O Prestige





O Prestige foi para un demócrata europeista (en términos políticos: manual de instruccións do comportamento democrático institucional) galego, da esquerda da praxis, o termómetro do nivel da democracia na sociedade galega.
Por eses días cheguei a conclusión de que eu nunca viviría en Francia e, a este ritmo, tampouco o farán os meus fillos.
Un accidente dunha chatarra flotante déixalle un marrón ós gobernantes: metelo nunha ría ou alonxalo.
As dúas alternativas a cada cal peor.
O comportamento do PP gobernante impresentable: temeroso, vacilante, sin principios claros para xestionar o accidente...
Resumindo, demostraron non ter capacidade para gobernar este país.
Mediocridade.

A oposición viu un cancelo aberto (desde aquela acostumbráronse a buscar cancelos abertos de por vida) e lanzouse a tumba aberta contra Fraga: escribin naqueles días que a coxeira de Fraga fora a causa pois andaba de caza e, cando lle iba tirar a un coello, falloulle a perna e o tiro foi pegar no casco enfurruxado do Prestige.
O acoso e derribo de Fraga, ó que eu desexaba desaloxar con papeletas democráticas, foi tan impresentable coma a xestión do accidente.
Ainda hoxe se lle escoita ós memos falar de hilillos.
Todo ese personal pensa que o pobo galego é menor de edade e retrasado.

Os once principios da propaganda nazi, atribuidos a ese enano sobrevalorado e coxo chamado Goebbels, cumplíronse case todos no agit-prop do momento: chega con que pensen no
Principio de la exageración y desfiguración: convertir cualquier anécdota, por pequeña que sea, en amenaza grave.

Eu notaba que a democracia era area que se nos estaba colando entre os dedos (houbo xente conocida que se deu de baixa de La Voz de Galicia) nunha loita polo poder que chegaba ata a tolemia de cargar a responsabilidade na Xunta, sabendo que eso podía costarnos millóns de euros ós galegos.

Estivemos en Muxía e entramos nunca carpa posta no porto (terreo público), e fomos asesinados pola mirada dos que alí estaban: eran revolucionarios vascos que viñan para guiar ás masas galegas na toma do Palacio de Invierno fraguista, que era o mesmo que franquista.


Pero algo bon terá, pensaba, si cambia a cor do goberno.
E así estaba eu: buscando argumentos que me axudasen a tragar que o fin xustificaba os medios.

E nesto apareceu areanegra (a nova páxina web sigue viva): unha coordinadora do ensino (se non recordo mal na primeira páxina figuraban tres mulleres como responsables).
Convocarán unha folga do profesorado, pensaba eu.
Pero naquel momento tiña poucas posibilidades de éxito.
E ocurríuselle non sei a quen (así é este país por permitir que a oligarquía político-sindical corrupta e ocurrente o controle absolutamente todo) que, como os profesores non estaban pola labor, recurrir o outro axente do sector, MOITO MÁIS MANIPULABLE, que non era outro que o dos alumnos.
E meteuse ós rapaces da ESO na campaña anti-Fraga convocando unha CADEA HUMANA para defender o medio ambiente galego. Decían eles.

Expectante, esperaba a reacción dos pais (asociados ou non), do profesorado que ten como meta formar personas con capacidade crítica que tomen as súas propias decisións (o único profesorado que merece ese nome), e das autoridades impedindo (na súa medida) que estudiantes de 13 e 14 anos participasen en movilizacións non convocadas por eles, e fóra do seu ámbito reinvindicativo.

Defender o medio ambiente galego é misión de todos, díxome un listo.
¿Como non se vos ocurriu defendelo en todos estes anos cos barcos que contaminaron a nosa costa?, contestei eu.


Na súa web, os organizadores falan de 45.000 estudiantes e 3.000 profesores e profesoras (con docentes aforraban tinta, pero tiña que quedar claro que eran todos partidarios da igualdade de xénero, porque según parece os que nos conformamos con profesores somos maltratadores en potencia). Tratándose de docentes, non estaba nada mal que en lugar de preocuparse do de profesores/profesoras escribisen devolvémoslle no sitio de devolvemoslle (facer clic na foto para lelo).

Pero eles eran un inmenso coro  e nós catro ou cinco (igualito, igualito que no franquismo). E cando alguén que me quere ben, e é correspondida, me dixo que non entendía como me opoñía a que os nenos defendesen o medio ambiente, entendín que non había nada que facer.
É máis, poñería a man no lume por profesores que conozo que participaron na cadea.
Pero non era cuestión nin de honradez, nin de honestidade, nin de malos e bons, nin de esquerdas nin de dereitas incluso... eran algo moitísimo máis importante para un docente: os profesores metían a adolescentes de 13 e 14 anos (falo de feitos que conozo) nunha movilización que tiña como fin botar abaixo un goberno elexido democráticamente.
Non se trataba nin de recortes na educación pública, nin da subida de tasas, nin do peche dos comedores...
Os meus alumnos foron berrar Nunca Máis xusto cando non debían facelo.

Foi un fracaso colectivo de todos os estamentos que estructuran a enseñanza pública galega: desde a inhibición da Xunta ata o silencio cómplice dos pais.

As solucións dos demócratas foron individuales (Tí non vas) cando deberías ser un clamor colectivo.

E o sentemento democrático avanzaría en todos nós. Pero foi unha derrota na que case todos participamos.

Así que todo o mundo calou: uns porque non son demócratas e a democracia lles importa un pito, outros que puxeron as mans diante dos morros e taparon o nariz  supuñendo que a situación os favorecía políticamente e unha maioría porque non saben que á democracia compre estar disposto a defendela permanentemente porque a oligarquía (e os dictadores) téñena no punto de mira.
E permitimos que uns cantos mequetrefes (e mequetrefas), que sí tiñan claro o que facían, colocasen a DEMOCRACIA nas páxinas de contactos dun periódico calquera.

 Sabía que, da mesma maneira que en Galicia non houbo gran número de antifranquistas, escaseaban os demócratas (os dous poucos están moi relacionados), pero eses días dínme perfectamente de conta de que había aínda menos dos que eu pensaba.

Nas mans dun personal coma ese o que veu despois era para min esperable.

Xa se sabe: Nunca Máis (un éxito propagándistico inmenso) era unha marca propiedade do Bloque e o BNG perdeu 4 parlamentarios (de 17 a 13).
O PSOE recolleu as peras e ganou 8 diputados (de 17 a 25).
No Parlamento Galego 37 do PP contra 38 da suma PSOE + BNG, truxeron un goberno bipartito alucinante.

Tan rompedor e moderno, que mellor sería decir o Goberno da Santísima Dualidad: o Padre mandaba na  Conselleria de... da Xunta de Galicia e o Hijo na Consellaría de... da Xunta de Galiza. Por poñer un exemplo anecdótico daquela esquizofrenia.

Consecuencias: Feijoo en tempo de crisis repite a súa maioría absoluta, sumando tres parlamentarios máis.
Daqueles polvos este mar de lama.
As veces a democracia é vengativa.

Pero non se rinden: agora predican en galego que La calle es mía e que con AGE no se juega.

E o desprecio pola democracia e polos galegos que votan polo PP porque lles peta é un clamor:
¡Que o voto é deles e fan con el o que mellor lles parece!
¡E que o que non entende ese principio básico é, simplemente, un fascista!


