Léo Ferré outra vez
|
|
Este outeiro, pedregoso e sin cancelas, botou á andar o 1 de marzo de 2007. Nunha terra así: moito traballo para pouca colleita. Sachas e sachas para que, cando chega o inverno, a arca do pan estea sempre a medio encher.
|
|
... teñen un poder de evocacion imposible de imaxinar. Esta debuxa sempre a misma pelicula na miña cabeza: Retratame dias nos que, vivindo nunha campana de cristal, certos rituales que hoxe resultan banales semellaban facernos parecidos os deuses (como escribia Baudelaire): Despois de cear cafe e conversa no Apolo, Lowenbrau negra no DrakStore para logo sair de Viacambre, baixar pola rua que, torcendo a esquerda, te levaba o garito dun tal Joaquin que un dia viñera torear as festas do Castiñeiriño. Puxo unha taberna torera para rematar montando unha das primeiras discotecas de Santiago. Era o Yohakin (Hipi-Naki para alguns). Nel reinaban as musicas do Balado, un camareiro italiano e a P. O mundo era unha bola amorfa sometida a un horario alienador e ti vivias nunha burbuja na que o relo camiñaba a gusto do consumidor. E cantaba Jara e ti recordaste coa mirada perdida por aquela pista, ainda baleira, imaxinando as ruas molladas polas que Amanda corria, iluminandoas, na busca de Manuel. ¿Iluminarias da mesma maneira que a P. camiñando pola Pontepedriña.? Despois, avanzada a noite, podias acercarte o Loan para comer un pedazo de polo, mentras un xigante vestido cunha tunica que respondia o nome de Alejo contaba os usos que na relacion amoroso podia ter unha goma das do butano despois de facerlle uns cortes coa navalla. O seu irman pequeno, que se chamaba (non sei si se seguira chamando) Michi, decia aquelo de "Tengo mas hambre que las gallinas de la Tia Maria, que se comieron las vias del tren creyendo que eran lombrices". Dias e noites de cerveza negra, para min, mentras que polo aire andaba merodeando unha ninfomana subvencionada chamada heroina. Era o momento de tomar partido: Ou Hendrix e Joplin eran uns deuses, ou unhas simples marionetas. Ainda que para min non habia duda (a pesar de Hey Joe), cada un xogou as suas cartas. Anos despois, nunha noite nostalxica e solitaria, ocurriuseme ir tomar unha birra o DrakStore. E ali estaba a P. O brawn sugar enchera de costurons a cara da que un dia iluminara as ruas da Pontepedriña. Falamos de vagar. Antifranquistas de primeira linea que o Dictador ferrolano non conseguira mover, convertidos en mansas ovelliñas. Antigos anticapitalistas humillados diante de calquera mequetrefe que vendese a que alguns pensaron que seria a heroina capaz de vencer a tuberculosis. Eran armas mortiferas, de destruccion masiva, que alguns promocionaban descaradamente mentras que os que mandaban miraban para outro lado. O paraiso (perdido) non estaba nas pedras dun mosteiro calquera da Ribeira Sacra. Ou nunha sociedade na que todos tivesemos os mesmos dereitos. Non. Do paraiso tamen se podia decir "Pongamelo para llevar". E en calquera portal oscuro: mechero, cucharilla, limon, ... Porque o que corre tras dun cabalo salvaxe nunca sera capaz de botarlle o lazo para montar nel. ¡E hai que ver como se rian os que foran armados cabaleiros! |
J era un inxenieiro andaluz co que compartin tardes de mili e cerveza en Tenerife. |
| Ainda que evidentemente non ten as mesmas connotacions que hai 35 anos, sigue sendo un panfleto rebelde e antiautoritario imprescindible. ¿Que pensar dunha cancion que pasa de revolucionario manifesto a relixiosa plegaria? Titulase Coplas del tiempo (1ª parte: Los mineros en huelga), compuxoa un anarquista español, Chicho Sanchez Ferlosio, e ponlle a sua maravillosa voz Oscar Chavez, un esquerdista mexicano.
Deciase que o "izquierdismo" era unha enfermidade infantil. A vista do que ven acontecendo resulta evidente que si os esquerdistas tiñan a tosferina os demais padecian un cancer terminal. O "centralismo democratico" so serviu para que os "aparatos" de partidos e sindicatos ocupasen o lugar dos executivos do capitalismo. E a historia tennos demostrado que son mellores xestores estes ultimos. Sin embargo o que escribian Malatesta e o que canta Chavez son verdades que teñen hoxe a mesma vixencia que daquela. Acepto o diagnostico: padezo unha enfermidade infantil. ¡E San Roque queira que dure! |
CODA: Leonard Cohen e un dos meus refuxios contra a mediocridade. Nesta caso, este xudeo canadiense cantalle os franceses (habia moitos republicanos españoles) que resisten a invasion da Alemania nazi. |






