Duas circunstancias acontecidas nos ultimos tempos poñenme de manifesto que hai persoas doidas polos comentarios calumniosos que alguns cobardes, parapetados no anonimato, escriben neste pedregal en mancomun.
Un sabia que cando non se lle pon cancelas a propiedade, e o espiritu civico e o respeto pola libertade e a intimidade dos demais (a actividade politica non entra neste apartado) a unica pexa das conciencias. Pero alguns non teñen eses terminos no seu diccionario particular. ¡Pordeus que me gustaria desenmascaralos!
Este Administrador filmaba as tertulias do Outeiro coma esas reunions de Casino da vila na que, arredor dunhas cantas mesas xuntas, se opinaba libremente do divino e do humano. Por eso non se poñian filtros e se permitia o anonimato. ¿Cando se me insultaba nalgun comentario anonimo?: Pasar o seguinte.
Pero hai betanceiros que teñen un punto de vista distinto. Tanto ou mais respetable co de blancolexitimo.
E por eso que, quero publicamente pedirlles disculpas a todos aqueles que nun momento ou noutro se sentiron inxuriados neste Outeiro polos comentarios dos contertulios.
No que ten que ver co que eu escribo, duas matizacions: 1. Os nativos costalles entender que os que vimos de fora non conocemos nin os nomes, nin os apelidos, nin os motes que son de uso comun entre os que xogaron as bolas ou a mariola no Campo da feira. Pasa cando os amigos falan no viño do pais, ou alguen comenta aqui, deste ou daquel outro. E coma se eu lles falase do Furruxe ou do Carracuca. Pasou o principio cando eu polemizaba de antifranquismo co Administrador de Cartafol do Mandeo. Naquel momento non sabia quen era, e ainda que o soupese seria incapaz de colocalo nunha familia determinada. E escribiuse que eu os calificaba de franquistas. ¡Meudeus! 2. A min interesanme as ideas e non as personas. Nestes dous anos teño a impresion que so nunha ocasion andiven polo cumio dun tellado a duas augas. Foi no asunto Pansimer. Ainda que eu penso que non me sain do plano politico, non teño inconveniente en pedirlle disculpas a Andres Otero e demais que foron citados nos comentarios, se eles cresen que habia unha cuestion personal por parte de blancolexitimo.
Xa ven que estou pechando unha etapa. Un tempo no que un grupo de personas que discrepaban no politico, polo que sei de alguns habia respeto no personal, mantivemos unha tertulia enriquecedora.
Polo medio os insultos dos inquisidores, dos que se removen no asiento o ver que a libertade de pensamento non leva o rebaño cara os pastos que o pastor electrico dimensiona. Saben que aqui se esta en contra dos pastores electricos.
Ganaron eles: a libertade e moito menos resistente do que parece.
Asi que as duas liñas que trazarei a continuacion sinalan que a partir deste momento o Outeiro ten cancelas e calquera que queira comentar algo debe pasar o filtro deste Administrador.
Decirlles os blogueiros que non o sepan que para trazar as liñas escribirei en HTML <hr> <hr color=red>
¿Que facer cando a luz que sinala que o deposito da ilusion esta na reserva leva un tempo prendida? ¿Onde se recarga? ¿Nas bibliotecas? ¿Nas manifestacions? ¿Nas miradas torvas dos profesionales da politica?
¿A que enchufe se conectara a Dolores Gonzalez da que falaba na entrada anterior?
Decia o meu amigo J (falo en pasado pois morreu novo) que nas situacions de duda sempre hai que clavarlle as espuelas o Pinto e saltar o rego que nos separa do Eden.
Estou seguro de que si J vivese nun Betanzos que idolatra a Diana, cazadora e casta,
 convocaria unha asamblea dos que pensan diverxente, un venres calquera, para mirar de como financiar que enriba dun pedestal lucise no Campo unha Venus seductora e licenciosa

Para recitarlle a Baudelaire, nesas tardes de feroz lucidez nas que palpamos que a nosa mocedade se foi desteñindo sin que nos deramos de conta.
EL VINO DEL SOLITARIO
La singular mirada de una mujer galante Que llega hasta nosotros como la blanca luz Que enviara la luna al lago tembloroso Cuando quiere bañar su indolente belleza;
Los últimos escudos que tiene un jugador; Un beso lujurioso de la flaca Adelina; Los ecos de una música cálida y enervante Como el grito lejano del humano sufrir,
No vale todo ello, oh botella profunda, El penetrante bálsamo que tu fecundo vientre Ofrece al corazón del poeta abrumado;
Tú le dispensas vida, juventud y esperanza -Y orgullo, esa defensa frente a toda miseria Que nos vuelve triunfales y a dioses semejantes.
|
6 opinions:
por certo:
"Ganaron eles: a libertade e moito menos resistente do que parece."
Gañaron eles??? quen son eles??? os únicos que gañaron foron os concellais eses de CxB que chuchan ben do soldo por non se sabe que adicaión...
Por certo, tampouco non o vexo eu agora lanzando merda a todos os lados co temiña aquel da auditoría... cachis...
Nota: eu nunca escribín para ninguén que non fose vostede Supermari Gorxa Profunda, polo que "peche" ou non, é irrelevante, huá huá huá huá!!!!!
Nota1: cambiamos o nome: Supermari Gorxa Profunda O Administrador
Ao final, no canto de Diana cazadora, aínda han poñer unha estatua súa en pelotas, moito máis enriquecedora ....
Por se alguén ten dúvidas de que Supermari Gorxa Profunda sustenta e apoia aos herdeiros dos ultradereitistas franquistas:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Rueda/ficha/antiguo/candidato/Falange/elpepuespgal/20090425elpgal_6/Tes
http://www.youtube.com/watch?v=4VQpBr_6J90
hai xente que dí que o humor sempre e a millor das criticas, ainda que sei que o que eu fago non e do gusto de todos e que sei ben que e partidista, sempre me pareceu unha das millores maneiras de comentar as situación que se viven aquí, alá ou acolá.
Deixolle aqui o enderezo de unha das miñas últimas falcatruadas:
http://www.youtube.com/watch?v=4VQpBr_6J90
Non fai falla que publique iste comentário xa que non ven a conto co tema do post que colgou pero convidoo a velo e a pasar un anaco rindo se e que así o desexa.
PD/ agradecese que aprecie o feito de que se firmen os comentários, xa que eu entendo que os comentários tanto bos como malos deben facerse a cara descuberta, apesares de que isto conleve que algún/ha ataque a persoa que os fai e non o que esta comenta.
Un saudo
animo ceporbiano non te reistas
www.psoscascohistorico.blogspot.com
Publicar un comentario