Oposicions os institutos - 1


Como esta aparecendo na prensa, e Silvia o recolle no seu blog, as oposicions deste ano estan creando polemica e todo parece que Asociacion Galega de Opositores do Ensino (AGOE) reclama atencion.
Sobre este tema teño algo que opinar por duas razons: formei parte este ano dun tribunal de Fisica e Quimica e teño unha historia que contar.

Vaiamos desta coa batallita do abuelete.

¿Como eran as cousas?
Era todo moi simple e falo de personas que coñezo.
Unha rapaza termina Historia cun expediante medianamente brillante e opta por preparar oposicions mentras para manterse da clases particulares en Compostela. O paso dos anos e a sensacion de atoparse nun pozo do que resulta complicado sair, van minando a sua alegria e apagando o brillo duns ollos moi fermosos.
Catro ou cinco anos despois outra rapaza termina a mesma carreira. Pero esta mellor relacionada e o ano seguinte cubre unha baixa de 15 dias. A partir dese momento apuntana nunha lista e seguira traballando ano tras ano.
Despois convocan unhas oposicions restrinxidas (negociadas polos sindicatos, non esquezan este detalle. O primeiro que facia alguen que entraba na lista dos privilexiados era afiliarse a un sindicato. Na maioria dos casos dabanse de baixa cando aprobaban a oposicion) que lles abre unha porta traseira para acceder a Funcion Publica.

A cousa era tan sangrante que, alo polo 82-83, un pequeno grupo de personas (o traballo era cousa de tres: un biologo o que lle gustaba a “Larga Marcha”, un matematico comunista e un quimico que daquela xa desconfiaba dos que querian poñer orden) montamos unha barricada (outra mais) que titulamos “Coordinadora de Licenciados en paro de Galicia”.
Puxemonos en contacto cos colexios de Doutores e Licenciados e con moitos institutos para que nos informasen das contratacions.
As reunions eran en Compostela, en Sindicatos , e despois de cada Asamble (nunca pasamos de 40) poñiamos unha cuota para facerlle frente os gastos que xurdian.
Recordo perfectamente a un matrimonio de Pontevedra que estaban na privada e que eran un alento constante para que seguiramos peleando, poi eles non podian deixar de traballar.
A hora das copas, na noite daquela campana de cristal que era Compostela, un topabase con moreas de licenciados que se interesaban pola marcha do asunto. Parece que lles costaba moito asisitir as reunions.

Fixemos unha pancarta e despois de movilizar o que se pudo a prensa, pechamonos na Conselleria de Educacion que daquela andaba pola zona da Plaza Roxa (para os noctambulos, pasando o Fontana).

Reunimonos co Director Xeral (non recordo o nome) que nos contou unha historia: Falabanos de que estando el no Ministerio en Madrid e vendo as folgas dos estudiantes que apoiaban as reinvindicacions dos Profesores non numerarios (os famosos PNN, entre eles Carmen Romero a muller de Felipe Gonzalez), pensaba que chegaria o momento en que nos dariamos de conta que estabamos hipotecando o noso futuro.
E tiña parte de razon, o lema dos PNN (“Por la calidad de la enseñanza”) non era mais que un reclamo para aprendices de izquierdistas (“La enfermedad infantil del izquierdismo en el comunismo”, predicaba Lenin). O que querian a maior parte dos que vestian trenka era ser funcionarios.

Despois recibiunos o Conselleiro Portomeñe, o politico que mellor representou e representara (e insuperable nese aspecto) o politico “leira” de verbo facil e retranca de Chantada. Recordo que nunha reunion que se alongaba dixo, mais ou menos, que debiamos deixar aquelo e ir tomar as tazas.

Reunimonos cos sindicatos. Ai recordo a un da executiva de CCOO o que as suas poucas luces o levaban a un tema recurrente: cada vez que tivesemos unha entrevista tiñamos que elexir unha comision. Catro monos resistindo e mantendo economicamente un movemento de loita contra a inxusticia teñen que oir tonterias dun liberado sindical.
Os da UXT daquela estaban mais preocupados polo reparto de postos do goberno de Felipe Gonzalez. Da ¿ING? non teño recordos concretos.

As nosas reinvindicacions basicas eran duas:
• Un baremo de contratacion no que se tivesen en conta os anos de paro.
• O fin das oposicions restrinxidas.

