantexarse certas cousas relacionadas co desenvolvemento da súa profesión.

Aínda por riva ten a santa intelixencia de meter como ligazóns o opentrad-apertium (que polo menos podía meter outro que non sexa o do departamento de linguistica computacional de Vigo-Guinovart, e meter o da empresa que o comercializa, que ten máis entradas: http://opentrad.imaxin.com/

De paso dease unha volta por aquí:
http://www.mancomun.org/
hai un corrector para o firefox e thunderbird baseados no hunspell.

Tamén se quere lle paso uns cantos recursos para a lingua, que falata lle fan.

Coa cantidade de recusos de que dipoñen o profesorado, dame vergoña allea estas cousas. Voulle decir algo que espero que o entenda como un reto e non como provocación; na empresa privada estaría xa na rúa.


E se viaxo, e porque traballo, e o meu traballo permiteme viaxar (ainda que me dan pavor os avións, moito pavor).
Non ten vostede que meter aos seus fillos polo medio, nen usalos como escudo aquí.
Non creo que lle agradezan nada os seus ese comentario, á par de parecerme unha falta de respeto absoluto. Non utilice a terceiros como escudo dos seus traumas.

Eu tamén teño que asumir as miñas responsabilidades, que vostede descoñece, máis non me queixo nen fago bandeira dela. Ainda que agradezo que o estado ou a xunta proxectaran a lei de dependencia. Moita xente comezamos a respirar grazas a iso.