Cuarteto Quiroga
A NOTICIA:
O PERSONAXE:
OS ELEXIDOS: OS QUE DEBERÍAN TOCAR: O señor Alcalde de Lugo é un home singular: - A súa man dereita no Concello reconoceu que era un ladrón - Algúns concelleiros do seu partido decidiron abandonar a Corporación. - Don José Luis Orozco leva media ducia de imputacións nos tribunales pola súa dudosa xestión municipal - É un dos saqueadores das caixas galegas pois formaba parte do Consello de Administración de Caixa Galicia representando ó PSOE - A pesares de todo o anterior, este profesor de Filosofía de Instituto non dimite. E sigue facendo das súas: - O Ara Malikian Ensemble é un Agrupación dedicada á Música de Cámara liderada por un violinista libanés . Normaliña. Pero con bos contactos e dominio escénico para engatusar a paletos. - O Cuarteto Quiroga leva o nome do mellor violinista galego (o pontevedrés Manuel Quiroga) e está considerado un dos mellores Grupos de Cámara de España. Un dos seus membros, o ourensán Cibrán Sierra, é un dos grandes dinamizadores da música galega pois os concertos de Sen batuta son do máis interesante que sucede na Galicia interior. Pero como estamos anestesiados e gobernados por oligarcas ós que o único que lles importa é facer cos cartos de todos os galegos actividades que chamen a atención, en lugar de apoiar ós que realmente tiran do carro da CULTURA de Galicia, temos o que merecemos. ¿Serán os que gobernan Lugo deses paletos galegos que pensan que o nome e o que toca o instrumento, polo que Ara Malikian ten que tocar mellor que Cibrán Sierra? ¿Saíremos algún día da anestesia para ocuparnos de ser gobernados por xente honesta que defenda o noso? |























