IBI
Parece que estou condenado a sachar neste pedregal en mancomun. Algunha xente, coa que un leva vivido moito, dictamina que o compromiso que toca hoxe e seguir berrando verdades coma estadullos desde este Outeiro. Dis que estas canso, que che parece que o Outeiro xa cumpliu a sua mision e que agora son outros os que teñen que tomar o relevo. No caso de que ainda queden homes libres (enteiros rimaba Cabanillas acertadamente: son enteiros os que non estan capados). Intelectualmente, claro. Asi que toca ser un Home de Aran, querido profesor Sacristan. Sachar sin levar nada para a casa e duro. Compre ter a coraxe dun maratoniano. Sobre todo cando un ten archivados na pituitaria os aromas daquelas arcas de carballo (centenario polo ancho das tablas) cheas de centeo e coas mazas repartidas por enriba. Chegaronme hoxe os extractos bancarios dos impostos municipales que a Diputacion xestiona. Os meus bens limitanse a ser copropietario dun piso de 92 metros cuadrados con plaza de garaxe anexa, e tres pedazos de terra os que se accede por unha servidume de pe (camiño de medio metros de ancho). Un dia escribirei sobre esas leiras que na escritura figuran con razon coma indivisibles. Asi que collin os recibos recenchegados do 2009 e xunteinos cos do 2008. E como as matematicas se me dan ben ...
Nuns tempos nos que estamos en deflacion (os ben e servicios costan hoxe menos que hai uns meses) que os meus impostos municipales suban un 12,52% e un atraco. ¿Quen pensaron que iba pagar as sentencias, as audiencias, as desavenencias e as ocurrencias dos que nos gobernaron e gobernan? Cando un concello esta integrado maioritariamente por cidadans, os concelleiros saben que son empregados o servicio desa cidadania que e a que lle paga os soldos. Cando esto non sucede, os concelleiros acaban convertindose en aprendices de cacique. En repartidores de prebendas que terminan por confundir os dereitos dos cidadans con magnanimas concesions da autoridade. Por non falar da corrupcion, inherente a este sistema electoral, que todos os dias ocupa as primeiras paxinas. E cando os homes libres (cada vez teño mais claro que o sexo femenino predomina no colectivo) pedimos contas todo o mundo cala. Por eso hai que berrar mais forte desde o Outeiro: ¿Por que me suben vostede os impostos un 12, 52% sin decirme nada, señores da Corporacion Municipal? ¿Onde vai parar eses 40 euros, señores do Grupo de Goberno? Eu teño dereito a saber o que vostedes fan cos meus cartos e vostedes a obriga de rendirme contas. ... Silencio. ... Tiramos un muro e agora xa se estan encofrando os cementos dun novo. Omerta. Oscuridade. Opacidade. Collan os seus recibos e boten contas. ¡Si cadra poderiamos facer algo para que ninguen dispoña dos nosos cartos sin o noso consentemento! Ou si eso lles parece demasiado botado para diante, ¡o mellor poderiamos pedir que nos desen unha explicacion! ¿Recordan que hai un par de anos nos movilizamos para que as explicacions se nos desen sin ter que pedilas? E fomos case 1.500. Iba ser un Concello con paredes de cristal. Non pode existir unha sociedade libre se non hai homes e mulleres que o sexan. Non e posible. ANEXO: Como non sigo os avatares da vida municipal, poderia ter sucedido que alguen presentase unha mocion solicitando que o Goberno Municipal rebaixase o coeficiente que se lle aplica a valoracion catastral que, segun creo, e competencia de Facenda. Considerese nese caso que onde decia Corporacion Municipal digo este ou aquel Grupo Municipal. |
4 opinions:
O teu concepto de home libre é ben extrano. Non te nos fagas agora trans, dígoo polo de esa arenga hacia as mulleres que dubido que pensen o mesmo, sobre todo se non traballan e teñen que estar a botar contas de cómo chegan a final de mes co cativo soldo que en xeral entra nas casas.
Ademáis, do que dis dedúcese que non te sintes libre co que tes que pagar. Xa me extranaba a min que ninguén se sentira libre cun soldo de mestre a non ser que fora eremita.
Xa se sabe que só se valora ao que cobra. Logo o mesmo mestre pode ser un inútil nas súas clases e un xenio nas academias.
Que digan logo que os hai mileuristas que ainda cobran menos, a ver cómo forman unha familia para engrosar o índice de persoas bautizadas que predica e piden os Roucos, non xustifica a penosa paga que tendes e ainda por riba sen promoción. Calquer empresario pode facerse rico, vós sólo botar lume para que non vos suban os impostos dos vosos cativos soldos. É o que ten presumir dunhas vacacións que vos saen así de caras. Logo hai quen se extrana de que non traballedes.
Meteron o zoco i agora pagamolo todos ¡coma sempre.
Xa non vale vender que se conxelaran para o proximo ano, tiveron que andar lixeiros antes i non durmirse nos laureles.
Olvidavame, claro que nos homes libres que tanto se mencionan, hai unha remesa importante de mulleres libres, que por ser amas de casa, pensan "mais" nas facendas domesticas, e posiblemente saiban mais de numeros e politica en xeral que alguns que se creen os reises do mambo.
O ano pasado as contribucions rusticas, baixaron mais do 50%, iste ano volven a subir un 30% con arreglo o recibo do ano pasado ¿a que e debido este desaguisado?, chegas o concello i as explicacións son de traca.
hohohoohhhoo!!!! Superhenry Gorxa Profunda, facho que ilumina a vida dos 1000 homes libres de Betanzos anda cabreado...
Seguro que a suba é culpa dos ceporbianos que aghora o queren castigar, hahahaahahahaaha
como andamos, hahahahahaahahhaahahaahahaahahahaahahahaahahahahaahahahhahaahahaahahhaahahahahahahahhaahahhahahaahahhahaahahahahahhahhahaahahahhaahahahaha!!!!
Publicar un comentario