¡Hai que paralos! ou o PP mandará na Xunta de por vida.

Aritmética electoral 1

Como os manipuladores, de todas as cores, a sueldo da oligarquía política andan extendendo a basura para que  non nos enteremos do que pasou o 21 de outubro en Galicia, dedicarei unhas horas do meu tempo a explicar o que non debería ser necesario explicar porque os números non admiten interpretacións.

En Galicia hai tres tipos de consultas electorales: as Municipales, as Autonómicas e as Generales.

A circunscripción electoral (ou distrito electoral) é a unidade territorial na que se contan os votos emitidos (e non emitidos: abstención) polos electores e onde se convirten, dacordo cun cálculo matemático denominado Lei d'Hondt, en cargos representativos unipersonales.

A circunscripción electoral nas Municipales é o municipio (moitos galegos confunde a menudo o municipio co concello: o municipio é un territorio (término municipal) habitado por cidadáns e o concello (corporación municipal ou ayuntamiento en castelán) é o órgano de goberno do municipio.
Como en Galicia hai 315 municipios, hai 315 cincunscripcións electorales que elixen as 315 corporacións locales (ou municipales) que logo elexirán ós 315 alcaldes.

A circunscripción electoral nas Autonóomicas e nas Generales é a provincia. Así que nestas temos catro distritos electorales que son A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Para poder participar nos procesos electorales compre ter máis de 18 anos e aparecer nunha lista denominada censo electoral.
En Galicia temos dous censos electorales:
1. CER (Censo Electoral de Residentes), lista na que figuramos todos os que estamos empadronados legalmente nun municipio galego, aínda que residamos en Pekin ou en Ponferrada. Votamos en todas as eleccións.
Os que non están en Galicia o día da votación: emigrantes, estudiantes, embarcados... solicítano e votan por correo.
Cada elector ten asignada unha mesa electoral, que unha vez escrutada (contados os votos emitidos) pasa a xuntarse con todas as mesas do municipio nas Municipales, ou con todas as mesas da provincia nas Autonómicas e Generales.
Os votos do CER son os que se contan o mesmo día das eleccións e que dan lugar ós resultados definitivos nas Municipales, e ós resultados provisionales nas Autonómicas e Generales (provisionales á espera do reconto do CERA do que falamos a continuación).
Para as Autonómicas 2012 eramos 2.299.184 cidadáns.

2. CERA (Censo Electoral de Residentes Ausentes), lista na que figuran os galegos que residen no estranxeiro e están inscritos no Registro de Matrícula de Españoles del Consulado General que lles corresponda de acordo ó seu domicilio.
Todo galego inscrito nese rexistro pasa ó censo CERA dunha das catro provincias e ten dereito a participar na elección do Parlamento de Galicia e no Parlamento de España. Afortunadamente hoxe non poder elexir ó se alcalde.
¿Por que digo afortunadamente? 
Porque un día chegou o poder un home temerario, corto de entendedeiras e risueño (¿por ser corto de entendedeiras?)




que como mandara propagar que os do PP eran franquistas e puxera en marcha o guerracivilismo (que ningún político da transición utilizara para manter a palabra dada: aceptar aquelo de ¡Libertade, Amnistía, Estatuto de Autonomía!, que berrabamos nas rúas as xentes de esquerda, e mirar cara o futuro), decidiu que tamén lle había que dar dereito a votar ós fillos dos españoles e ós netos deses mesmos españoles sempre que algún dos abuelos fose un exiliado político, e decir do bando perdedor da guerra civil española

La Ley 52/2007 dice:
1. "Las personas cuyo padre o madre hubiese sido originariamente español podrán optar a la nacionalidad española de origen". Es decir que se reconoce el derecho de opción a la nacionalidad para aquéllas personas cuyo padre o madre hubiera sido originariamente español.
2. Este derecho también se reconocerá a los nietos de quienes perdieron o tuvieron que renunciar a la nacionalidad española como consecuencia del exilio".
Supoñía este home que nunca traballou que votarían por el (tamén lle quixo dar o voto ós inmigrantes non legalizados e que votasen os maiores de 16 anos). Este personaxe que dixo, sendo presidente da nación española, que La nación española es un concepto discutido y discutible solo pretendía manterse no poder a costa do que fose.
E así que cando a Ley de Memoria Histórica de don José Luis Rodríguez Zapatero dictou que os netos dos exiliados podían facerse españoles, os cubanos falaron da fábrica de españoles.

¿Quién puede negar que mi abuela gallega fue una republicana que tuvo que exiliarse?, diría un mozo arxentino coa labia que os caracteriza.
Houbo do orden de 250.000 solicitudes e ó redor de 117.000 novos españoles.

É o que sucede cando alguén que é capaz de decir en público que La tierra no pertenece a nadie, salvo al viento é o home máis poderoso de España:
unha muller de Escairón de 25 anos marcha para Venezuela unha vez terminada a Guerra Civil, poñamos que no 1940. No 1942 cásase e no 1950 ten catro fillos (o índice de natalidade das galegas era daquela alto). Ningún dos catro fillos puxo nunca un pé en Galicia.  En 1980 eses catro fillos casan e no 1990 teñen dous fillos cada un. En 2012 todos teñen máis de 18 anos. 
Antes podía votar solo a galega que emigrou: con Zapatero son 13 os electores desa familia.

Ata fai uns poucos anos votaban tamén nas Municipales, nas que en boa lóxica solo debían votar os veciños. Resulta que era veciño meu o neto dunha galega que non tiña nin idea de que existia un río denominado Mandeo que atravesaba o noso común municipio.

E, como sucede sempre, chegaron os trapicheos da oligarquía política e con eles a corrupción.

¡De tolos!

No CERA están inscritos para aestas eleccións 395.340 galegos e descendentes de galegos. O escrutinio faise unha semana despois das eleccións, e cando se xuntan os escrutinio do CER con escrutinio de CERA temos os resultados definitivos das Eleccións 2012 ó Parlamento de Galicia.

Daquela xa entenderemos perfectamente o cuadro que ven a continuación, no que aparecen os dous censos electorales repartidos nos catro distritos electorales.

Cincunscripción electorarCenso CER Censo CERATotal electores
A Coruña950.487137.1471.088.343
Lugo294.78455.818350.778
Ourense275.15588.270363.868
Pontevedra778.803114.104893.524
Galicia2.299.229395.3402.696.513

Como nestes momentos no Parlamento de Galicia hai 75 asentos (Feijoo prometeu rebaixalos a 61) faise o reparto deles por circuscripción electoral de acordo cos seguintes criterios:

La circunscripción electoral es la provincia.   El número de diputados del Parlamento de Galicia es de 75. A cada una de las  provincias le corresponde un mínimo inicial de 10 escaños, distribuyéndose los 35 restantes en proporción a su población. Para ello:  
  1. Se obtiene una cuota de reparto resultante de dividir por 35 la cifra total de la población de derecho de las provincias de Galicia.
  2. Se adjudica a cada una de las cuatro provincias tantos Diputados como resulten, en números enteros, de dividir la población de derecho provincial por la cuota de reparto.
  3. Los Diputados restantes se distribuyen asignando uno a cada una de las provincias, cuyo cociente obtenido tenga una fracción decimal mayor.
Esa norma provoca o seguinte reparto de diputados por distrito electoral:

Cincunscripción electorarCenso total ParlamentariosVotos por parlamentario
A Coruña1.088.3432445.348
Lugo350.7781523.385
Ourense363.8681425.991
Pontevedra893.5242240.615
Galicia2.696.5137535.954

Como se pode ver, obter un diputado do Parlamento Galego pola circunscripción electoral da Coruña costa o doble número de votos que se ese parlamentarios fose elexido na circunscripción electoral de Lugo.
O voto dun lugués vale o doble que o voto dun coruñés.

