Este outeiro, pedregoso e sin cancelas, botou á andar o 1 de marzo de 2007. Nunha terra así: moito traballo para pouca colleita. Sachas e sachas para que, cando chega o inverno, a arca do pan estea sempre a medio encher.
Tiña que chegar este momento. Despois de tantos anos de compromiso altruista alguen se tiña que dar de conta. Alguen tiña que recapacitar, comparar e facer xusticia.
Eu contaba cuns cantos. Un grupiño dos que non lle renden pleitesia o poder de turno, senon as personas que fan ben o seu traballo. Dos que saben discernir entre os que defenden as suas ideas sin pedir nada a cambio e os que comen delas.
Uns centos que pensan, escriben e actuan en politica sin pedirlle permiso a ninguen. Eses os que temen os caciques de todo pelaxe e condicion.
Eses os que insultan os predicadores, os manipuladores, os que viven da representacion politica e os que esperan vivir da representacion politica. Os que queren ignorar os que pensan que o poder lles pertenece ainda que a soberania resida no pobo.
321 de mirada limpa que saben que ten que haber unha correspondencia entre o que se di e o que se fai. Que non e cuestion de cantidade senon de calidade. Que as verdades son verdades ainda que un rebaño completo se poña a balar o compas para afogar o discurso do que fala de certidumes.
Que a etica no comportamento e a unica variable que distingue os uns dos outros.
Pensei que eramos 1.473, pero polo que se ve somos moitos mais:
Chegar a rirse dun mesmo facendo da ironia unha compañeira de viaxe: Ese e o secreto.
1 opinions:
Anónimo
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
1 opinions:
Publicar un comentario