Os sindicatos tomaron as negociacions (¿Por que non o fixeron antes tratandose dunha inxusticia flagrante?) e saiu un baremo que debe de andar por algunha carpeta que dorme no faiado.
Tiña gracia que nunha normativa de contratacion para toda Galicia houbese un punto que falaba dos dereitos que se lle garantizaban os que estaban nunha situacion particular. Logo entereime que eran tres ou catro afiliados que aproveitaron o momento para colocarse mais arriba.

Ainda que eu tiña claro que non entraria de ningunha maneira, extrañoume que se presentasen mais de 5.000 solicitudes (se non recordo mal).

Naqueles meses aprendin algo que me quedou grabado para sempre: Cando peleas por algo que crees inxusto dun xeito altruista, dedicandolle tempo e diñeiro, so a ideoloxia pode convencerte de que non estas facendo o jilipollas.

O ano seguinte obtiña plaza como Profesor Agregado de Fisica y Quimica nunha oposicion libre celebrada en Madrid (ademais de pelear estudiaba, mentras que outros que foron contratados en Galicia non facian ningunha das duas cousas). Algun dia falaremos dos avatares para volver a Galicia e do que opinaban desa cuestion os que entraron con ese baremo.

Pouco tempo despois afiliabame a CCOO e colocabame noutra barricada.

Non se volveu a contratar a nadie a dedo (contaronme dun pai que cando acudiu a un politico amigo para que lle colocase a filla de profesora tivo que escoitar que en calquera sitio menos nese).
Non volveron a convocarse oposicions restrinxidas.

Asi que entenderan que a de CxB foi para min unha barricada mais. A premisa para participar na imprescindible osixenacion da vida municipal foi que en ningun caso seria concelleiro.

Por terminar co despelote, sucedeme que cando neste mundo de bits no que nos movemos a xente nova me critica con dureza acusandome de ser de dereitas e de facerlle o xogo o PP, sinto unha certa alegria porque penso que hai personas na procura da sua vision do Universo (ainda que as veces o excesivo fanatismo me preocupa).
Sucedeme o contrario cos “talluditos” e coas “talluditas” que estaban calados, no mellor dos casos, cando habia que berrar e agora descubren o mar e pensan que un carne no bolsillo lles da unha lexitimidade para criticar que nunca tiveron. Que eses se atrevan a etiquetarme non me fai gracia. Tampouco lle lo vou permitir asi coma asi.

Perdonen pola batallita pero entendan, como decia o filososfo, que a todo o mundo lle gusta que o queiran e o tomen en consideracion.

Saude e sorte para a AGOE.




9 opinions:

Anónimo

"Las oposiciones a medida de los candidatos",eso si, todos pagan lo mismo por la inscripción a la oposicion, sabiendo de antemano los sindicatos,que los que van por libre no tienen las mismas oportunidadas, ¿sera esto, a lo que se refieren con igualdad?.
La libertad esta garantizada,porque lo haces por voluntad propia, solo,¡faltaria que te llevaran atado!.
¿Y el derecho al trabajo? solo tienen derecho, aquellos que estuvieron en la lista, y tienen unos puntos, ¿son los mejores?..., pero ,tienen garantizado su trabajo, a pesar de no aprobar las oposiciones, pues siguen en la lista y ocupando vacantes" per seculo seculorun".
Tres bases fundamentales de la democracia, las omiten, ¿quien garantiza, luego el derecho del trabajador? siempre pensé que eran los sindicatos, ¿pero donde están?.
¿en la empresa privada?¿quizás?.
¿que pasa con un muchacho recién salido de su carrera, y que no tuvo tiempo, a anotarse en la famosa "listilla" o que simplemente aun no acumulo puntos?, pues mejor, que se dedique, a la privada,si tiene suerte,o a trabajos en precario, pero con la oposicion que no cuente, pues aunque su currículum sea brillante, hay gente, con mas puntos que el,en la cartilla.

Anónimo

Boas!

A verdade, obviamente, descoñecía toda esta "batalla" que acabas de contar porque naqueles anos era un bebé, mais vexo similitudes que o único que me fan decatarme é do pouco que avanzan as cousas, se naquela altura había moit@s licenciad@s en paro, agora, o problema paréceme moito máis sangrante posto que á universidade pode acceder (menos mal) moita máis xente (aínda non tod@s somos iguais porque non calquera pode) e o problema se agrava día a día.

