Despedida no pleno


Hoxe tiven tempo de escoitar o pleno do Concello completo. Terminado este, saco en conclusion que esta cego o que non vexa que hoxe Betanzos e moito mais democratico que onte.


E houbo unha despedida,

D. Manuel Lagares, concelleiro desde hai 24 anos e alcalde durante 22, abandona a actividade politica municipal.

A hora de escribir a historia da democracia en Betanzos el ocupara un importante numero de paxinas. O asentamento do sistema en España queda ligado no imaxinario colectivo a unha serie de nomes. Lagares sera un deles en Betanzos.

Ganou todas as eleccions municipales as que se presenteou co merito engandido de facelo nun concello onde o PP dominaba os outro sufraxios. Eso facia que a victoria tivese un caracter personal que noutros sitios non tiña. Vaticino que ninguen conseguira tanto respaldo durante tanto tempo nos anos que veñen

Pertenezo o grupo, moito mais numerosos do que se pensa, que o votou hai 16 anos para que fose alcalde e que agora o fixo para que deixase de selo.

As razons son obvias e consumen unha parte importante dos bytes que constituen este blog. Dando por sentado que un partido e soberano para colocar de candidato a quen lle veña en gana, era preciso andar algo mais polas ruas para enterarse de que o apelido Lagares lle chegara a sua data de caducidade.

Supoño que todos os que o aprecian aceptaran que o broche dunha etapa tan importante resumiriase nunha foto (hai uns meses) na que D. Manuel lle cedera o baston a unha nova xeneracion de socialistas brigantinos.

Non pudo ser e hoxe no seu discurso de despedida utilizou un tono que deberia de ter usado moito antes. Todos esperamos que o seu compromiso de pelear por Betanzos desde o posto relevante no que o seu partido o colocou se materialice en feitos.

Vaia desde este blog, Don Manuel, o desexo de exito personal nesta nova etapa da sua actividade politica.

Porque unha cousa e a discrepancia politica (pilar fundamental dun sistema democratico) e outra a sensacion de asco que producen outros que ocupan cargos similares.

Escoiten con atencion a segunda parte da intervencion de Joseba Escribano, alcalde do PNV de Galdacano (Viazcaia). Por moi extraño que pareza, inauguraba un campo de golf:

Que bochorno escoitar un discurso dun machismo de taberna (dice que ven de xugar a partida). Remata a faena cando di: "A disfrutar todos y todas".

Imposible un exemplo mellor para demostrar o que continuamente repito: desconfio dos feministas de boquilla que fan unha utilizacion redundante e innecesaria das cuestions de xenero. O que repite algo obvio e que non esta convencido do que predica.


8 opinions:

Anónimo

Hola, boas tardes, son Lis de Moura.

Onte foi un día especial para os betanceiros. Un día de lembranzas, de despedida. Onte o ex – alcalde de Betanzos, Manuel Lagares Perez, despediuse do Concello. Xa só quedan as lembranzas boas e non tan boas dos momentos vividos nunha cidade que nos
seguirá unindo.

Entre Lagares e o Pobo sempre existiu unha relación especial. Cordial e á ves distante. Esa distancia que marca a línea do respecto. Nembargantes, nos derradeiros meses, ou anos, a relación mutou cara un desencontro consecuencia, supoño, da propia política.

O alcalde marchase e faino estreitando a man da oposición, nun xesto que
lle honra porque é sinceiro. Porque houbo diferenzas, é certo: acusouselle de ter pouca man dereita, de ser demasiado visceral en ocasións, pero ante todo fixo gala dunha cabalerosidade que presupon a consideración cara ao traballo das outras forzas.

Lagares Pérez vaise, e deixa entre a maioría a sensación de que se vai un bon
político. Din que ningún tempo pasado foi mellor, pero neste caso –e ás
probas me remito- os que chegaron teñen ainda moito camiño por perecorrer. Un
itinerario que debería ir marcado pola prudencia, todo o contrario á altivez
e á soberbia. I é que creano ou non, hai algún que, sin ter case pisado o
Concello, xa se atreveu a xuzgar a profesionalidade de políticos,
funcionarios e medios de comunicación desta cidade. Agora é o seu turno, e ahí
estará o pobo para velo.
¡Grazas, Sr. Lagares, e boa sorte!.

Saudos, Lis de Moura.

Anónimo

hohohohohohohohohohohoho!!!!!!!!!
Este alcalde é un cahcondo mental.
Podía facer dúo co Arguiñano.