Para rematar esta disertación sobre o noso sistema electoral, nas democracias o poder reside no pobo soberano e non en ningunha tribu (mellor ou peor organizada) que se dedique a pensar por nós, decir que para poder entrar no reparto de asientos hai unha barreira:

La barrera electoral, es decir el porcentaje mínimo de votos que una candidatura necesita obtener para poder acceder a la distribución de escaños es del 5%.

O que escribiu o texto debería especificar que a barreira electoral é do 5% dos votos válidos por cincunscripción electoral (por provincia), xa que a barreira electoral tamén podería ser aaplicada ó total dos votos.
Desa maneira enténdese que non contan nin a abstención nin os votos nulos, porque non son votos válidos, sin embargo os votos en blanco sí.
Votar en blanco, que supón o máximo nivel de compromiso democrático que un elector pode asumir: vou votar (son un demócrata) pero non acepto nin o Sistema Electoral nin a Ley de Partidos vixentes na actualidade, pode impedir que un partido novo consiga ese 5% mínimo.

A transformación de votos en parlamentarios faise aplicando un cáculo matemático que practicaremos aquí para que todo quede o máis transparente posible:

El reparto se realiza de acuerdo con la regla D´Hont, como en las elecciones generales

Expertos en comunicación 2

Para dar o meu punto de vista sobre a campaña electoral voume convertir no asesor imaxinario (con poder de decisión e sin cobrar un céntimo) do Goberno do PP.


Parámetros de partida

1. O PP goberna en Madrid e os apoios que lle deron a maioría absoluta están en retirada debido ós recortes  e a falta de liderazgo de Rajoy.

2. Non hai cartos.
Presupostos 2009 da Xunta de Galicia cando chega Feijoo: 11.792 millóns de euros.
Presupostos 2013 da Xunta de Galicia cando Feijoo se vai: 8.481 millóns de euros.
3.311 millóns de euros menos para gastar anualmente, un 28 % menos, que cando chegamos.
Temos 500 mil millóns e pico de pesetas menos para gastos ó ano que cando ganamos as eleccións 2009 cunha maioría absoluta xusta: 38/75.

3. Os recortes en educación, sanidade, prestacións sociales ... xeneran colectivos agraviados que restarán votos.

4. Os funcionarios perderon poder adquisitivo e agora vanse quedar sin a paga extra de Nadal.

5.



 A galega é unha poboación envellecida, sobre todo en Lugo e Ourense.

6. Contratos para o naval en Ferrol e Vigo, chegados coma auga de maio.

7. Somos a Comunidade máis solvente de España.

8. O noso partido ten unha estructura que chega ata o último recuncho da aldea máis apartada da Ribeira Sacra.

Primeira conclusión

Se casi a mitade dos galegos votan por Feijoo, é moi probable que ata a un 30% deles se viran afectados pola crisis e/ou polos recortes, daquela probablemente se lle pase pola cabeza deixar de votar ou facelo por outros partidos. Importancia dos pensionistas.
Pouco trasvase de votos doutros partidos ó PP ó non poder acometer inversións públicas.
Cos que cumpliron 18 anos nestes catro anos pouco se pode facer estando o paro xuvenil no 50 %. Pola contra serán fácilmente movilizables por  parte da oposición.
É prácticamente imposible manter a maioría absoluta se a oposición non axuda un pouco.

Expertos en comunicación 1

O resultado das Autonómicas apenas me sorprendeu: apostaba porque Feijoo melloraría (pero non tanto), que a AGE entraría con forza (pero non tanto), que CxG non entraría (pero que obtería máis votos), que PSOE se estrellaría e que o BNG tamén (pero non tanto).
Apostaba por

 PP (40), PSOE (19), BNG (10) e AGE (6)

Aínda que non acertei, os verdadeiros expertos saben que as liñas fundamentales (as directrices) dos comicios están perfectamente recollidas.

Botándolle coraxe seguín un tempo as mesas de analistas da Televisión Galega e de V Televisión. A conclusión a de sempre: o nivel medio dos analistas está á mesma altura do da clase politica e a representatividade sindical: INSUFICIENTE.

Lugares comúns, retórica predecible... nin unha sola idea novedosa.
Non recordo ben en que institución científica USA, o frontispicio da porta de entrada recollía algo asi como: Se cres que un elefante pode voar e estas disposto a explicar por que, entra, tes traballo.
Pola contra, na Universidade galega (e na española) o que entraba era aquel que mellor escribía ó pé da letra o que o todopoderoso catedrático explicaba (non sempre ó nivel que se supoñía). De aí nace un monstruo insaciable que é capaz de deglutir todos os recursos que dos nosos impostos lle chegan. Para entender ese reino do nepotismo chega con ver as sagas familiares colocadas de por vida na USC.
Esto veume a cabeza porque moitos dos analistas políticos eran profesores universitarios.
En lugar de analizar para clarificar, seguir mandando a mensaxe da tribu:

o señor Ernesto Sánchez Pombo, Xefe de Opinión de La Voz de Galicia nos tempos do Prestige (inolvidables os seus escritos daquela época. Debería recollelos nun libriño e levalos polas feiras. Nos momentos duros son os homes con coraxe os que se teñen que enfrentar cos que vapulean as institucións democráticas. Non era o caso deste home. En pago fixo pregóns) aproveitaba para zurrarlle a Rajoy: se pide agora o rescate é un miserable (paréceme que foi o término que utilizou).



José Luis Gómez, que foi director de La Voz de Galicia e de Xornal.com, o periódico dixital, e máis tarde en formato papel, que o constructor Jacinto Rey puxo á disposición do BNG de Quintana en tempos do bipartito, repetía machaconamente a doctrina de Todos contra Feijoo. Falaba do PP e da esquerda todo o tempo.

Supoño que o senor Gómez sabe que se presentou varias veces unha candiatura denominada Galeuscat.
Decir Galeuscat equivale a sumar BNG + PNV + CiU.
Se lle preguntamos ós cataláns diránnos que CiU é a dereita nacionalista catalana, se lle preguntamos ós vascos diránnos que o PNV é a dereita nacionalista vasca e se lle preguntasemos ós galegos deberían decirnos que o BNG é a dereita nacionalista galega.
E tan elemental que ofende ter que escribilo.
Pero non: os homes coma o señor Gómez predican (e teñen éxito) que o BNG é a esquerda nacionalista.
Para a xente que teña certa capacidade de relacionar unhas cousas con outras (esa é a definición de intelixencia) personas coma estas forman parte da corte que a oligarquía necesita para seguir indo ó carrenchín do pobo traballador.
Unha persona con decoro diría dun lado o PP, do outro a esquerda e os nacionalistas. O señor Gómez repite dun lado o PP, do outro a esquerda.


