Funcionarios vs Politicos

Vense mantendo neste outeiro unha polemica que, en esencia, fala de dous colectivos distintos que teñen que interaccionar forzosamente. Refirome a politicos e funcionarios (englobando neles o persoal laboral).

Ainda que non teño por costume falar destas cousas, compre sinalar neste caso que cando alguen tivo o poder durante 24 anos, o funcionariado esta feito a medida dunha maneira de xestionar o Concello. Sobre todo tendo en conta o grado de discrecionalidade que se da nas contratacions da Administracion Local.

Eu son funcionario e teño claro cales son os meus dereitos e obrigas.
Poñereilles un exemplo, disculpandome se a alguen lle sona a batallita do abuelete:
Despois de aprobar as oposicions libres en Madrid, mandaronme a Illescas (Toledo).
Estando ali como funcionario en practicas, escoitei un dia falar do pasado e do autoritarismo do Inspector que lle correspondia o instituto (un tal Sevilla se non recordo mal).
Coincidia co tipo de personaxe que detesto e que un sistema democratico deberia poñer no seu sitio.
Asi que un dia chegou movendose polo instituto levando detras a modo de sequito o director e o secretario (o primeiro un apocado catedratico de Grego e o segundo alguen que, como curiosidade, tiña zurcidos os codos do xersei).
Parece que preguntou polos profesores en practicas, polo que apareceron na sala de profesores na que eu estaba. Tiña (agora menos) por costume ler toda a lexislacion que me afectaba, polo que coñecia os dereitos e as obrigas da situacion administrativa na que me atopaba.
E nesto que o vello franquista (falamos do curso 84-85) se pon diante da concurrencia a recriminarme en plan autoritario (neses pobos de Castilla semella que o franquismo estaba vivo) o non terlle entregado non sei que cousa. Debeume coller nun deses momentos reinvindicativos, pois recordo que lle constestei nun tono similar o seu que era el o que estaba incumplindo o que a norma sobre funcionarios en practicas dictaminaba.
Fulminoume coa mirada e calou. Supoño que se vengou, pois a todos os compañeiros da provincia que estaban na miña situacion (seria longo de contar) lles deron as practicas por aprobadas. A min non, tanto e asi que despois tiveron que sacar unha norma para que os que estabamos na miña situacion nos contase o veran como tempo traballado: eu son funcionario de carreira dous meses mais tarde que compañeiros do Francisco Aguiar que estiveron na mesma situacion.
Felicitabame despois unha compañeira, decindo que no tempo que ela levaba ali era a primeira vez que pasaba.
E nesto que me deu por pensar nuns compañeiros progres cos que me relacionaba, vivian en Madrid, e que decian ser uns activistas case de Primera Linea.

A cada paso que damos volvemos, Don Antonio (Gramsci), a atoparnos co perfil dos que o contexto teorico no que din desenvolverse non ten nada que ver coa sua praxis vital.

Pois eso, que os funcionarios do concello de Betanzos teñen uns dereitos e unhas obrigas, coma todos os funcionarios.
Pero, no mellor dos casos, accederon o seu posto mediante unha oposicion xusta.
A eles non os elexiu ninguen para gobernar o Concello: os cidadans votaron por outros, que na maior parte dos casos teñen moitos menos coñecementos ca eles.
Precisamente por eso lle pagamos os betanceiros un salario para que poñan esas capacidades o servicio do ben comun.

Pero non equivoquemos os terminos: O democratico e un sistema representativo no que os concelleiros son os depositarios da soberania popular.

Cada un no seu sitio: blancolexitimo poderia ser o profesor que mellor tivese programado a Fisica e quimica de 3º de BUP. Pero si o Delegado Provincial lle di que ten que explicar o funcionamento das camaras de plomo, non ten mais remedio que intertar facelo da mellor maneira posible.

Recordo agora unha conversa de tempo atras na que se citaba a unha corporacion democratica de esquerdas que pasou a gobernar un concello que non sufrira cambio algun coa transicion democratica. Narraban como os funcionarios pretenderon torear a xente nova que representaba os veciños. Pretenderono. Porque aquela xente, ainda que nova, tiña moi claro que unha das suas obrigas era exercer a autoridade que os veciños puxeran nas suas mans.

Sobre a maneira de exercer o mando poderiamos falar bastante tempo. E creo que moitos coincidiriamos no diagnostico.

Esto e o que eu penso, dos detalles concretos que se citan nos debates non podo opinar porque os descoñezo.

O que si podo apuntar e o que se ten falado nas reunions de Cidadans por Betanzos sobre o modelo de funcionamento administrativo do concello: Un administracion totalmente autonoma do poder politico no seu funcionamento, nucleada basicamente arredor da Secretaria no legal e funcionarial e da Intervencion no economico.
Seria o poder politico o que determinaria as prioridades e as liñas de actuacion a seguir en todos os aspectos da vida municipal.

Penso que e o que calquera funcionario comprometido co seu traballo desearia. Claro que o de estar comprometido co traballo e unha condicion indispensable.

Tamen pode suceder que en Betanzos ocurra algo similar o que lles comentaba mais arriba. Nese caso teño claro o que eu faria e o que calquera deberia facer.

