Divagando


Escribía don Luis de Góngora y Argote despois da súa primeira visita a Galicia:

Confundidas aquí las estaciones,
no se conocen sus distribuciones.
Invierno es todo el tiempo del estío,
todo el año diciembre, con tal frío...

Cada vez teño máis claro que Internet está perdendo a súa capacidade de medio de comunicación e información á marxe do poder que, insaciable, quere controlalo absolutamente todo.
Non importa a cor política, empresarial ou sindical: todos eles manexan os mesmos resortes e os mesmos mecanismos de control social.

Decía Paul Valéry que a política é unha arte que consiste en impedir que a xente se ocupe do que realmente ten que ver con eles.

Como decía, os medios de comunicación, ó servicio dos grupos de poder dos que falabamos, promocionan Twitter e Facebook, o cotilleo en mensaxes con poucas letras, para apagar os blogs de análisis que estimulan o pensamento crítico e a diverxencia.
Máis vello que os candiles de carburo.

Supoño que é outra batalla perdida. Ó mellor convén dar por perdida a guerra e poñer terra de por medio para que o fedor da podredume non nos alcance.

Supoño tamén que cando un alcanza os 2.999 suscriptores e os seus videos se reproduciron casi dous millóns e medio de veces

pode opinar sobre o potencial deste medio interactivo no que todos os ordenadores conectados teñen as mesmas posibilidades de emitir ideas e conocementos.

Nunca a igualdade estivo tan cerca. Pero eles saben cómo pastorear os rebaños.
Leron a Maquiavelo, aínda que non o entenderon, e son especialistas en fabricar organismos vivos alienados.

Están ansiosos por prenderlle lume a todos os outeiros desde que os cidadáns libres emiten ondas que invitan a elaboración dunha idea propia do mundo e das relacións humanas.

Estes días a oligarquía política galega anda enredada con fotos de políticos e contrabandistas/narcotraficantes.
As empresas pechan e a xente nova emigra, e eles cos coitelos afilados nas trasnoitas apuntando os uns ós outros.
¿Fano para mirar de que a xente nova traballe na terra e deixe de emigrar?
¡Que va!
As navalladas son para facerse co poder. E nada máis.

Eu vivín en Rianxo e alí contáronme como nas noites de copas aparecía alguén reclutando xente para decargar Güiston de batea a razón de 1 pta./cartón. Na Raia de Portugal o contrabando era con vacas cara Portugal e becerros cara Galicia.
Roubar á Facenda Pública (cartos de todos) era o deporte de moda.
Do tabaco pasouse á droga e as metralletas.

Este político profesional (nunca traballou) mostraba unha fotografía conocida co fin de culpar ó Presidente da Xunta da morte de algúns dos retratados.


Este home non sabe que está despreciando ós que aparecen na foto.
Solo os fanáticos e os predicadores amorales son quen de convertir unha actitude ante a vida en mercancia podrida ó servicio dos seus cochambrosos intereses.
¿Preténdese insinuar que os do equipo eran uns neniños irresponsables que non sabian o que facían?
¿Un mozo feito e dereito que se droga é responsable de facelo?
¿Por que, estando a droga ó alcance de todos e en todos os sitios, uns se drogan e outros non?

Da miña xeneración cairon uns cantos, como caeu Janis Joplin ós 27 anos

e Jimi Hendrix ós 28


¿Imaxinan ó político profesional sostendo unha foto con eles os dous e culpando ó presidente USA da súa morte por aparecer retratado cun mafioso?
As risas chegarían a Tegucigalpa.

 Ampliemos a foto da xente nova da ría de Arousa:


Vese que levan nas súas camisetas NEGRAS unha


Eso quere decir que tiñan unha maneira propia de ver o mundo.
Ó menos tan respetable coma outra calquera, aínda que a moitos nos doa que proporcione certos argumentos.
Por eso me rebela ese mequetrefe manipulador que probablemente non teña nin a décima parte da coraxe dos anarquistas arousanos.
Porque os está despreciando despois de mortos ó tratalos co paternalismo co que se se lles fala ós nenos pequenos.


A prevención da drogadicción ten dúas patas, e solo dúas: a educación e a información.
Que ó final resúmense nunha: EDUCACIÓN.
Botarlle a culpa a outros das decisións que un toma sirve de pouco.

É o vello suterfuxio do chivo expiatorio: si os traficantes son os únicos culpables todos os demáis podemos ter a conciencia tranquila e durmir a pierna suelta.

EU NON A TEÑO porque penso que sempre se pode facer algo máis para evitar que un adolescente se sumerxa en paraisos artificiales que o destruirán.

Pero estes políticos profesionales non teñen conciencia e solo pensan no que lles convén: o poder do que antes falabamos. E por el son capaces de case todo.

As drogas viven con nós e compre armar á xente nova para que sexa capaz de desprecialas.
¿Cómo facelo?
¿Cómo as desmitificamos?
¿Establecemos diferencias entre duras e blandas?
¿Onde metemos ó alcohol?
¿Legalizando os derivados do cannabis como se fixo co alcohol?
¿Que porcentaxe de consumidores de cannabis se convirten en consumidores habituales de drogas duras?

Compre contestar a moitas preguntas.

Por suposto que aqueles que comercian con drogas, sobre todo si son duras, deben terminar entre rexas o tempo proporcional ó daño que axudan a causar en tantas familias. E pagar o dolor co seu patrimonio.

PERO NON NOS ENGAÑEMOS: NON SON OS ÚNICOS CULPABLES.

Ademais da innegable responsabilidade dos propios consumidores (e da das súas familias, nalgúns casos, cando se trata de xente nova), TODOS os estudios demostran que o consumo de drogas (alcohol incluído) aumenta cando escasea o traballo e as expectativas vitales da xente non se poden materializar.

¿E quen son os responsables de que non haxa traballo?: os xestores do público.
Os políticos.

E os políticos profesionales máis aínda.