Mentiras e autoritarismo

Os tres representantes dos veciños que se reuniron coa Alcaldesa informan de que o Goberno Municipal non lle tocará a direccion prohida na rua dos Ferradores (os Soportales).
Segun parece, entenden os que gobernan que a maioria dos veciños estan de acordo coa medida e que somos unha minoria rebelde os que cremos que se lesionaron os nosos dereitos.
Algunha que outra sonrisa de suficiencia xa delataba a prepotencia de algun que outro estadista chegado a labores de goberno.
Ainda que a maioria dos veciños estivesen de acordo coa medida, o que me pareceria absolutamente increible, a maneira de tomar a decision deixa en calzons a este Goberno o que tantas horas un lle dedicou.
O xeito autoritario co que se transforma a idea de transplantar unhas terrazas de non sei onde o lugar mais emblematico da cidade, e cando menos unha ocurrencia.
Cando esa iluminacion se convirte na imposicion autoritaria de cambios na vida do vecendario, empeza a ser peligrosa.
Empeza a asomar a patita un sentido autoritario do exercicio do poder e a transformarse en norma a incompetencia loxica do que, sin ser docto na disciplina, cre ter descuberto a pedra filosofal.
Como xa dixen, os que pasamos mais de dous anos dedicalcolle o noso tempo a chegada de agrupacions de cidadans o Concello, non temos mais remedio que aceptar que nos equivocamos.
Tamen teño repetido que sera o que decidan os veciños.
Ainda que sei que non sirve para nada, no caso de que o barrio se posicionase maioritariamente contra a medida, cabería esperar que alguen recollese as suas pertenencias da oficina asignada no Concello e se marchase para a sua casa.
Repito que xa sei que eso non sucedera.

No caso dos concelleiros de CxB, a oscuridade e a turbidez coa que se levou a cabo o proxecto, presentadonos os veciños uns feitos consumados, derrumba definitivamente esa consigna de claridade e transparencia.
Ala eles.

¿Por que falo de oscuridade e turbidez?

Mentira 1:
Un grupo de veciños, despois de ver como se iba plasmando o proxecto, sospeitamos que o mellor se lle ocurria os gobernantes deixar a rua dos Soportales nun solo sentido.
Duas veciñas, en representacion do grupo, entrevistaronse cos concelleiros de Obras e Urbanismo.
Como xa expliquei, con moita educacion manifestaronlle que as cousas iban quedar como estaban.
A xente seria normalmente non minte. Pero si a calquera de vostedes lle queda algunha duda, chega con que pensen loxicamente: Si tivesen dito que se cortaba un sentido, o mesmo que fixemos a semana pasada teriamolo feito antes.
Logo minten.

Mentira 2:
La Concejalía de Tráfico aseguró que sus responsables pudieron comprobar durante estas tres últimas jornadas que “no se produjeron las retenciones que se producían en momentos puntuales en el acceso a Os Ánxeles desde la N-VI” (El Ideal Gallego do 13 de febreiro)
Todos os veciños sabemos que nunca houbo problemas no xiro da N-VI cara Os Anxeles. Esa Nacional o seu paso pola praza central de Betanzos e unha rotonda (un solo sentido de circulacion) con dous carriles, estando limitada a velocidade a 40 km/h.
Que tendo dous carriles limitados a 40 km/h se fale de que xirar cara a dereita no carril dereito supon peligro e non ter nin a minima idea dos presupostos basicos da seguridade vial.
Que se diga que, coa densidae de trafico da zona, se producen retencions nese punto e unha mentira clamorosa.
Cando se fala do peligro que corren os peatons cos coches practicamente parados, un xa queda desarmado.
En 20 anos que levo vivindo na zona, os unicos problemas que se produciron foi polo aparcamento indiscriminado nos Soportales, na rua dos Anxeles, na rotonda da praza dos Anxeles ou na Cruz Verde.
Os problemas viñeron sempre dados pola deixadez de funcions dos responsables de que se cumplan as ordenanzas municipales.
Sabemolo perfectamente todos os veciños. Hai absoluta unanimidade no diagnostico.
E indignante que os mesmos que non cumplen coa labor pola que cobran de todos os betanceiros, utilicen as consecuencias da sua deixadez para xustificar as decisions autoritarias que toman.
Bochornoso.

Remate:
El Gobierno local hace hincapié en que ninguna asociación o colectivo se ha dirigido a él para interesarse por la situación del tráfico en la zona, y explica que sólo dos personas ... (La Opinion do 14 de febreiro)
Eu sei ben que para a maior parte de traballos relacionados coa Administracion hai que cumplir un monton de requisitos, e que para ser alcalde ou concelleiro so fai falta ter 18 anos.
Pero e que calquera persona de 18 anos sabe que hai algo que se denomina dereito de uso (ou dereito consuetudinario), de tal maneira que o uso continuado dunha norma transformaa en lei.
Si os coches, e os seus antecesores os carros de cabalos, levan circulando arriba e abaixo por diante dos Soportales durante centos de anos, parece loxico pensar que cando alguen pretende variar ese uso polas causas que sexa, deba explicarlle as razons que avalan a sua decison os suxeitos dese dereito consuetudinario que son os veciños que levan circulando por esas ruas eses centos de anos.
E o minimo esixible nun sistema democratico.
Cando alguen de xeito autoritario decide unilateralmente ordenar o corte de circulacion, o primeiro que demostra e unha absoluta falta de respeto pola cidadania.