Alguén que é capaz de deglutir que en Galicia non hai nacionalistas de dereita, traga o que lle boten.
Coma os porcos.
Sucede que a doctrina oficial pontifica que as dereitas catalana e vasca non son franquistas e o PP é a (extrema)dereita española.
¡Que listos estes estadistas!
Se aceptamos, como eles din, que Esperanza Aguirre e a xefa da extrema dereita española e constatamos que na Comunidade de Madrid Aguirre gana en 171 dos 172 concellos e en 20 dos 21 distritos da capital, habería que botarse á rúa a berrar Madrid fascista, fuera de la pista (do Yohakin).

Pero resulta que ese Madrid fascista é o que máis axuda a pagar as pensións dos xubilados galegos.
Haberá que repensar as cousas e mandar a tomar viento ós que falan coma o señor Gómez.


Tamén me chamou moito a atención a visión emotiva e as loas a Feijoo dun articulista da Voz que leo con gusto. Aínda que o situaba noutras coordenadas, sempre terán o meu apoio todos aqueles que dinamiten o cordón sanitario que ese indixente intelectual chamado José Luis Rodríguez Zapatero teceu a redor do PP, tirando polo chan o modelo de país democrático europeo para España.


Polo que a min toca dúas apreciacións:

1. Unha das pólas do meu árbol xenealóxico é votante fiel do PP, e non estou disposto a permitir que ningún mequetrefe os califique de salvaxes. Aínda que o miña xoia sexa doctor por Nanterre e a súa tropa tropecientos.

2. O de nacionalismo de esquerdas é unha frase que ten un uso restrinxido:
     2.1 A expresión pode utilizarse cando se trata de etiquetar o movento de liberación dunha
colonia  na súa loita de emancipación contra a explotación dunha (case sempre lonxana) metropoli.
     2.2 Cando ese caso non se da os ous términos da expresión son antitéticos, e nacionalismo de esquerdas equivale a conservadurismo de esquerdas.

Daquela paréceme ben que os que consideran que Galicia é unha colonia (o nacionalismo interior, tan popular no seu momento) se autocalifiquen de nacionalistas de esquerda (a aplicación é biunívoca: se te declaras nacionalista de esquerdas implica que aceptas que Galicia é unha colonia).

Claro que para eso compre aceptar que unha rexión de Europa autogobernada, que forma parte do Estado español, é unha colonia de ¿Madrid?

¡Alá cada un!

ANEXO I
Cando se medra nun ambiente de esquerda seria, móveste nun entorno con moitas cousas en común e compartes uns planteamentos políticos que dan por sobreentendidas moitas cousas.
Pero dentro da esquerda política, da vella esquerda política antifranquista, hai de todo. Hai de todo no que non deixa de ser unha Axencia de colocación.
Despois do primeiro ano de goberno de Zapatero, polo que eu lóxicamente non votei,  cheguei a conclusión de que o PSOE no que mandaban estes



era un peligro para o sistema democrático imperante en Europa, no que eu quería vivir.

Se mandan estes e ninguén protesta é que todos están de acordo, pensei. Desde aquel momento o PSOE pasou a ser para min marxinal. O razonamento non era o de moita xente honrada e honesta e uns cantos corruptos en xeral. O enunciado valía para os militantes de base, pero nos cargos con poder os honrados e honestos eran minoría. O tempo deume a razón con moita máis intensidade da que supoñía, aínda que coñezo moita xente como é debido que milita na socialdemocracia.

E, coma sempre, defendín a democracia participando na creación de Ciutadans de Catalunya e de Cidadáns por Betanzos.

Tratábase de frenar a maquinaria posta en funcionamento por dous indixentes intelectuales (José Luis Rodriguez Zapatero e José Blanco) sin que ninguén rechistase:  nin no PSOE, nin nas forzas parlamentarias que apoiaban a Zapatero (todas menos o PP).

Desapareceron os sobreentendidos e cos que tiña unha relación de amistade discutía: eles decían que lle faciá o xogo ó PP, que era precisamente a consigna do todopoderoso e ágrafo Zapatero. Outros, máis interesados na Axencia de colocación, decián que eu me volvera de dereitas. Coma sempre unhas cantas excepcións: catro. En todo o meu entorno político, as relacións amistosas non deben (ou non deberían) mezclarse coas cuestións políticas, había solo catro personas que se decían de esquerdas que eran demócratas.

Hoxe leo que todo o PSOE di o que eu decía hai máis de sete anos, e non queren oir falar nin de Zapatero, nin de todos os que estaban con Zapatero. ¡Manda carallo!

Á xente á que me refiro non ten nada que ver con Betanzos, pero de Betanzos poderiamos falar largo e tendido.
Por exemplo, en 1977 e deixando aparte os insultos, o máis decente que dixeron os dirixentes do PSOE de CxB é que eramos a dereita do PP (se daquela para PSOE e BNG os do PP eran franquistas, os de CxB debiamos ser Fuerza Nueva, cando probablemente un par de membros da candidatura tiñamos máis antifranquismo ás costas que toda a candidatura do PSOE) e que non eramos demócratas porque o alcalde tiña de ser Manuel Lagares que viña de sacar cento e pico votos máis que o PP.
Como o sistema democrático é un sistema representativo, no pleno había 6 do PSOE (que non socialistas) e  6 populares.
Non importaba: se algo ten o caciquismo é que se cre lexitimado para darlle unha interpretación ó seu antoxo ás leis.

Catro anos despois, no 2011, no Pleno Municpal sentábanse 6 do PSOE e 8 populares.
O noso Alcalde, que foi elexido cos votos de BNG e CxB, declaraba que fora elexido rexidor cos votos progresistas.

Agora xa non supoñía un ataque á democracia o feito de gobernase un con seis cando outro tiña oito. Non era un ataque porque o que é democrático e o que non o é decidíano os dirixentes do PSOE de Betanzos: o que me convén é democrático, o que non me convén non.

Tamén é chamativa a potestade do Alcalde de Betanzos para pasarnos de franquistas a progresistas.
¿Por que as xentes de CxB pasaron de franquistas a progresistas? Porque así o dictaminaron os dirixentes do PSOE de Betanzos: o que me apoia é progresista e o que non franquista.
¡Moito deberon de correr os dirixentes do PSOE de Betanzos diante dos grises para falar con esa rotundidade!

Hai comportamentos que non deberían aceptarse en personas que exercen cargos de representación colectiva na democracia. Son o cáncer responsable de que a clase política sexa o terceiro problema para os españoles. Pero, aínda que pareza mentira, moita xente sigue tendo medo de expresar libremente o que pensa. Aparte dos que se sometan e permiten que pensen por eles.

Que ninguén interprete esto, que se me ocurriu lendo un periódico dixital, con ningún tipo de apoio ós catro anos desastrosos de goberno municipal de María Faraldo, nin a incompetencia de CxB para levar a cabo a laboura que os betenceiros lle encomendaran.

Non falo de personas: falo de democracia e de respeto por todas as opcións políticas que aceptan os principios constitucionales.

Tamén no BNG de Betanzos algúns decían que eu era un dereitoso.

