Outra vez os feitos dan (e quitan) a razon

1. Un terrorista palestino (Don Lis retratariao coma un exemplar loitador contra os nazis do seculo XXI) entra nunha biblioteca onde a xente estaba estudiando e, "fuego a discrecion", mata a oito rapaces: un de 26 anos e os outros adolescentes.

Cando non se e capaz de ver que en Israel as mulleres son Primeira Ministra ou Ministra de Asuntos Exteriores e que os homosexuales se poden casar, mentras que o Islam colga os segundos e as primeiras son propiedade do home (un home pode ter tantas mulleres como poda manter, a rua teñen que sair tapadas e non mirar para ningun home e o adulterio pode supoñer a morte), a polemica non pode ter lugar.



2. ETA mata a un candidato do PSOE e a min ocurreseme rebobinar a pelicula a hai un ano e pico.

Negociabase con ETA (non digo que non haxa que facelo nunca) mentras se decia que non se negociaba, un asesino inmisericorde que brindaba con champan por cada cidadan o que os seus compañeiros lle pegaban un tiro na nuca saia a rua porque estaba en folga de fame e peligraba a sua vida, os batasunos eran "homes de paz" que recibian misteriosas avisos do que a policia facia, a xusticia adaptabase "politicamente" o contexto e, nun Pais Vasco que volvia arder, os heroes estaban cada vez mais sos.

O fillo de Fernando Mugica, socialista asesinado por ETA en 1996, abandona o PSOE e afiliase a UPyD.

Todos os que queremos vivir en paz somos hoxe parentes lonxanos da familia Carrasco. Un valente mais morre sin poder defenderse e todos poñemos hoxe corbata negra, ainda que non teñamos ningunha corbata.

3. 53.400 parados mais no mes de febreiro. Xa falamos aqui de pouco tiña que ver cunha xestion economica de esquerdas libros de texto, axudas por nacemento e axudas o alquiler para todos. Que tamen era chamativo que Zapatero nos ofrecese 400 euros a todos si ganaba as eleccions.

Rajoy non pode criticar o fondo da politica economica destes catro anos porque seria tirar pedras contra o seu propio tellado.

4. En Venezuela un galego asesinado e outro secuestrado. Xa falabamos aqui daquel outro galego que despois de moitos anos de traballo tiña un hoteliño que familias chavistas iban ocupando sin pagarlle nada polo alquiler. Moratinos decindo publicamente que Aznar apoiara o golpe contra Chavez (seria en todo caso un golpe contra un golpista) e alabando a democracia bolivariana que amenaza os nosos compatriotas. Todo por unha posicion anti-USA propia de adolescentes.

Se soupesen o imprescindible para ocupar cargos dese nivel, coñecerian que Francia manten unha postura de amor-desamor con USA propia de xente intelectualmente competente: o que prima sempre son os intereses economicos da "mère des arts, des armes et des lois".

Aqui interpretase que non levantarse diante da bandeira do pais que necesitamos que non colla un catarro porque nos teremos unha pulmonia, e un acto "revolucionario".

¿Como se pode compartir ese desvario?

5. Sae de novo a luz que, sendo o castelan a lingua da mitade dos catalans, un pai non pode conseguir que a sua filla estudie no ensino publico na sua lingua materna en Cataluña, e un comerciante ten permitido poñer o letreiro do seu negocio en calquera idioma do mundo menos en castelan.


A Generalitat acaba de sacar un cartel polo dia da muller traballadora (coma si a muller non traballase desde que o mundo e mundo) en 25 idiomas. O idioma da mitade dos catalans non aparece.

¿Pasalle esto desapercibido a Don Jose Luis ainda que en Cataluña goberne o seu partido?

E un recorda que se iba "aceptar o Estatuto tal e como saise do Parlamento Catalan" e que "e discutible que España sexa unha nacion" (cando e das mais vellas de Europa). E dun Goberno que non pronunciaba a palabra España pasamos milagrosamente a un omnipresente "Gobierno de España".

¿Como van ser creibles nese aspecto?

Outro tamen falaba "catalan en la intimidad".

6. E remato, pois empezo a cansarme de relatar obviedades, falando dun tema que coñezo ben.

A Comision Europea leva a España o Tribunal da UE por "no haber suprimido las condiciones ilegales impuestas a la oferta del grupo alemán E.ON para la compra de Endesa".

Habia unha gran empresa electrica (das mais importantes de Europa) con Sede Central en Madrid (nesa Comunidade paga os seus impostos) dirixida por un home do PP chamado Pizarro.

E houbo unhas eleccions en Cataluña e firmouse un "ACUERDO PARA UN GOBIERNO CATALANISTA Y DE IZQUIERDAS EN LA GENERALITAT", tamen chamado "Pacto del Tinell", para que non gobernase o que mais diputados sacou: CiU.

Leano si teñen tempo este fin de semana.

Ali dise algo tan curioso como que “Estas fuerzas se comprometen a impedir la presencia del PP en el Gobierno del Estado”.

