¿Chórase no ceo?

Era un rapaz galego de 19 anos recén cumplidos: excelente persona, era tamén un excelente estudiante que quería ser médico coma seu pai.
E colleu camiño cara Barcelona, cidade na que os galegos que pretenden ser médicos formaron unha pequena colonia.
Un día encontrouse mal, e empezou unha loita a morte contra esa señora de túnica negra e gadaña.
Houbo un momento no que a batalla estivo a piques de rematar en victoria, pero á dama negra habia que aniquilala totalmente. E non se deixou.
O último intento era a cara ou cruz. Saíu cruz.
E un pensa nestes momentos que si a morte xoga os dados, eu podería ser ese pai ó que hoxe lle arrancaron un pedazo do corazón.
Supoño que podía ser máis duro: conocín a un home que conducía o coche no accidente no que a súa filla morreu. Ó miralo ós ollos un era capaz de verlle os calcañares, do fonda que era a súa ferida.
Como lle sucedeu a Eric Clapton, cando o seu fillo de catro anos caeu pola ventana da casa: vivía no piso 45.
Para ese rapaz do que oín falar con moito cariño, ocurríuseme traducir a Clapton cantándolle ó seu fillo morto.
Espero que lles guste e lles sirva para abrazar ós seus apretando un pouquiño máis: de ternura nunca se peca por exceso.