España é un estado autonómico con 47 millóns de habitantes e 400.000 cargos políticos.
Alemania é unha república federal con 82 millóns de habitantes e 200.000 cargos políticos.
Solo os políticos profesionales poñen en duda que a política en España sexa unha Axencia de colocación a dedo.

Mentras Cada día abandonan Galicia 70 jóvenes entre 20 y 34 años.
A bon seguro que entre eles non viaxan nin fillos nin sobriños dos políticos profesionales.

Compromiso por Galicia

É a única forza política galega que abre unha cancela cara un novo terreo. Será mellor entreabre, pois hai certo descontrol ideolóxico cando se mezclan declaracións que falan de cidadáns e herdeiros dos galeguistas dos anos 30 con outras que barruntan soberanismo cívico e ser o Partido Nacionalista Escocés.

Sei do que falo cando digo que son os menos aqueles que militando no nacionalismo, ó deixalo rompen con toda a  estética e a retórica sectarias que practicaron durante un tempo.
Por eso algúns non quixemos desde o principio, nos primeiro 70, seguir o camiño que transitaban eufóricos outros.
Os realmente demócratas, honestos e con cabeza, son os únicos que poden retomar comportamentos de esquerdas, internacionalistas e solidarios, despois de andar, dálle que dálle, con toda a vestimenta propia da dereita, incluso da extrema: a saber, himnos e bandeiras ó vento.
Eles eran nacionalistas galegos e os galegos que non o eran, covertíanse por decreto en nacionalistas españoles.
Non quedaba terreo libre pois estaba repartido: todo quisque era nacionalista.
¿Como poido a xente de esquerdas aceptar esta estupidez?
¿Era realmente de esquerdas a que o aceptou?
¿Como é posible un pé de foto en La Voz de Galicia na que sindicalistas (de profesión) de CCOO, no aniversario da morte de Marcelino Camacho (que foi responsable do meu sindicato) digan Marcelino era partidario da liberdade dos pobos?

¿Por que a esquerda oficial adopta comportamentos da dereita?: estiven en Barcelona nas últimas Autonómicas catalanas e vin como Esquerra Republicana de Cataluña repartía


Podo decir que desde o franquismo nunca vira tanto fascista xunto.
A reposta a ese porqué é sinxela: como viñamos do franquismo, todo o antifranquismo era de esquerdas ou, ó menos, progresista.

¿Como conseguir que Franco seguise vivo? Pois, ó ter o control total dos medios de comunicación, lanzar a campaña de manipulación e propaganda, agitprop dinlle, que máis éxito tivo en tempos dese agráfo desvergonzado que se chama José Luis Rodríguez Zapatero: PP = Franquismo.
¿Imaxinan ó Partido Socialista francés falando da xeralizada colaboración dos franceses con Hitler ou á esquerda italiana recordando o apoio que os italianos lle deran a Mussolini?
Imposible porque son demócratas e pensan que eso trae consigo un respeto por todas as opcións políticas que aceptan as reglas de xogo constitucionales. E porque miran polo interés do país que pretenden gobernar

Pero don José Luis Rodriguez Zapatero era un indixente intelectual que, xunto con outro indixente coma el chamado José Blanco, pensaron que había que establecer un cordón sanitario para evitar que os máis de nove millons de españoles, franquistas según eles, que votaban democráticamente ó PP non contaminasen ó resto do país.

E volvemos á Guerra Civil: en horas punta da TVE guerracivilismo, co da Memoria Histórica  (e Garzón) guerracivilismo, co do Valle dos Caídos guerracivilismo...

Nin unha sola declaración de defensa da democracia dentro do PSOE (Pablo Castellanos, Gómez Llorente e Francisco Bustelo xa non eran a voz respetada de Izquierda Socialista), nin en IU, nin no BNG...
Importáballes un pimento o sistema democrático, a súa única meta era a conquista do poder a toda costa, e manterse nel, tamén a toda costa.
Mentras don José Luis Rodríguez Zapatero arruinaba este país gastando en 2011 90 mil millóns de euros máis dos que ingresaba. Noventa mil millóns de euros son 15 billóns de pesetas.

Desde ese momento para min o PSOE empezou a ser un partido prescindible, para Julio Anguita tamén, no que a corrupción avanzaba coma o lume en setembro polos soutos e carballeiras galegos. Hoxe hai outra denuncia, desta de IU, por corrupción contra outro alcalde do PSOE (decir socialista paréceme unha blasfemia) de Andalucía.

Os cidadáns que defendiamos para España un marco de convivencia similar ó que imperaba nos paises democráticos europeos eramos de dereita ou de extrema dereita, según o vento que soplase e os cartos de todos da correspondente subvención circulasen ou non.

¡Canto miserable entre os profesionales da política!
¡Cantos homes e mulleres sometidos vivindo con un!

Pero estabamos falando de CxG.
Se queremos unha Galicia democrática gobernada desde Compostela, coas marxes competenciales que a Constitución permita en cada momento, necesitamos un partido que recolla o galeguismo democrático, desde o conservador ata o galeguismo de esquerdas, pasando pola socialdemocracia galega.
Os únicos garantes do estado democrático de dereito son a Constitución e o Estatuto de Autonomía. Libertá, Amnistía, Estatuto de Autonomía berrabamos nas rúas os que tiñamos a coraxe de facelo. Normas que por suposto son modificables.

¿Será capaz CxG de ocupar ese territorio?: o que fala de cidadáns e galeguismo sí, o que fala de soberanismo cívico nin por asomo.

¿E os candidatos de Compromiso?


Do tal Bascuas non sei nada, salvo que tivo cargo no bipartito Touriño/Quintana. Ese feito di pouco ó seu favor. Carisma non paece ter moito, pero outros que o teñen non dicen máis que tonterías. Pero lin que era un home sinxelo (que sempre significa que non é un simple), comparen o seu vestir co  estudiadísimo desorden indumentario do profesor Beiras, o que ós leiras (que temos ese olfato a herba seca que nos permite detectar ós señoritos e ós que queren selo) nos satisface especialmente.


Ó exsenador por Ourense escoiteino falando dun Senado prescindible no tono leira que temos os que mamamos en galego no rural.
O Carballido deume cursos de viti/vinicultura en Guísamo e paréceme un home ponderado.



Logo está o betanceiro que foi un brillante alumno meu, e que polo que leo aínda non se fixo a pregunta fundamental: ¿pode ser nacionalista hoxe un galeguista de esquerdas?
A resposta a esa pregunta sitúao a un a unha marxe ou a outra do río do pensamento político universalmente aceptado: dun lado o internaconalismo solidario que rompe fronteiras e bandeiras, no outro o control dos comerciantes que poñen fronteiras e aranceles, e desfilan coas bandeiras ondeando detrás da fanfarria que interpreta unha marcha militar á que lle din himno.
Sentirse español e europeo en Francia, e galego e español en Madrid ou Barcelona, por un lado, ou andarlles explicando ós franceses jacobinos que ti eres galego e non español (a bon seguro de sonrirán), ou tratando de convencer a un extremeño que ti eres galego e europeo pero non español.

Necesitamos unha Galicía de hoxe que axude a artellar un país democrático respetuoso cun estado de dereito solidario que nos permita disfrutar de prestacións que sin esa solidaridade non poderiamos manter, e que tamén nos abra as portas dunha Galicia do futuro que non sabemos como será.
¿Elucubramos coa Galicia do futuro? Non merece a pena, se traballamos todos xuntos remando no bon rumbo podemos estar seguros de que os galegos do mañá elexirán o mellor porto.