Como saberá vostede señor Henry Marine, os vascos non follan (e digo vascos referindome ao xénero masculino, que por unha extrana razón, as academias decidiron que o xenerico fose masculino, aínda que os homes* representamos unha porcentaxe menor que as mulleres, agora é sempre na sociedade).
Se vostede visitou algunha vez Euskalerría (Eukadi e Navarra), poderá apreciar que a sociedade é realmente así.
Os homes metidos na súas sociedades gastronómicas, privando chiquitos, e falando de "mojar la cebolleta" continuamente, aínda que é ben sabido que desto último pouco ou nada.
Aínda está por descubrir como se reproducen en Euskalerría; hai xente que che a afirmar que cando son maiores cortanse un dedo, que volve a crecer e de haí sae un vaso ou unha vasca.

Para unha visión máis xeralista desto, recomendolle visulizar "vaya semanita" e máis concretamente "la biblia contada a los vascos". Poderá tirarse dos pelos cos topicazos desta xente.
http://www.youtube.com/results?
search_query=la+biblia
+contada+a+los+vascos&search=Search

E deixolle este video, culmen do desproposito "machista":
http://www.youtube.com/watch?v=g6DuzWbMng8

E por certo, non mire nos demais as súa propias eivas, nen se cubra as espaldas con iso de falsos profetas, que para iso xa o temos a vostede señor henry.

Anónimo

Esquecía don Henry Marine, estou comezando a ver en vostede un certo paralelismo con este señor:
http://www.chucknorrisfacts.com/

Tal vez teñamos que comezar a pensar en crear algo similar:
henrymarinefacts.com

Pensareino e xa lle direi, hohohohohohohooohohohohoho

Anónimo

Xeralmente non estou para nada de acordo cos seus escritos.

Neste , ainda sen estar de acordo no fondo , si o estou na forma

Anónimo

Hola, bos días, son Lis de Moura.

Chamoume a atención algo que lin hoxe na prensa, un coreano morreu ao reventarlle a batería do seu teléfono móvil. Resulta que o levaba no peto da camisa e, ao explosionar, perforoulle o corazón e os pulmóns. O paradóxico do caso é que este probe home traballaba nunha canteira e manipulaba dinamita a diario, ¡putadas desta vida!.
O outro día citei a unha serie de galegos que non destacaron ou non destacan polo amor á sua terra. Hoxe teño que engadir duas persoas máis nesa relación, unha é Carmen Areoso Villaverde, de 74 anos, que presentou o pasado 27 de setembro nun xuzgado de garda de Santiago sete denuncias contra investigadores que empregan células nai embrionarias en Barcelona, Valencia, Oviedo, Granada, Sevilla e Málaga empuxada pola sua fe e os seus principios. Na denuncia, argumenta que tales investigacións entran en colisión cós dereitos humans fundamentais e a dignidade dos individuos. Segundo diretor do Banco de Líñas Celulares, Pablo Menéndez, imputado no caso, a denuncia non vai a ningures porque se traballa ao amparo da lei i en España non se permite o emprego de embrións frescos coma noutros países. Os embrións son doados baixo consentimento informado, revocabel, altruista e voluntario. Dona Carmen non é que se manifestase contra de Galiza, pero faino contra o avance da mediciña dende Galiza. Non estaría mellor esta señoriña na Igrexa, rezando o rosario, que no xuzgado, poñendo denuncias contra a ciencia?
A outra persoa é Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe, unha nova asociación destas que xurden para frear o progreso, neste caso o da nosa lingua. Galicia Bilingüe imaxino, ao amparo do PP coma o Foro da Familia e outros colectivos ultra conservadores, están sempre alerta ante calquer avance que poida perxudicar os intereses do nacionalismo español. Dna. Gloria, deixa perlas como esta: “Na etapa da lectoescritura, en todo-los países faise o esforzo para que os nenos poidan aprender a ler e escribir na súa lingua propia. O feito de que non se faga así pode crear prexuízos psicolóxicos aos rapaces, (iso dino expertos de todo o mundo). O neno que fala castelán na casa ten conceptos que adquire na súa lingua e se lle impoñen outra ten que facer un esforzo maior. Iso supón para él un atraso. Por riba, se comparte aula con outros cativos que falan galego na casa, implica que el aprenderá de xeito máis lento. Iso crea inseguridade nos rapaces.”
Dou por sentado que esta señora non querrá aulas mixtas, nenos por un lado e nenas por outro pero, ainda por riba, os da aldea tamén separados e, a ser posibel, con boina.

Saudos, Lis de Moura.

