Apreciados contertulios ...

paso por unha etapa de moito traballo por razons que non e cuestion de poñerse a enumerar aqui. Asi que onte pola noite puxenme a contestar a todo aquel que se dirixia a min no debate.

Non sei por que causa, e a primeira vez que me pasa, o comentario non saiu publicado.

Asi que agardarei outro momento libre para seguir pagando as miñas deudas.

Entenderase que se un esta traballando nunha actividade intelectual durante cinco horas o que menos se lle pasa pola cabeza e poñerse a escribir no tempo libre.

Porque unha cousa e facer o que fago agora, simple codificacion en caracteres alfanumericos do que se me pasa pola cabeza, e outra poñerse a cavilar (que fermosa palabra) nos temas (interesantes moitos deles) que outros propoñen debatir.

Como ven sendo habitual en cada apres-midi (disfrutei moito tempo coas peliculas de Eric Rohmer e entre elas estaba "L'amour l'apres-midi") , despois de comer os callos en Souto neste caso, sentome diante do meu ordenador (do que empeza a gustarme que cando quero acentuar unha "a" escriba "´´a"), entro no "Outeiro de blancolexitimo", leo os novos comentarios, boto unha mirada pola garelosfera, e vou o Menu de Prensa -pestaña Electronicos- e fago clic en Estrella Digital.

O ler os comentarios, caguenlaleche (¿Que tal se esta no inferno querido IVA?), vexo que os bytes de onte desapareceron misteriosamente.

Asi que me poño a ler o que hai de novo na casa de Aurora Pavon e atopome co video do inclito Jose Luis Rodriguez Zapatero.


Asi que indo polo Youtube tropezo con este outro feito pola dereita


Compre felicitar os guionistas que deixan co cu o aire a este personaxe de Corin Tellado, na mesma medida en que hai que condenar a galeras os tecnicos que o elaboraron.

¿E que na dereita non hai ninguen que entenda algo de Edicion de video dixital?

¿Acaso non saben que cando se fusionan dous videos e necesario facer unha transicion entre eles para que non sone o "fogonazo" cando se pasa de un a outro?

Unha cousa correspondese coa outra: so nun pais no que se fan chapuzas coma a deste video pode ser Presidente un estadista do nivel de D. Jose Luis.

E un asesinato permanente e premeditado da vision do mundo que a Ilustracion nos trouxo: a relevancia social debena ter os que estean mellor preparados para xestionar os intereses comuns da cidadania.

Aqui a banalidade e a mediocridade teñen o exito garantizado.

A revolucion social ten hoxe unha primeira etapa: vender o televisor e comprar unha cociña bilbaina.

Na segunda etapa tentaremos de contestar a pregunta que fai Miguel en "En el cafe" de Errico Malatesta.



Miguel.- Teño que decir que non comprendo por que os labregos que aran, sementan e colleitan non teñen pan, viño, nin carne suficiente; por que os albañiles que fan as casas non teñen un teito baixo o que descansar, por que os zapateiros teñen os zapatos rotos; por que, en suma, os que traballan, os que o producen todo carecen do necesario, mentras que os que non fan nada util nadan no supefluo. Non podo comprender por que hai xentes que carecen de pan, cando hai tanta terra sin cultivar e tanta xente que seria feliz si poidese cultivala; por que hai tantos albañiles desocupados cando tantas persoas teñen necesidade de casas; por que non teñen traballo tantos zapateiros, xastres, etc,., mentras a maioria da poboacion carece de zapatos, de vestidos, e de todas as cousas necesarias na vida civil. ¿Poderia decirme cal e a lei natural que explica e xustifica estes absurdos?