¿Que sucederá o domingo? CxG non existe prácticamente nos medios de comunicación en mans de poderes ós que a opción non lles convén. Por outro lado á xente seria que non transforma a política nun espectáculo adolescente e esperpéntico.

danlle menos cancha.

Eso ten un inconveniente: a colleita electoral será escasa, e unha ventaxa: cada unha das papeletas ten o valor engadido de que está alí porque o que a mete está comprometido co que fai á marxe da propaganda.
Daquela deberán os dirixentes valorar concello por concello o número de galeguistas e elaborar a modiño a táctica e a estratexia políticas de cara ás Municipales 2015.

¿Pode un vello galeguista de esquerdas, partidario dunha Gailicia autogobernada dentro dunha República Federal Española


ou dunha República Federal Ibérica



votar por Compromiso por Galicia?

 Pois polos de cidadáns e galeguismo evidentemente,  polos que a día de hoxe predican unha Galicia independente, e como consecuencia indixente económicamente, nin pensalo. Para votar por eso xa tería un as ofertas de AGE e do BNG.

A xente seria e honesta non debe andar xogando coas pensións e a Seguridade Social dos galegos.

Así que, como penso que compre botar unha man e animar ós CxG betanceiros para que artellen  unha candidatura municipal no 2015, paréceme que o domingo, despois de anos de abstención nas Autonómicas, pasarei polo Liceo.

Xa sei que solo é unha papeleta, pero para min é importante porque é a miña papeleta.

Este amigo meu que ven a continuación non votaba e atrevíase a decir que certa esquerda era a antesala do fascismo. Era un xenio anarquista e antiautoritario. Provocador imprescindible para contrarrestar as profecías dos profesionales da política e da comunicación, e trazar un camiño polo medio: máis arrimado a Léo no meu caso.


De xente así aprendería incluso o ilustrado profesor Beiras, ó que lle teño lido traduccións do francés.
Moito máis brillantes que ás deste fillo dun labrego lugués, desde logo: non é mesmo trazar regos e acadullas na dermis dunha terra sempre a barbeito, que graduarse pola Escola de Comercio da Coruña.
Con esto non pretendo quitarlle mérito a don Manuel Beiras nin ó seu fillo, faltaría máis. Máis ben todo o contrario: eran moi poucos os que empuxaban a barca galega e teñen o meu respeto ad eternum.
O que sucede é que ó escoitar estes días os discursos antidemocráticos deste home un chega a conclusión de que movilizará uns cantos para coller a súa papeleta, pero levantará a moitos máis que tiñan pensado quedar na casa e agora verán a Feijoo coma o baluarte contra a insensatez.
Verémolo o domingo.

Felicitar por adiantado ó ganador deste proceso democrático ó que costou moito esforzo ter dereito, ata o punto de que uns cantos tiveron que pagar coa súa vida un 10 de marzo que vestía de gris.




Un punto de vista personal

Despois do dito na última entrada queda claro que PP, PSOE e BNG son, para min, pura e caduca oligarquía posfranquista.
Sobre a corrupción socialista, que para o PSI (Partido Socialista Italiano de Bettino Craxi) supuxo a desaparición, siguen os feitos corroborando día a día que o PSOE é o lider destacado da corrupción: deteñen a mafiosos chinos en Fuenlabrada, e con eles a un actor porno e a un concelleiro. ¿Adivinan de qué partido é o edil? (El País e El Mundo).

Ademáis do trio , presentan candidatura:


Non perderei o meu tempo falando do que foi modelo engominado de triunfador español.


Esta muller, que foi Consejera do Goberno Vasco polo PSOE, pactando co PNV, dirixe unha formación que ten a súa razón de ser, pero que en Galicia nunca representará gran cousa. Equiparan, na súa ignorancia, a estructura politíca galega ás de Cataluña ou o País Vasco. Que esta muller non sepa que os galegos non somos nacionalistas (nin españoles nin galegos) é normal, que a xente capaz que ten no seu partido non o vexa non resulta moi esperanzador que se diga.


Desta parella sei algo máis.

O profesor Beiras é un deses políticos esperpénticos que tanto éxito teñen e que tanto daño lle causan á democracia. Como é un home intelixente, cabe pensar que non é un demócrata. Algunha discusión teño tido.  Non conforme con calificar de barbarie e franquistas sin Franco ó 52,52 % dos galegos que votaron polo PP nas últimas Eleccíons a Cortes, remata de cabeza (parece que desordenada) declarando que Feijoo está matando máis xente que nengún grupo terrorista do Estado español.
É unha desgracia que personaxes coma este, cunha adicción ó poder e ó protagonismo patolóxicas, sexan un referente para alguén. Pero xa teño dito aquí que o problema que temos para ser unha esquina verde e democrática é o déficit de demócratas.

Yolanda Díaz, cando coincidín con ela sempre vestía de rojo,  é filla  dun sindicalista de Astano que foi Secretario Xeral de CCOO de Galicia (daquela o meu xefe), Suso Díaz. Sin chegar ó protagonismo do trío Pillado-Amor-Rioboo, foi un home serio e capaz.
A señora Díaz é un producto típico da suma PCE + CCOO, que tanto protagonismo tivo no Ferrol franquista, e que logo acabaron sendo unha rémora cando a nova esquerda pedía paso.
Soña o que pensa que a señora Yolanda ten un adarme de espíritu renovador.

Analizar o seu recorrido político é interesante porque nos permitirá ver o transcurrir político dunha das cidades que foi punta de lanza do antifranquismo galego.

MUNICIPALES DE FERROL

Concelleiros 1999:  PP (9), BNG (8), PSOE (5), IF (3). Total 25 concelleiros. Pacto PSOE + BNG. Alcalde Xaime Bello (BNG). ¿Onde están os 5 concelleiros que tivera EU no 1987 e no 1991?

Concelleiros 2003: PP (7), BNG 86), IF (6), PSOE (4), EU (2). Pacto PP + Independentes por Ferrol (IF). Alcalde Juan Juncal (PP).

Concelleiros 2007: PSOE (9), PP (7), EU (4), IF (3), BNG (2). Descalabro do BNG. Pacto PSOE + EU. Alcalde Vicente Irisarri (PSOE), Primeira Teniente de Alcalde Yolanda Díaz (EU).

Concelleiros 2011: PP (13), PSOE (7), EU (2), BNG (2), IF (1). Maioría absoluta do PP: alcalde José Manuel Rey.
¿Que pasou en Ferrol entre 2007 e 2011 para que o PP obtivese o mellor resultado da historia nesa cidade?

¿Sería porque o tal Irisarri era surfista?
¿Ou porque Yolanda Díaz defraudou e por eso EU perdeu a mitade da súa representación municipal?

Como falamos da señora Díaz, compre recordar que houbo dimisións de concelleiros  e acusacións por pare das bases de EU polos salarios escandalosos que aprobaron os representantes da esquerda (je,je): Irisarri: 73.000 euros/ano (un dos alcaldes que máis cobraba de España) e os concelleiros con dedicación exclusiva: 50.200 euros/ano.
Agora, seica, Yolanda Díaz é aire fresco.