Anónimo

A Gloria Lago é unha muller curiosa.
Parece ser que é profesora de inglés, e ten recoñecido que o seu alumnado non aprende nada con ela. Aínda que está moi entusiamada coa defensa do castelán (eu por exemplo tamén; pareceme unha cabronada (desculpen o palabro) a situción deste idioma en Porto Rico, ou EEUU p.e.
Bueno, realmente este non é un caso que so lle ocorra a ela... (o de que as túas alumnas e alumnos non se enteren de nada cando explicas)

O decreto do galego o que tenta é levar adiante un proceso de inmersión cara ao galego (é dicer, non ten nada que ver co ensino de outro idioma alleo á sociedade galega) ao tempo de que os alumnos e alumnas que estuden no sistema público e concertado non se desgaleguicen (é ben coñecido que a perda de persoas falantes de galego producese no ensino).
Por riba a Unión Europea botalle unha bronca ao governo español pola situación do ensino do galego.
Por riba, no resto de Europa miran a Euskadi, Galiza e Catalunya polo sistema de ensino en varias linguas, porque descubriron (algo que xa había tempo que se sabía pero que por cuestión políticas se ocultaba) que o coñecemento de dous ou máis idiomas resulta que é moi positivo para o cerebro, que chegado un momento, nada de ter que mercar do chisme ese para exercitar o músculo ese.

Se metes estas cousas e algunhas máis nunha coctelera, resulta que descubres que o decreto do galego quedase corto.
A lóxica cientifíca e social non apóian as teses desa asociación. Caches!!!

Curioso curioso...
E non será que esta muller e a súa asociación (que é tan sumamente friki, que un dos seus socios traballa na telegaita, é dicer, vive do "galego")
movese por outras cuestións que non son as digamos... lingüisticas???

E para rematar, esta grandiosa páxina:
http://tangallegocomoelgazpacho.blogspot.com/

Que ven sendo unha páxina parente de:
http://www.tangallegocomoelgallego.es/
Que como ben reza o seu lema:
"En defensa de la libertad de idioma en la enseñanza, y contra la normalización lingüística en Galicia."

case na!!!

Anónimo

Eu alégrome moito de que o Lagares marche porque é dar o primeiro paso para un pacto CXB con PSOE que sería máis productivo para Betanzos.
Resulta que no pleno ,de la Fuente xa acusa á alcaldesa de oscurantismo cuns informes urbanísticos, mal comezamos.
Os meus parabéns ó sr.Lagares e a miña petición a Papa Noel:
-Moncho alcalde dous anos,
-De la Fuente os outros dous
e Antonio Lagares ou fora da corporación ou concejal sen concellalía, non ten o carisma do irmán.
Que pensen os políticos na miñas peticións, grazas.

blancolexitimo

Sr. DeMoura, o seu discurso sona armonico porque pulsa as teclas do "como deberia de ser".
Pero esas teclas non sonan por si mesmas (tampouco en Betanzos)e compre que alguen as prema.
Penso que o dia que moitos esteamos dispostos a adquirir compromisos (de minimos se vostede quere), a Betanzos chegaralle a primavera.
Os "transistores asesinos" atacan de novo.
¿Acaso non teñen dereito os semiconductores a poñer bombas para que deixemos de dopalos?
Unha pregunta que hai un tempo planteaba nun blog no que se debatia sobre o que era ou non era cultura:
¿Pode unha persona ser calificada de culta sin saber como funciona un transistor?
No das celulas madres nan hai nada novo: a ciencia na busca das leis que rixen o funcionamento da natureza (so se pode controlar o que se coñece)vai deixando a marxe os cadaveres dos mitos.
Do bilinguismo haberia moito que falar. Na barra lateral aparece unha cancion de Miro Casabella que se me veu a cabeza en certa reunion politica de hai un tempo (non ten que ver con CxB). Veuseme e ainda sigue nela. E vai ganando terreo.
Falaremos deso.
Un saudo.
*****
Don Henry, os vascos teñen algo que a nos nos falta: desparpajo.
Digollo porque na emigracion estiven relacionado cun grupo deles. Sedioloquere falaremos un dia deso.
Pois mire uste, a esto de ser profeta non lle encontro eu moitos beneficios.
Eu de Norris nada, con Colombo ou Ironside conformome.
Temblo cando fala de que vai pensar en algo para min.
Prefiro que lle siga dando pena.
Teña en conta que son un home maior.
*****

22:42, alegrome de que coincidamos na forma. A dialectica sera capaz de facer que o fondo sexa todo o ancho que queiramos.
*****
16:31, pois que pensen os politicos nas suas peticions.
Se llo pide a Papa Noel, non estaria nada mal que metese tamen os Reis Magos (so os magos) na instancia.
*****
*****
*****

Saude.