Habitacion 256

O vento que move a cortina trae un sabor lixeiro a salitre o mesmo tempo que pola ventana aberta de par en par se cola un taconeo agudo (e funcion da superficie de contacto) que semella ser o latido apresurado da capital da provincia.

Empezar as vacacions de maestro (hoxe de 1 de xullo a 1 de setembro) desde a habitacion 256 pode resultar pouco poetico.
Pero a vida de moita xente, por unha causa ou por outra, non ten moito que ver con Trilce.

Reflexionar sobre o feito de ser funcionario neste pais e unha invitacion o cinismo e a sonrisa ironica de todo aquel que crea estar de volta de discusions bizantinas.

Cando as cousas van ben e falas con compañeiros ou conocidos que traballan na empresa privada, e inevitable que todo aquel que non teña as cousas claras se sinta un pringao.
Non e o meu caso.
Dinche que ganan case o triple ca ti e que ademais teñen que actualizarse continuamente indo a Irlanda ou a USA.
E ti nun instituto dunha vila con titulo de cidade facendo gardas de recreo (A lei dictamina que os antigos agregados e catedraticos de Instituto temos que facer de vixilantes nos recreos: E un caso insolito dentro da Administracion publica que solo pode entenderse coa premeditacion e a alevosia dos que queren destruir un colectivo basico para que o principio de igualdade de oportunidades sexa unha realidade. Por non falar da optimizacion de recursos: Un doctor en quimica vixilando que os adolescentes de trece anos non anden a cachete limpo nos recreos).

Para alguns e o argumento que necesitaban para abandonar o campo de batalla na eterna guerra por conseguir unha enseñanza publica de calidade.
Recorden que unha democracia que mereza o nome e aquel sistema politico que permite que o fillo do albañil sexa arquitecto e o fillo do arquitecto albañil.

Para outros e unha invitacion a fichar polo equipo dos fracasados, encamiñandote cara os Deprimidos Anonimos nunha segunda etapa.

E a depresion e case unha enfermedade profesional no colectivo dos enseñantes.

Cando as cousas van mal, ves o Xefe de produccion coa cabeza baixa e o bigote descoidado, e enteraste que houbo unha reestructuracion na empresa e que o mandaron o paro.

Daquela empezan a decirche que eres un privilexiao e que os funcionarios son uns parasitos. Que, polo menos, hai que conxelarlles o soldo.

E ti que por oposicion libre eres un funcionario do Grupo A (licenciados, medicos, inxenieiros, arquitectos, … que traballan para a Administracion) con trienios (e sexenios) ves que segun a recente Renta 2008, Leire Pajin gana mais en dous meses ca ti en todo o ano.
Por eso da tanto gusto vela encabezando manifestacions no 1º de maio.

E soportas estoicamente a esquizofrenia de pasar de ser un pringao a un privilexiao.

O curioso e que as oposicions libres para ser funcionario estaban abertas a todos (sin distincion de sexo, raza, relixion ou orientacion sexual) os que cumplisen os requisitos. Estudiar durante cinco anos unha carreira, pasar dous ou tres anos preparando unhas oposicions, quedar por diante dos compañeiros que tamen estudiaron seriamente e pasar seis ou sete anos dun lado para outro en expectativa de destino.

Cando o cabo de vinte anos, a lomos do teu terceiro coche de gasoleo, consigues plaza na cidade na que tes montada a vida familiar, alguns pensan que levas incluido no soldo aguantar as suas frustracions.

Fai uns anos, contesteille en LVG a un coruñes da privada que se queixaba por non estar totalmente equiparado cos profesores da publica.

Falaballe de dous hipoteticos compañeiros coruñeses que se licenciaron en quimica.
As relacions familiares, politicas ou relixiosas fan que un deles entre nun colexio privado concertado da cidade.
O outro estudia tres anos oposicions financiandose con clases particulares e despois de recorrer media España chega vinte anos despois a un instituto da Coruña.

Nese tempo os sindicatos levan negociado a practica equiparacion salarial dos dous colectivos.

Cando se atopan e conversan, o concertado queixase de que a igual traballo non lle corresponda identico salario. O entendido en motores diesel pasaselle pola cabeza pegarlle unha patada no cu, pero -politico- contestalle que para que eso fose xusto (olvidando os tres anos de preparacion de oposcions) as plazas dos colexios concertados, xa que a Conselleria de Educacion lle paga directamente os soldos os profesores, deberiaan sair a concurso como destino provisional dos funcionarios en expectativa.

E moi saludable poñer a cada un no sitio que lle corresponde.

Cousa distinta seria falar dos que entran no edificio da Administracion por unha porta traseira.

Porque os fillos dos pobres temos que entrar a empuxons pola porta principal, mentras que pola traseira o fan sin agobios as crianzas dos poderosos.

Teñan coidado coa palabra poderosos, que tanto escoitan en boca dos que se din representantes dos obreiros.
Poderosos son os que teñen poder. Economico ou politico.

Os profesionales da politica dinnos que os poderosos son os donos do capital e que eles son simples representantes populares.

¿Sera por eso que o hoxe dimitido Director do CNI colocou a tres sobriños de espias?

Pero, para ser xustos, compre reconocer que do 1 de xullo o 1 de setembro van dous meses e que, ainda que hai uns anos eran tres, un traballador normal ten que conformarse coa mitade.


0 opinions: