Vémonos en setembro

Se lles parece ben, cando o sol amaine e corra o fresquiño pola Veiga e o San Xiao, botamos unhas parrafadas.
Quero aclarar que pechei os comentarios porque recibía un montón de basura en inglés. Enfilou ó Outeiro un deses motores que se dedican a mandar propaganda nos comentarios dos blogs. Pecheilles as portas para ver se nun tempo se esquecen deste pedregal en man común.

Xa ven que a señora Alcaldesa desprecia tanto ós 1.211 firmantes coma os acordos do Pleno Municipal, e os veciños dos Ánxeles-Cruz Verde temos que seguir facendo gincanas entre coches e peatóns para chegar ás nosas casas. O descontrol é de tal calibre que algúns temos que facer maniobra enriba da acera cada vez que saímos do garaxe. Recordan que falaban de seguridade vial.

Como a indignación sigue medrando e quen ten a obriga de facer cumplir os acordos municipales parece xorda, deberemos irnos mentalizando de que compre coller a sartén polo mango para tomar, como decía Rosalía, A xusticia pola man.

Déixoos coa miña traducción da que para min é a canción máis fermosa que se ten escrito.
Léo Ferré era un anarquista francés, músico e poeta, que compre coñecer.

Disfruten dos días de vagar e collan forzas para seguir loitando polos espacios de libertade e democracia sen os cales o home non é máis ca un esclavo.
Soñen, pois non vaia ser que o que decía Hölderlin, "El hombre es un dios cuando sueña y un mendigo cuando reflexiona", sexa certo.