Porque eu votei por CxB para que goberne o concello no que vivo. E si algo significa gobernar e tomar decisions. E para tomar decisions compre exercer a autoridade que as leis otorgan.

E tan elemental que abochorna ter que escribilo.

Non entrarei, non merecen un segundo do meu tempo, a comentar esas notas de prensa que todos os dias falan da desastrosa xestion (meudeus, dino os que deixaron o concello en bancarrota) e do caos no que estamos sumidos os veciños.

Si por min fose, non se contestaba a maior parte das provocacions que se publican. Ter a flema e a elegancia suficiente para debuxar unha sonrisa ironica que de ningunha maneira pretendese ser despectiva.

Para rematar, poñolles un exemplo:

Eses dias atrás e no Parlamento de Galicia, un personaxe (para min pouco presentable) dirixiase a metade da Camara (a metade dos galegos, logo) tratantandoos de franquistas e preguntando se tomaran as pastillas.
A esta ocurrencia de adolescente malcriado responden a metade dos diputados levantandose ofendidos coma se tivesen a mesma edade mental que o provocador.

¿Como vou estar un tranquilo si son precisamente estes os encargados de lexislar sobre cuestions que afectan a vida da miña familia?

¿E que non hai nos tres millons xente mais capacitada para representarnos?

Como diria o outro: ¡Que tropa señor, que tropa!

15 opinions:

Anónimo

"Porque eu votei por CxB para que goberne o concello no que vivo. E si algo significa gobernar e tomar decisions. E para tomar decisions compre exercer a autoridade que as leis otorgan."

Y ESO SE CONSIGUE CON UNA CONCEJALÍA DE PRENSA Y SIN TENER CAPACIDAD DE DECISIÓN REAL?
repasa los decretos que los concejales de CxB no tienen firma delegada ni competencias reales exceptuando a Pedro

Anónimo

Tamén, segundo vostede, son cortinas de fume gatar 5.000 euros en transportar un barquiño para poñelo de adorno nalgún espazo público, e ainda faltan outros gastos. En canto se vai a poñer o barquiño. É esa unha xestión responsable? e non me diga que a de outros foi peor, agora están gobernando vostedes.

Anónimo

"Cada un no seu sitio: blancolexitimo poderia ser o profesor que mellor tivese programado a Fisica e quimica de 3º de BUP. Pero si o Delegado Provincial lle di que ten que explicar o funcionamento das camaras de plomo, non ten mais remedio que intertar facelo da mellor maneira posible."

Ou sexa que a súa incapacidade de mestre é culpa da delegación proveincial...


Claro que o tipo este por chuparlle os collós ao poder non tería problema en poñer as pancartas que a delegación lle dixese ....


peniña de persoa....

Anónimo

esquecía coma sempre... é que o instituto pouco ou nada ten que ver co concello.

Claro que ao tipo este, por non currar, montaba eleccións democráticas para que a xente da bedelería dise as súas aulas.

Anónimo

No tendrá esta campaña cibernética de CxB contra el funcionariado municipal nada que ver con el revuelo de ayer en el Ayuntamiento a causa de la notita de prensa que mando mandar Junior a cuento de la famosa casa gótica?
No estará el teniente alcalde poniendo en la picota a los funcionarios municipales para usarlos de chivos expiatorios por la falta de reflejos del gobierno local?
No se pretenderá con esto hacer una purga y colar a algunos de los amigos que ahora están contratados por "obra o servicio" por la puerta de atrás?
que podemos esperar los betanceiros de un gobierno que se enfrenta y vende a los empleados municipales con tal de salvarse el culo?
Que vergüenza lo que están haciendo PP y CxB a los empleados públicos ya que dinamitando a la administración local no van a conseguir nada bueno para Betanzos. Así despúes podrán decir que los funcionarios están en su contra porque son del enemigo. a ver quien se cree que si el jefe te vende a la primera de cambio te pones contra él porque tienes distintas ideas políticas!!!!!!!!

Anónimo

¡Según parece se destapó la caja de pandora!.
"A ver quien se cree que si el jefe te vende a la primera de cambio te pones contra él porque tienes distintas ideas políticas!!!!!".
Si entiendo bien, pregunta ¿no?, pues me lo creo yo, y como yo una "jartá" de ciudadanos.
Todos sabemos o por lo menos la mayoría, que en los ayuntamientos sobre todo en Betanzos, los funcionarios se creen con derecho a decisión, cuando simplemente son personal, ya sea funcionario, laboral o contratado, al servicio del ciudadano y que las decisiones les corresponden a los políticos en base a los informes presentados por los técnicos sean estos internos o externos.
También es muy cierto, que algún funcionario no es capaz de dejar sus ideas en casa, y cumplir escrupulosamente, sin partidismo, con su tarea profesional, aquí llegamos a algo tan simple como son los pagos de favores.
Creo que cualquier gobierno que se precie, se rodea de los profesionales que mejor le pueden ayudar en la tarea de decisión, y nunca seguir manteniendo enquistados problemas y personas.
Por lo dicho, creo que por el bien de pueblo, se debe organizar eficientemente al personal para conseguir servicios eficaces para el ciudadano, que en definitiva es el que paga.