As eleccions do 2004 deronlle o triunfo a Zapatero e a negociacion de Cataluña ampliouse a España.

Pero habia que pagar. E falouse da antigua FECSA (Fuerzas electricas de Cataluña) que fora absorbida por Endesa.

E acordaron que Gas Natural, unha empresa con Sede Central en Barcelona (o maior accionista e "La Caixa" con Sede Central, como non, en Barcelona) lanzaria unha OPA sobre Endesa.

Pero como a madrileña era tres veces mais grande non tiñan diñeiro para pagarnos os accionistas (eu tiña ali uns aforriños). Asi que, como non, inventaron a polvora e acordaron que nos iban pagar en metalico uns euriños e polo resto do valor das nosas accions dariannos "papeles" da nova empresa.

Como ainda asi non lle cuadraban as contas, acordaron que Iberdrola (Sede Central en Bilbao) se quedaria con parte dos activos da compañia.

¡Que facil ver a tramoya que habia detras do escenario!

O argumento politico alucinante: facer unha gran empresa enerxetica española. Si aceptamos o principio o loxico seria que a empresa grande absorbese a pequena como pasa en todos os paises do mundo civilizado.

Pero esta era unha operacion politica e a Comision Nacional da Enerxia (dirixida por unha socialista) desoe os dictames do Tribunal da Competencia e tira para diante co proceso.

Todo o aparato cercano a Zapatero, Sebastian, Arenillas e cia., fan que as axencias que controlan vendan as accions para iniciar o camiño e para que os accionistas visemos que o precio era correcto e que todo era normal.

Pero os pequenos accionistas apoian a Pizarro que aguanta un dos procesos mais noxentos da historia economica da democracia.

E nesto chega EON que esta disposta a pagarnos casi o doble que Gas Natural e ademais en diñeiro contante e sonante.

E enton, numantinos e coñecedores de vivir nun pais no que se pode facer o que se queira, impoñenlle os alemans unhas condicions que agora Bruselas acaba de declarar ilegales.

So con ter unha chisquiña de capacidade critica se entende perfectamente o bochornoso espectaculo que se produciu.

Non sei si teremos que pagar os 288 millons de euros que EON perdeu coa OPA, o que si sei e que o Presidente da compañia alemana ven a decir que para invertir en España compre ter apoio politico.

Xa intentaran os mesmos botar o chantadino Francisco Gonzalez da presidencia do BBVA.

Manuel Conthe, antes de dimitir coma Presidente da CNMV, deixabanos entrever o lado oculto nos dous casos que citamos.

Estas razon que para min son decisivas contan menos para outros que un nanosegundo de television.

Sexan felices e voten, ou non, por quen lles dea a gana.

CODA: Esqueciame de suliñar que esto que vimos de comentar e compartido por un numero importante de cidadans da Republica Federal Española. Don Jose Luis Rodriguez Zapatero ten o record absoluto (o aire libre e en pista cuberta) de parir partidos politicos: primeiro foi Ciudadanos e agora UPyD.

Claro que, pensan, pouco importa que aparezan se o 70% dos españoles, que teñen como unica fonte de informacion as TV, non saben da sua existencia.

Etiquetas de Technorati: ,,

5 opinions:

Anónimo

Sr. administrador, despóis de ler o artigo non entendo como vostede vai, "por suposto polo carril da esquerda".
Penso que a "esquerda" en España i en Galicia saíuse da vía pola súa man e a "dereita" está xusto no centro.
Grazas por iluminar con obxetividade que lle honra fronte a radicalización actual da esquerda oficial, léase Psdega e Bng.
Bótase de menos un partido nacionalista galego de centro tipo Coalicion Progresista Galega o Coalición Galega.
Saúdos.

Anónimo

Franceses e ingleses son pragmáticos

blancolexitimo

1. Agradezo o que me di. Eu o que boto de menos e que o galeguismo de esquerdas (non confundilo co nacinalismo que e sempre un movemento conservador)non estea estructurado, por libre ou coma corrente importante dentro dun partido politico.
Saudos
*****

3. Son pragmaticos porque teñen unha idea colectiva que actua de amortiguador das diferentes tendencias politicas.
Aqui faltanos esa idea de pertenecer a un colectivo.
Ese e o problema.
*****
*****
*****

Saudos

Anónimo

esa idea faltaralle a vostede don henry, que confunde o que vostede quere coa realidade.
Sobre a conachada esa que sempre di sobre que o nacionalismo é un movemento conservador, definese vostede mesmo dende a ignorancia; ser conservador é precisamente o que vostede é.
Se non é ser conservador dicir que ejpaña é o país* máis antigo deo mundo, non é ser consevador, xa me dirá que o é.
O que pasa é que vostede non é capaz de traspasar aquela época do esquerdismo despistado do tardofranquismo... e está empeñado en ser alguén dentro dunha estructura maior. porque ao fin non é máis amargado social que non atopa un sitio e ten que difuminarse nunha colectividade moi grande que lle permita non ver as súas propias eivas.
Ao fin é que buscan as persoas como vostede.