Retratos

Lendo hoxe El Mundo podemos facernos unha idea do comportamento mafioso e corrupto da oligarquía posfranquista.
Solo temos, con algunhas excepcións, que extrapolalo a TODAS as institucions públicas que unhas nefastas leis Electoral e de Partidos convertiron en cotos de caza desa oligarquía político-sindical-empresarial.

- ¿Onde o liches? 
- No Mundo
- ¿Pero agora les a prensa de dereitas?
- Eu leo periodismo de investigación para poder ter unha opinión propia do que pasa, os que solo ledes periódicos de opinión (citaba a El País) nunca poderedes entendelo.

Pouco despois escoitaba como esa mesma persona eloxiaba a El Mundo pola publicación sobre Bárcenas (tamén periodismo de investigación). Daquela non é cuestión de tipo de periodismo, trátase de que o sectarismo cego impídelle a algúns que se titulan de esquerdas entender a realidade.
Estúpidos que non entenden que para vivir en democracia compre partir dun principio que eles, guerracivilistas mediocres, desconocen: o respeto polas opinións dos que, respetando as reglas do xogo democrático, pensan distinto a un.

Poñamos un exemplo:
Teño parentes, amigos, compañeiros de partida... que votan polo PP porque lles peta.
Algún orfo durante 30 anos dun pai que se buscaba o pan nas Américas e recén retornado xubilado da emigración a Europa.
Xente humilde e traballadora que colleu unha maleta que pesaba pouco porque pouco había que meter nela, e desde o primeiro mes xirouno case todo para amañar a casiña, darlle estudios ós cativos...
Eles aló, a muller eos fillos aquí: o corazón a ralentí durante anos e anos.
E nesto que un señorito de Santiago, diante dun proceso electoral nun país da Europa democrática, sin o mínimo rubor na súa cara califícaos de barbarie.
O meu veciño (que vota polo PP porque lle peta e ten sudado dabondo para poder facelo) traballando na construcción polo día e fregando nun hotel polas noites a cambio de cama e almorzo, mentras ó señorito de Santiago lle trataban o pelo na peluquería. 

Barbarie según o Diccionario da RAG:
1. Estado de atraso cultural, social, tecnolóxico etc., no que viven certos pobos aos que non chegou a civilización.
2. Falta de cultura, instrución etc.
3.  Característica da persoa que actúa dun xeito bárbaro ou cruel, así coma dos seus actos inhumanos.

¡Vaia co señorito de Santiago!... faltos de cultura
¿Permitiralle a súa egolatría paleta entender que nunha casa galega con dúas vacas, e cinco nenos sentados á mesa todos os días, a ningunha nai se lle pasa pola cabeza facer traduccións do francés?
¡Librenosdeus dos intelectuales orgánicos! (podería exclamar A. Gramsci se fose galego)
Desgraciado el país que necesita héroes (B. Brecht) 

Recordo que cando lin a noticia pensei nos adxetivos que lle poñería a ese Intelectual se fose eu un dirixente do PP galego, en comparación coa sonrisa, pretendidamente irónica, de Feijoo e compaña.
O sangue non chegará o río, pensei: Perro no come perro.
Eles son a oligarquía e comparten asiento nas Diputacións, nos Consellos de Administración das empresas públicas (incluidas as Caixas que saquearon)... e mesa e mantel nos Xogos Florais nos que sempre resulta premiada a filla dalgún concejal.
Son unha familia con intereses comúns, como nos mostra o Honorable Pujol.

¡Ay a familia!
Ata cando se visten de revolucionarios, coma o autor de O crepúsculo e as formigas, teñen que dimitir da Presidencia da RAG por enchufar á filla e ó noro na Institución.
Tan importante é a familia que tamén o Secretario e o Tesoreiro tiñan enchufados un fillo cada un.

Oligarquía según o Diccionario da RAE:
1. Forma de gobierno en la cual el poder político es ejercido por un grupo minoritario.
2.  Grupo reducido de personas que tiene poder e influencia en un determinado sector social, económico y político.

¡Máis claro auga!

 Repítese a historia: os fillos deles colocados e os fillos dos que foron emigrantes preparando as maletas para coller o avión rumbo a Londres, Berlín ou Estocolmo. 

Xa nos dixo aquela muller, que levaba na frente unha estrela e no bico un cantar, o que compre facer coa oligarquía:
   ...
 Miréinos con calma, i as mans estendidas,


dun golpe, ¡dun soio!, deixéinos sin vida.


I ó lado, contenta, sentéime das vítimas,


tranquila, esperando pola alba do día.



I estonces..., estonces cumpréuse a xusticia:


eu, neles; i as leises, na man que os ferira.