Anónimo

aunque sea duplicando el gasto en personal no?
muy bien señores de CxB ya han completado el discurso para amparar el enchufismo- los técnicos de confianza- y los métodos fascistas para eliminar al que piensa distinto- no mantener enquistadas personas contrarias sacándolas de delante.
Y van a cometer el desatino de actuar al margen de la legislación para conseguir todo esto. Y ustedes hicieron campaña con los pleitos del ayuntamiento??? la que nos va a caer!!!!!!

Anónimo

Querido blanco lexítimo, agora non lle mande os cans á alcaldesa, con ela estabamos ben tranquilos no concello, asi que non escorra o bulto, CXB significa problemas, eso é o que eu opino, e xa podemos prepararnos para a campaña propagandista e de peloteo que imos sufrir os betanceiros estes 3 anos que restan ata as elecións.

Anónimo

pero que burriños sodes... non me digades que non alcanzades a ver o fondo da xogada monifates? está mui clariña. Acordadesvos da traveía paralela a Pérez Salas que iba unir Julio Romay coa carretera de castilla? pois é algo semellante.
ó mellor tamén ten algo que ver a compra dos terreos de maderas betanzos por algún par de promotores mui coñecidos neste pobo.
ó mellor tamén ten algo que ver coa catalogación de determinados solares no PGOU que prepara o goberno local.
Ó mellor tamén ten algo que ver con dous funcionarios concretos que foron encausados polo PP na Casa Pita e que agora se pretenden rematar con outra casa con historia para sacar inimigos do medio anque sexa cos pies por diante.
Ó mellor tamén ten algo que ver con determinados tivaifacendo que se diron i acabaron como acabaron.
O que está claro é que non é casual nin fruto do azar que se poña en xuizo a profesionalidade dos empleados municipais xusto agora.
É unha manobra ben pensada e ben planeada. Diso que non vos quede duda ó respeito.
Vento

Anónimo

será emilio romay

Anónimo

Si a cousa está moi fácil:

80% dos funcionarios son do PSOE

70% " " " da UGT

A cena de fin de ano do PSOE e dos funcionarios e practicamente a mesma xete.

Toñito Lagares non perdoará nunca ó CXB

AGORA BEN, SUPOÑAMOS :

Nas próximas elecións, Moncho Garcia é sabedor de que o PSOE xa no he nen a metade do que era, e de que o BNG vai en picado no pobo, entón, necesitara do CXB, conclusión.

¿ Quen será capaz de agachares maís a cabeza por acadar o poder, Javier de la Fuente que fara o que sexa por ser alcadabel, ou moncho traicioará a Toñito por unha tenencia de alcaldia.?

Eu son un enganado máis da esquerda de betanzos, pero se o PSOE pacta co CXB algunha vez neste pobo, vereime obrigado a reflexionar sobre as miñas ideas, despois do que estes "cabaleiros" do CXb foron capaces de facer.

Anónimo

Y... ¿esos datos?, ¿era premisa del anterior gobierno municipal afiliarse al partido o sindicato, para trabajar en el ayuntamiento?...
Es decir, ¿que el gobierno debía de ser monocolor en todo?.
Si esto es así ahora entiendo el alboroto formado por el funcionario del grupo A.

Anónimo

de que vai esto que escribiu un empleado municipal no articulo anterior e que quedou no aire:
"6.- todo lo anterior teniendo además en cuenta que ya no es la primera vez que CxB ataca la profesionalidad y honorabilidad de los empleados públicos de Betanzos. Si antes fue con los informes de Secretaría cuando no decían lo qeu querían o los obligase taxativamente a moverse en un determinado sentido ahora es con que se les caen los anillos por colgar una pancarta. ¡Como si no hubiese mejor ocupación para el personal de máxima cualificación del ayuntamiento que colgar carteles! Debe ser que los empleados municipales no se mueven como pretende CxB y que se ven obligados a atacarlos para no asumir los límites de la legalidad.7.- Todo lo anterior sin tener en cuenta antecedentes como el ocasionado por la concejala de CxB exigiendo listados discriminando racialmente a los empadronados en nuestro municipio que son contrarios no ya a la legislación sino incluso a los principios constitucionales. Téngase presente que la susodicha concejala acabó amenazando de despido al personal municipal implicado por no entregarle los mencionados datos confidenciales. Conviene recordar en este punto que por lo que se ha visto a quien caen los anillos es a los concejales de CxB si mean donde lo hace el resto del pueblo a tenor de lo manifestado públicamente y en pleno."

Anónimo

Va de que los concejales de cxb no se amilanan ante las presiones que el psoe pretende ejercer a la administración.

Anónimo

si no amilanarse ante la presión del PSOE es cerrarse un baño en un local público para uso exclusivo de la concejala de CxB vale. Si pedir una lista negra de familias de otras razas empadronadas en betanzos es no plegarse a la presión del PSOE pues vale. desde luego queda claro que CxB vive en su mundo paralelo y pretenden hacernos ver lo blanco de color negro