E xusto o modo de accion politica contrario o esperable dun dos membros do Goberno, CxB, que se presentou as eleccions decindo que con eles entraban os cidadans no Concello.
Pola parte do PP, que non chega a ser a primeira forza politica do municipio, faise visible ese toque autoritario e prepotente dunha das suas correntes, do que tanto teño oido e lido neste Outeiro.

Cairon as caretas e as cartas quedaron boca arriba.
Veremos o que o barrio decide.

Tratarei de explicarlles no futuro por que esta medida me parece unha irresponsbilidade:
- Desde o punto de vista da seguridade vial para os automovilistas.
- Desde o punto de vista da seguridade vial para os peatons.
- Desde o punto de vista da creacion dun conxunto historico-artistico-servicios ligado o Casco Historico.
- Desde o punto de vista do menosprecio os lugares de ocio da xuventude betanceira.
- Desde o punto de vista do acceso de transportes (que hipotecan o seu futuro) a un barrio de nova construccion, no que por certo se levanta un dos poucos edificios de vivendas que se estan construindo en Betanzos.

E todo por unha ocurrencia importada de Talin.
¿Non chegaria coa outra ocurrencia importada de Verona?
A este ritmo un Betanzos fermoso de por si, acabara parecendo un hortera de discoteca.
¿Non seria conveniente que destas cousas se ocupasen os que saben da materia?


4 opinions:

Anónimo

coño mariño, ¿desde cuando se pide la opinion de los vecinos para modificar algo? ni estos, ni los otros ni los futuros nos tendrán en cuenta a no ser algo tan desorbitado que clame al cielo y entonces salgamos a la calle, mientras perjudique solo a algunos, los demás miraremos para otro lado. Lo que me extraña es que te extrañe esta forma de proceder. un resignado.

Anónimo

e quen é o que sabe da materia? ti? que che roubou a carteira Javier de la Fuente e non sería porque non se che dixese aqui ¿non?

Anónimo

este home é un cachondo, hhohohohohhoohhohoho, superhenry gaçorxa profunfa, facho que ulumina as 1000 persoas libres que corren polo campo adiante en pelotas (o que non sabemos se son ou non xudeos crabados na crus), agora é un superespecialista en plans de mobilidade. O que quedaba agora...
Creo que coincidiremos en que temos claro que se siguise no chiringo ese dc CxB que puxo na alcaldía ao PP e ao PPb, este non dicía nin pio. Ven vostedes agora que tipo de xente é esta ultradereita disfrazada??? ou conmigo ou contra min. Niso basean o seu discurso. Aínda imos ter que reeler todo aquel discurso de "responsabilidade" que o friki este soltaba pola boca non fai tanto, para xustificar tamaña barbaridade...

veciño afectado

..........................
En relación con el nuevo orden de la circulación, que provocó una protesta vecinal, el Ayuntamiento de Betanzos asegura que, al principio, todos los cambios resultan incómodos, pero que el fin de mejorar la seguridad vial en la zona.
..........................
Esto sale no Ideal Galego de hoxe.


Xa vedes que a única explicación, ou xustificación que aporta o concello a todos aqueles veciños que se sinten perxudicados con esta nova disposición do tráfico é que non nos preocupemos, que xa nos acostumbraremos.
A falta de respeto aos veciños desta zona resulta casi humillante.
E para min non hai outra maneira de ver o asunto.
A pesar de que aquí, colaborando con esa evidente falta de respeto, alguha persona interesada intenta politizar o que é simplemente unha pura cuestión de ordenación do tráfico de vehículos.
Seguirá medrando o descontento.
Seguirán medrando os conflictos.
Para non caer na mesma demagoxia que critico, eu vou a aportar a miña solución, que me parece perfectamente viable:
Unha rúa dos Ánxos de doble dirección.
Na que esté prohibido o aparcamento.
Sinalizada e protexida cun deseño similar o actual das cascas.
Cunha policia municipal que o faga respetar sin as excepcións que todos coñecemos e padecemos.
Cunha ordenación do tráfico máis racional, segura e posible.
En definitiva, cuns políticos sensibilizados co problema que temos os veciños desta zona.
Que me expliquen as ventaxas e inconvenientes que ten esta nova ordenación que propoñen, sobre esta outra que propoño eu, que por certo é a que funcionou sempre, e ao mellor me convencen.
Que me aporten razoamentos.
Que pregunten aos veciños.
E quen sabe?
Ao mellor me convencen.
Mentras tanto eu non podo deixar de sentirme perxudicado e un pouco máis aillado.
Perdendo a miña comodidade e os meus dereitos sen ningún beneficio para o resto da sociedade, por unha cuestión de pura e simple incompetencia. Por unha cuestión de pura e simple "mala xestión".
Naraboa Mariño, por loitar polo que cres, e por dala cara.
Desexo de boa fe que te afecte o menos posible este baile de mascaritas de antroido de "carteiras" e "hohohos", que non aportan nada e realmente non sei como soportas.
E se che vale de algo, decirche que non estás só nesta loita.