Teño que admitir que, a pesar de que son nova, estou moi desilusionada co sistema desde hai ben tempo, e o caso da nova disposición que se engadiu para as oposicións deste ano que claramente beneficia aos e ás interinas non fai máis que seguir desilusionando á xente que xa rematou mais tamén á xente que aínda está a estudar.

Nada máis rematar a carreira, fun ás oposicións para saber como eran, por curiosidade, nin sequera tivera tempo a preparar nada, mais quedei tan desilusionada, primeiro, do sistema (aínda) caciquil que é unha constante en moitos casos que coñezo de primeira man (aínda hoxe en día), da desvantaxe con que se xoga con respecto aos e ás interinas (resultaba inverosímil que se levantasen da cadeira sen sequera responder a unha mísera pregunta, posto que só tiñan que asinar para conservar o seu posto)e terceiro, da non compaxinación das probas que se fan para un mesmo posto, porque non é xusto que segundo o teu apelido e segundo che toque nun tribunal ou outro as probas teóricas muden (coido que era o primeiro ano que iso se facía, mais non estou certa).

En definitiva e a fin de contas, a pesar de que o ensino (cando menos en secundaria) nunca ocupase un posto privilexiado nas posíbeis saídas laborais do meu futuro o sistema de oposicións acaba coa ilusión e as posibilidades reais de moit@s licenciad@s por moito expediente brillante ou esforzo que fixesen para estudar para a proba.

Saúdos!

Anónimo

Vaya!! entonces tanto Henrique del Rio que trabaja en la diputacion y Xavier Lopez ahora en la Xunta de Galicia,Medio Rural para ser más exactos, tendrán mejores oportunidades de coger plaza fija que el resto?

Me voy a afiliar al BNG!! bueno no, sigo en el PP que para el caso es el mismo.

Anónimo

Non sabía que o BNG "colocaba" tan ben aos que lle perdían as eleccións.
Unha boa lección.

Anónimo

No sabia que Xavier Lopez escribe libros agropecuarios!!

Anónimo

Al Juzgado de lo Social número 3 de Orense, que anula el despido de una limpiadora, cuya hija es del PP, por parte de un alcalde del PSOE.
Ramona Lema Lema, candidata por el Partido Popular a ocupar la alcaldía del Concello de Punxín, fue despedida de su puesto de limpiadora por el alcalde socialista, Alfredo Cruz Gago, dos días después de acceder a su cargo municipal. La hija de la despedida había sido la rival electoral del ahora edil del Concello. El motivo, según la carta de despido, era “la disminución continuada y voluntaria en el rendimiento del trabajo”. Sin embargo, Ramona demandó al alcalde y el Juzgado de los Social número tres de Orense le acaba de dar la razón. Y es que el alcalde, que llevaba tan sólo dos días en el puesto, no ha podido demostrar el “bajo rendimiento” de esta profesional, que alegó en su día como causa de su reprobación. Guinda al magistrado que ha dado la razón a Ramona y que, indirectamente, ha reprobado la actuación del edil
Sin palabras...
saludos

Anónimo

¡¡¡Vaia co socio do BNG!!

Anónimo

32 dentes longos!!

blancolexitimo

Tantum, a unica maneira de defenderse e organizandose.
Tamen compre decir que a maior parte dos interinos que estan hoxe no ensino colocaronse cun criterio xusto.
Un saudo.

Silvia, coñezo a dureza do sistema e o duro que e pasar noites seguidas estudiando sin saber se eso servira de algo.
Teño pendente escribir a segunda parte do que escribin.
Un saudo.

Javier e os que comentan o seu escrito, e normal que un partido coloque nos postos de libre designacion a quen considere oportuno sempre que o interfecto teña capacidade e formaccion suficiente para desenrolar a sua laboura.
A min o que me preocupa e o numero de contratados e os salarios que se reparten dos cartos de todos.
O que si compre facer e, na discusion politica, quen defende as suas convinccions e quen os convinccions con garbanzos.
E obvio que os vendedores de mantas sempre diran "Señoras y señores que las mantas no son cobertores".
Saudos.

Anonimo das 8:30, lin a noticia na prensa e o alcalde pareceme un individuo despreciable. Coñezo casos semellantes desa e doutras cores politicas.
Un saudo.

Ananimo das 18:00, soname de algo lido por ai o dos 32 dentes.
Saude.