O meu coche levaba mais de 10 anos durmindo entre a rua dos Anxeles e a rua da Cruz Verde. No tempo das pasadas eleccions municipales, un dia chamou a policia municipal a casa pedindo se podiamos movelo para que pasase un transporte mais ancho do normal. Dous meses ou tres despois aparqueino pola maña, como tiña por costume, nunha plaza da zona de residentes dos Anxeles (dentro dos limites pintados de verde). O ilo buscar pola tarde o sitio no que o deixara e non atopalo, imaxinei que o aparcaria noutro lugar (supoño que lles ten pasado a todos os que aparcan un dia aqui e outro acola). Recorrin toda a zona na que poidera estar aparcado. Tiña que sair de viaxe, non recordo a causa. Nada, non aparecia. Roubaronmo, pensei. Pero quen vai roubar ese coche, pensei de segunda.
Asi que chamei a Polica Municipal preguntando polo coche co fin de denunciar o roubo. Non sei, nin me importa, quen estaba o telefono. Si sei que cunha falta de educacion e unha chuleria propia doutros tempos, contestoulle, a quen lle paga o uniforme cos seus impostos, que quen era eu para deixar o coche onde me parecia e que o levara a grua. Recordolles que o coche estaba dentro dos limites dunha plaza para residentes.
Asi que fun a feira a preguntar, e dixome o empregado do almacen dos coches retirados pola grua, que para sacalo tiña que pagar sesenta e pico euros. Sonrinme, entramos e enseñeille a tarxeta de residente que estaba caida. Dixome con quen tiña que ir falar para reparar a que el via que era unha inxusticia manifesta. Entendin o procedemento e volvin sonrir, para dentro neste caso.
O dia seguinte fun o local dos municipales a pedir copia da denuncia. Ali comprobei que, coma en todos os colectivos humanos, hai boa xente e impresentables. Normalmente, canto mais mandan mais impresentables.
Presentei no Concello a reclamacion para que non me cobraran a multa e me devolveran os cartos da retirada do coche. Sabia que a devolucion teria que reclamala por outros camiños e preparei as cousas para mandarllas a OCU. Logo viñeron as eleccions e o cambio de goberno, e todo pasou a un segundo plano.
De volta a casa, recordo que desde a ventana via a plazuela dos Anxeles con coches en doble fila, no medio da rua (impedindo o xiro na rotonda) e nas plazas de minusvalidos. A rua tamen tiña o carril de subida transformado nun aparcamento. Entroume a curiosidade cientifico-estadistica e baixei para mirar se os poucos que estaban ben aparcados na zona de residentes tiñan a tarxeta: a mitade nin a tiñan nin se via tirada por ningun lado. Sonrinme unha vez mais.
E inevitable plantarse se a retirada do coche estivo relacionada coa miña presencia nunha candidatura electoral, ou preguntarse a razon pola que no medio dun desbaraxuste de ilegadidades elixen a un coche dun veciño que esta ben aparcado e que levaba mais de dez anos aparcando no mesmo sitio. Ademais cun papeliño plastificado no chan que, curiosamente, era do tamaño da tarxeta de residente. E curioso que, mentras, outros aparcaban diante dos soportales para non ter que moverse moito para tomar o cafe.
Sin embargo eu non considerei esas cuestions. O que realmente me facia pronunciar entre dentes a palabra miserables era o feito de que facia uns dias que me chamaran para deixar pasar un camion e agora levaban o coche sin nigun tipo de aviso. Coa tarxeta de residente tirada o lado do asento. Supoño que a tarxeta xa estaba ali e non caeu co triquitraque de subida e baixada da grua.
Agora que o penso ben, se nestas vacacions teño tempo o mellor miro eso do silencio administrativo e botamoslle un pulso mais a arbitrariedade.


Que quen actua desa maneira e un impresentable, vennolo decir o que aprobou o Parlamento fai un tempo:
"Un vehículo aparcado en zona azul sin la debida autorización no podrá ser retirado por la grúa aunque sí podrá ser multado, según una enmienda aprobada en la Comisión de Interior del Congreso a la reforma del régimen sancionador en materia de tráfico, que ahora pasará al pleno de la Cámara Baja."
Foi aprobado por unanimidade. E de sentido comun.
Nos xuzgados de Lugo hai un xuicio no que se lles acusa a uns alcaldes, en connivencia coa Diputacion, de andarlle sacando multas os amigos. Dos partidos que gobernan a Diputacion de Lugo, que todo hai que decilo.
O que realmente me rebela de todo esto e que cando se me pediu que retirase o coche da Cruz Verde para facilitar o paso dun transporte, deixei todo o que estaba facendo e sain a cumplir coas que eu consideraba eran as miñas obrigas de cidadan.
No fondo, solo miseria.
|