Os xoves, callos

Sentome, con pouco tempo, para botarlle unha vista a prensa e comentar que o azar parece estar apoiado en el quicio de la mancebia.

Estaba estibando a equipaxe para abondanar definitivamente a politica local e plantearme a continuidade do Outeiro.
De decidir seguir sachando neste pedregal, debia trazar o rumbo do veleiro.
Teño claro que O Outeiro de blancolexitimo nunca navegara vento en popa.
Para facelo, ese vento teria que soplar para todos.

E nestes anos vividos, Eolo sempre bufou para uns cantos.

E nesto que me chega noticia dun Informe.

Queren as circunstancias que ese documento me colla con responsabilidades de representacion que non me correspondian e que a boa veciñanza, e a responsabilidade, fixeron que tivese que seguir asumindo.

Compre aclarar que hai un tempo lia os informes (o que lles podo asegurar que non boto de menos) e agora falanme deles.

E curioso como o destino torce os camiños que un estaba decidido a recorrer.

Produceme hastio pensar en ir marcha atras e volver os tempos da Casa Pita, do xuez Tain, do Consello de Contas e de toda aquela artilleria argumentativa, escrupulosamente democratica, posta en xogo no debate politico.

A cuestion e simple:

¿Podera blancolexitimo ser pita nuns ovos con xamon?
¿Ou estara condenado de por vida a facer o papel de porco?

Esto da ideoloxia e peor que unha hipoteca: Da hipoteca tarde ou cedo acabas saindo.

ACLARACION:

Acabo de chegar a casa e, despois de ler o comentario e reler o que escribin, admito que e dificil entender o que quero decir.

Falo da miña Presidencia da Comunidade de Propietarios do garaxe que esta debaixo de Doña Agueda e dun Informe dos tecnicos municipales no que, o parecer, se afirma que o Concello non ten responsabilidade algunha no deterioro dese espacio publico.

Estou escribindo con informacion obtida dun veciño, polo que poño en solfa todo o que aqui estou redactando.

Se fose certo pareceme unha provocacion, sobre todo despois de ver como outra praza con garaxes debaixo ven de ser amañada con diñeiro publico.
O ambiente entre os propietarios e de todo menos pacifico e hai quen pensa que estamos sendo utilizados coma moneda de cambio dalgunha liorta politica.

E claro, veñenseme a memoria aqueles informes que permitiron que un patrimonio betanceiro coma a Casa Pita fose desguazado.
Se recordan, o xuez Tain dixo que non podia emitir sentencia porque se retiraran as denuncias.
Todo eso anda por algun recoveco dun disco duro externo que teño por aqui.

Parece que falaremos deso. Ainda que a min me resulte tan pesado coma correr unha media maraton.

¡E o destino!

No que ten que ver co Outeiro, quero que quede claro que me sigue parecendo asombroso o nivel de seguimento que sigue tendo despois do estado de semiabandono no que se atopa, debido a que os dias so teñen 24 horas e o Administrador esta mais exprimido que o estomago de Carpanta.

Unha norma escrita da blogosfera di que si queres que a tua bitacora sexa seguida tes que escribir con regularidade sobre temas que teñan tiron mediatico.

Como aqui non se sigue esa norma e sen embargo o contador chega a sumar 260 movementos en 24 horas, empezo a pensar que este pedregal en mancomun ten vida propia e leva camiño de independizarse de blancolexitimo.

Xa fai uns meses que lle concedin o dereito de autodeterminacion. E agora ando animandoo e dando vivas a Escocia.

Pero non se decide: ¿Medo a sensacion de valeiro no bandullo que produce o libre albedrio?

Decia o meu amigo J. (¿por que ruas paseara?): Se tes descendencia e medios economicos debes empadronarte a 200 km de calquera facultade universitaria.
- ¿?
- E a unica maneira de que os fillos se vaian da casa os 18 anos.


5 opinions:

Anónimo

supoño que lerás o informe, con ou sen hipoteca...a min non me chegou, que é peor.E non te creas que ademáis as hipotecas son tan fáciles de sacudirse de enriba coma dis... Se che chegou será por algo.Ainda somos peor nós que nos chegan os rebufos dos devanditos informes de terceira man.Polo menos a ti chéganche de primeira.Xa contarás de que vai...
antes tanta "atenta" paixón e agora tan pouco falador.
Dis que o outeiro non vai ben...home, é bastante lido e ten a súa gracia. Non sei eu que sexan outros máis concurridos...a meirande parte deles esmorecen...ten boa duda!

Anónimo

que amañen prazas con diñeiro público dependerá da avaría e supoño que non se poderá xeneralizar.Si os técnicos din que o concello no ten responsabilidades será que nos outros casos as terían...vai ti a saber.
Supoño que ao non estar sobrados de cartos tamén pode ser que lle busquen tres pés ao gato e rexeiten a indemnización por calquer cousa.
En canto ó do libre albedrío do Outeiro,perdinme no que dis, a non ser que queiras dicir que algúns están só por montar troulada, porque ó millor están amolados cos resultados das aburridas eleccións en tódolos ámbitos , concelliles-autonómicas-estatais, e non teñen máis que facer,de seguro que ainda por riba están no paro, que emprendela co administrador, xa que os outros políticos tócanlle de bastante máis lonxe.
Tendo en conta as burradas que din os políticos nos espacios públicos, non é de extrañar que a xente de a pé non faga precisamente do outeiro un coloquio que supere os "debates sobre el estado de la nación",como si acaso quixeras.
Eso sí, menos aburrido é...non te queixes.

Anónimo

tampouco se pase vostede... libre "algarabía" non se produce por unha anotación. Tal vez se marca vostede demasiados tantos e non le coa suficiente calma o que se lle di.
Ten a costume de tentar sacar punta a todo, e ao mellor non todo é así. Se cando unha e outra vez recoñece a incapacidade da sociedade para entender ese mundo no que vive, non se entende porqué agora se escuda niso.
Tal vez terase que preguntar porqué unha norma do franquismo o fixo presidir un organismo como o que agora denosta.
Xa sabe, adiquelle o tempo que lle adicou a outras cousas.

Anónimo

A interperetacion da ley sempre e subjetiva, depende si se lee tal e como esta escrita ou si pola contra saltamos renglons.
Tamen existe a lectura sectaria para o que mais conveña nese intre.
E despois temos os que a leen solo no final, polo que o principio no conta.
Despois de todo isto saen os informes que casi sempre son donde se aferran os mediocres para non ter responsabilidades.

Anónimo

superhenry, libartaz libertaz!!!! disque os seu amigos de ciudatans, para salvagardar a libertaz nen niño de separatistas que se chama catalunya, van votar a favor de que se sigan celebrando touradas: libertaz libertaz!!!!
Non duvido que vostede non apoiase esa experxión de libertaz libertaz alí
hahahaahah.

Por certo, moito lle baixaron as visitas... Ve, dende que non me publica, o blogue perdeu persoas visitantes. Agora é un blogue Peter Pan, eternamente xovennn...