¿E a corrupción en IU?


Lean, é moi intereasante, o que escribe unha persona de esquerdas desas acusacións.
O desta Esker Batua corrupta no País Vasco parecese moito ó camiño que EU ven de iniciar en Galicia.

En Andalucía a cousa é moito máis seria:
en Sevilla
alcaldes
alcaldesas
a mesma alcaldesa
outro alcalde
outro alcalde
outro alcalde
máis alcaldes
outro alcalde
un antigo dirixente de CCOO (si a UGT = PSOE, antes CCOO = IU)...


Escoiten o que di o Xefe cando lle preguntan porque o páxaro iba nas listas. Teño a absoluta convicción de que este home é corto de entendedeiras.


Bótenlle unha vista a esta páxina na que enumera a corrupción en Andalucía.
Deixando de lado a corrupción da Xunta de Andalucía  gobernada polo PSOE (ERES falsos) e o asunto de Mercasevilla que alcanza a PSOE e IU, temos en Andalucía e no intervalo 2005 - 2012:

PSOE: 38 casos de corrupción
PP: 24 casos de corrupción
IU: 7 casos de corrupción.

Pois coma nos outros tres (PP - PSOE - BNG), IU é a terceira pata do banco no que senta a oligarquía posfranquista a nivel español. ¡Parece mentira que non haxa a mínima crítica cando se declaran defensores dos desfavorecidos e a corrupción é a maior lacra en contra da xusticia social!


O invento de AGE non ten nada novo: é unha copia da ICV catalana, esa que agora aposta pola independencia de Cataluña.

Cando o PSUC (os comunistas catalanes, que agora forman parte de ICV) se fixo nacionalista, un dos seus dirixentes, Francesc de Carreras,


declarou máis ou menos que deixaba o partido porque el era de esquerdas e unha persona de esquerdas é, por definición, internacionalista e solidaria. E ser solidario para que unha familia extremeña chegue a fin de mes é algo elemental.
Lean o que di dun home de esquerdas, Paco Fernández Buey, e dun de dereitas (moi de dereitas), Artur Mas.
Con este pacto dilúese a posibilidade dunha Esquerda Unida federalista e republicana


Nótese o tendenciosa que é a presentadora (a que entrou en TVE a pesar de que había duascentas e pico plazas e ela sacou o número mil e pico).

Pedro Escobar foi reelexido Coordinador General de IU de Extremadura  con 131 votos a favor e dúas abstencións.
Escoiten o que conta un indixente intelectual desa aplastante maioría democrática


Esta AGE perderá o voto (seino) de moitos votantes galegos de EU cun pensamento de esquerda verdadeiro (poucos), pero ganará votantes amantes do espectáculo e dos que queren parecerse a ós que os medios de comunicación din que son de esquerdas (moitos).
Así é a sociedade galega.

E mentras Cada día abandonan Galicia 70 jóvenes de entre 20 y 34 años, solo nos queda falar de Compromiso por Galicia.

No hay pan para tanto chorizo

Ainda non rematou a Operación Campeón, a pesares de que dimitiron por corruptos tanto o que foi Conselleiro da Xunta polo BNG, Fernando Blanco


coma o diputado no Parlamento Galego polo PP , Pablo Cobián


e sigue procesado o que para min é o máis corrupto de todos (desde que saíra na prensa a súa xestión cando era Secretario das Xuventudes Socialistas de Galicia), o ínclito Ministro do PSOE José Blanco


cando empeza a Operación Pokemón (para que rime).

Desta xa dimiteu o Alcalde de Boqueixon do PP , Adolfo Gacio, (aínda que sigue inexplicablemente de concelleiro)


e o concelleiro responsable de Deportes, Vivenda pública e Rehabilitación do Concello de Ourense polo BNG, Fernando Varela


e, coma sempre, o peixe máis gordo ven sendo do PSOE, o Alcalde de Ourense ( a terceira cidade de Galicia), Francisco Rodríguez


Deste Rodríguez pode un sacar certas conclusión:
profesor de Tecnoloxía dun Instituto,
FETE-UGT
concelleiro en Ourense polo PSOE
 Alcalde de Ourense polo PSOE
dimisión por corrupción.
UGT e PSOÉ a mesma cousa é.

¿Por que foi o do PP o único que entrou esposado nos xuzgados?


¿Non será que entre os chorizos tamén hai categorias?
¿Ou será porque uns teñen amigos na policía e outros non?

Pero o personaxe máis interesante da Pokemón é un tal Francisco Fernández Liñares, tamén do PSOE


"el concejal que citaba a Rosa Luxemburgo ante empresarios"
O tal Liñares foi concelleiro de Urbanismo e Facenda (xa saben que todos pelean por ser concelleiros de Urbanismo e sempre o colle o que máis poder ten) con José López Orozco, o actual Alcalde de Lugo polo PSOE que xa estivo imputado na Operación Campeón.


O tal González Liñares tivo que declararse corrupto a soldo das empresas porque tiña anotado todo na casa.
"No sabía que el Vega Sicilia fuera tan caro", parece que dixo.
Despois de deixar de ser concelleiro en Lugo nomeárono Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, un chiringuito deses que todos pagamos e no que os políticos métense eles, os seus fillos, as mozas dos seus fillos, as queridas, os primos, as fillas dos dirixentes do partido ... non forzosamente nese orden.

O BNG non ten sorte (sempre mantiveron que eles eran os único honestos e neste Outeiro, noutros tempos, fun acusado de metelos no mesmo saco que os demáis), pois coindiron no xuzgado co Teniente de alcalde da mesma Corporación ourensana, Alexandre Sánchez Vidal que fora o cabeza de lista do BNG
 

tamén era Teniente alcalde polo BNG na mesma Corporación Andrés García Mata.


Tamén está no baile o que foi Director Xeral de Turismo na Xunta do bipartito David Cortón, tamén do BNG


e con el tamén está implicado o seu Xefe de servicio, Elías Domínguez, tamén do BNG.
Tiveron que dimitir todos.

Aí os teñen fai uns días declarando no xuzgado


acusados de cohecho, prevaricación e falsedade documental.
Tratábse duns paneles de anuncios e de oito millós de euros de ingresos anuales.
Unha tontería.
O chocolate do loro.
Case seguro que non acabarán entre rexas.
Non lles interesa ás outras tribus da oligarquía: hoxe por tí, mañá por min.

Non pasa nada.


Estamos en campaña electoral e a ningún destes tres integrantes da oligarquía posfranquista se lles ocurre falar de cambiar a Lei electoral e a Lei de partidos para para devolverlle o control da democracia ós seus donos: os cidadáns de Galicia.
Para que se hai centos de miles de galegos que antes eran subditos de Franco e agora están encantados con ser siervos desta tribu corrupta.
Probablemente xa non merece a pena darlle máis voltas ó membrillo.
Ó mellor non mereceu a pena a barricada contra o pequeno militar fascista de Ferrol.
Uns centos de románticos que lle puxemos o lombo ás porras grises mentras estes listos que pasean polos xuzgados lle abren o maletín ós billetes de 500 euros.
Sucede que algún que andaban daquela ca bandeira da águila imperial polo Frente de Juventudes, e leva agora outra bandeira cunha estrela roxa co mesmo donaire, tildoume fai un tempo de nacionalista español de dereitas. A min que os himnos con música militar e as bandeiras ondeando ó vento me produciron sempre a mesma sensación que a Georges Brassens: desprecio.
Nin con Franco vivo os fascistas de Fuerza Nueva se atrevían a andares tan provocadores.
Seica nos tempos que corren o comportamente sectario e fascistoide está de moda porque os medios de comunicación falan deles coma xente de esquerdas.
Como se non iba atreverse o profesor Beiras a calificar de barbarie ó 52 % dos galegos que nas últimas Eleccións a Cortes votaron polo PP.

Eu xa acepto que os meus ollos non verán unha Galicia realmente democrática, e moito menos dentro dunha República Federal Española (ou Ibérica), pero polo menos que esta pandilla corrupta non pense que todos os galegos temos mentalidade de esclavos.

Intoxicacións de temporada

¿Queres que escriba de política?, ¿estás segura, cuerpo?
¿Cres ti que merece a pena?

Da política galega pódese facer un resumen cunha sinxela montaxe fotográfica:



Na parte de arriba un empresario listo, na de abaixo unha representación dos tres partidos políticos (ou empresas de representación, como vostedes prefiran) con poder en Galicia.
Os mesmos que parecían levarse a matar co bipartito (Touriño + Quintana) e que logo votaban conxuntamente dúas veces: para subirse o soldo propio e para facer que os seus que fosen funcionarios e voltasen ó seu posto de traballo despois dun tempo de cargo político, mantivesen o nivel que tiñan no cargo a dedo que ocupaban.
Indecente, é o mínimo que se me ocorre escribir.
Pero votaron todos. TODOS os parlamentarios galegos, que quede claro.
Igual que na foto de arriba, tamén están TODOS representados.

¿Aínda pensan que están alí para defender os NOSOS intereses?
O que resulta evidente é que defenden moi ben os SEUS.

Pero esa idea de impunidade de todos estes personaxes ten unha única razón de ser: supoñen que todos vostedes e máis eu somos un rebaño estúpido.


Paréceme que en toda historia da función pública española, o primeiro que lles rebaixou o soldo ós funcionarios foi un actor secundario dunha comedieta madrileña ó que a ignorancia dunha parte da sociedade española transformou no home con máis poder ata o momento.
A estupidez de todos e todas, como eles din, ¡que lles son moi feministoides estes tunantes!, (tod@s, como escriben algúns que logo lle restan medio punta a un alumno que escribe hirmán, sin ter en conta que a súa falta de ortografía e moito máis sangrante ca da rapaza para a que irmán quere decir hermano na súa lingua de biberón) axudando a que, unha vez máis, o tren da modernidade pasase por diante da nosa porta.
Para min, que non son nada, non teñen perdón. Ningún, desde o Presidente ó último simpatizante: todos son cómplices de que, unha vez máis, vexamos pasar o tren pola Estación de Monforte de Lemos sin que pare para que montemos nel.
Toda esta caterva de inútiles e corruptos que non tiveron o mínimo interés en cumplir co obxetivo que a historia poñía nas súas mans: facer que España fose un país moderno.
E para os que levamos 40 anos na esquerda política: moderno e igualitario.
España é un anacronismo e as diferencials sociales son as máis grandes da democracia.

E agora, os mesmos que se rían dos únicos que de verdade estaban comprometidos (estabamos, con perdón) con esa idea de sociedade, andan coitelo en man furando a todo o que se deixa, naturalmente dos seus.
Pero todos estiveron alí, na cuberta do mesmo barco ignominioso con buffet libre a conta duns cidadáns que vían como pechaba a súa empresa e os seus fillos emigraban.
Todos.
Eu non escoitei a antiga Izquierda Socialista en nigún momento.
Nin a Izquierda Unida que compartía poder e corruptelas en Andalucia.
Todos son cómplices.

Desarmados.
Solos.
Partidos de fútbol e programas do corazón na TV pública.
Messi ou Cristiano Ronaldo: esa é a contradicción fundamental.
Nos telediaros, falan máis tempo dos que corren tras dunha pelota que dos asuntos decisivos para unha sociedade moderna. Do futuro que lles esperas ós nosos fillos, por exemplo.
E Paquirrín.

Manipuladores e predicadores en todas as esquinas. Cobrando dos nosos cartos, claro está  Aquí, na que chaman esquerda, ninguén fai nada sin cobrar.
E o pobo que se levanta todos os días a munxir as vacas e a facer a marea para que todos estes profesionales da política e os seus cortesanos almorcen un cafe con leite corto de café e , a media mañá, caña con tapa de xoubas, desarmado.
Roto.
Mirando de sair da queima por eles mesmos, individualmente.
Cos fillos metidos na casa coma leóns nunha xaula.
Mentras os deles ...




EL MAÑANA EFÍMERO (1913)

La España de charanga y pandereta,
cerrado y sacristía,
devota de Frascuelo y de María,
de espíritu burlón y alma inquieta,
ha de tener su marmol y su día,
su infalible mañana y su poeta.
En vano ayer engendrará un mañana
vacío y por ventura pasajero.
Será un joven lechuzo y tarambana,
un sayón con hechuras de bolero,
a la moda de Francia realista
un poco al uso de París pagano
y al estilo de España especialista
en el vicio al alcance de la mano.
Esa España inferior que ora y bosteza,
vieja y tahúr, zaragatera y triste;
esa España inferior que ora y embiste,
cuando se digna usar la cabeza,
aún tendrá luengo parto de varones
amantes de sagradas tradiciones
y de sagradas formas y maneras;
florecerán las barbas apostólicas,
y otras calvas en otras calaveras
brillarán, venerables y católicas.
El vano ayer engendrará un mañana
vacío y ¡por ventura! ¿pasajero?,
la sombra de un lechuzo tarambana,
de un sayón con hechuras de bolero;
el vacuo ayer dará un mañana huero.
Como la náusea de un borracho ahíto
de vino malo, un rojo sol corona
de heces turbias las cumbres de granito;
hay un mañana estomagante escrito
en la tarde pragmática y dulzona.
¿Mas otra España nace?,
la España del cincel y de la maza,
con esa eterna juventud que se hace
del pasado macizo de la raza.
Una España implacable y redentora,
España que alborea
con un hacha en la mano vengadora,
España de la rabia y de la idea.

Peor que os franquistas: estes non engañaban a ninguén.

A pregunta é: se existise un partido político distinto, -Unidade Municipalista Galega, poñamos por caso-, ¿estarían na foto os seus representantes?

Se contestan que sí, apaga e vámonos.
Se contestan que non, ¿que esperan para artellar algo que nos poda representar?

Porque dese movemento 15M que tanto prometía, e que foi engulido polos mesmos contra ós que debería estar orientado, tiña razón nunha cousa: ¡Non queda pan para tanto chorizo! 


Vaia desde aquí o meu apoio, personal e aconfesional, para todos eses voluntarios de Cáritas que estes días dedican o seu tempo, e os seus cartos, a axudar a que os que nada teñen teñan algo, por pequeno, caducado ou usado que sexa.
A níngún dos das fotos de arriba se lles pasa eso pola cabeza: eles, sobre todo, cobran (a pesar de que no apartado formación hai un bachiller e tres interrogacións).