Aviso

Acabo de darlle saida por ultima vez a todos os comentarios de quen, firmando superhenry, e un vello militante da exclamacion e do insulto deshinbido contra o Administrador.
De seguro que ten as suas razons.

Ainda que os seus exabruptos contra a miña persona me parecian eloxios polo metodo de reduccion o absurdo, en dous lugares distintos me comentaron, quenes teñen por costume visitar este Outeiro, o desagrado que lles producia ter que estar lendo insultos continuamente.

E unha evidencia que superhenry pretendia boicotear esta bitacora.
De seguro que tamen ten as suas razons.

Poderia xogar agora nese terreo que vai da ironia o sarcasmo, sacandolle punta a algunha frase de Jacques Lacan collida a vuelapluma.

Pero non e o meu estilo. Decirlle, señor superhenry, que me teño divertido (non hai nada ironico no termino) cos seus escritos e incluso algunha vez me pareceron interesantes.

Penso que se lle decidase a mitade da coraxe a sua tese doctoral, ben seguro que a dia de hoxe seria vostede un brillante doctor en ¿Matematicas?.

No tempo de vida que lle poda quedar a este pedregal en mancomun, non contaremos mais coas suas altruistas aportacions.

Asumimos o descenso de materia gris que a dolorosa decision supon.


0 opinions: