De 31 a 1.211

A soberanía popular non se limita a votar cada catro anos.
A democracia participativa, a única que pode denominarse democracia, permite que en calquera momento os únicos suxeitos de dereitos que a estructuran, os cidadáns, leven iniciativas populares ó organo de representación máximo que é o Pleno Municipal.
Home, podería darse o caso de que nos bancos da Sala de Plenos se sentasen as mentes máis lúcidas, ponderadas e respetadas deste pequeno concello. Pero aínda así, eses sabios estarían dispostos, por selo, a escoitar as razóns de outros tan interesados coma eles polo benestar dos seus veciños.
É a humildade e o xesto tranquilo, que asoma naqueles ós que a experiencia lles ten demostrado que o saber queima as cellas e xenera dioptrías, o que escasea nos que nos gobernan. Algúns deles pensan que os votos dos veciños lles dan uns conocementos e unha capacidade de discernimento en temas sobre os que nunca elaboraron a mínima reflexión.
Unha persona humilde e preocupada por aprender é capaz facerse cos mecanismos pouco a pouco. Os que deciden equivocadamente e se manteñen nos seus erros aínda cando a cidadanía lles fai saber o que opina,pacífica e respetuosamente, deberían dedicarse a outra profesión. Para esta non están capacitados.

Despreciaron a, según eles, 31 veciños que se preocuparon polos seus dereitos. E agora os 31 multiplicaronse por 40, e 1.211 veciños de Betanzos, maiores de edade, facendo uso dos dereitos constitucionales puxeron a sua firma e o seu DNI debaixo do Manifesto que lles pego:



SRA. ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE BETANZOS


Os abaixo firmantes, veciños do barrio Ánxeles-Cruz Verde e cidadáns de Betanzos que circulamos por esas rúas


Manifestamos

1. Que a nova ordenación do trafico na rúa Ferradores provócanos graves perxuicios á hora de acceder ás nosas vivendas e locales comerciales, debido a que se nos obriga a circular por rúas moi estreitas, con moita pendente e con xiros que en moitas ocasións requiren facer maniobra. Por non falar dos escalóns cos que nos atopamos no recorrido.

2. Que a nova ordenación do tráfico na rúa Ferradores provócanos graves perxuicios ó impedir o acceso ó barrio de vehículos de tonelaxe medio tales coma os camións de reparto.

3. Que a nova ordenación supón un perigo para os peatóns que transitan entre os Soportales e o Casco Histórico, e para a xuventude que en días festivos e fins de semana ten no entorno da Fonte de Unta o seu lugar de esparcemento.

4. Que apoiamos coa nosa firma ós veciños que se opoñen a unha decisión tomada por vostede a espaldas de todos nós, despois de manifestarlle a todos aqueles que solicitaron información que o trafico non sufriría variación.


Polo que solicitamos que

• Cumprindo coa obriga inherente ó seu cargo de facilitar a vida e o desenvolvemento da actividade comercial de todos os cidadáns, proceda a iniciar os trámites necesarios para que se poda circular nos dous sentidos pola rúa Ferradores, tal e coma se viña facendo desde tempo inmemorial.

• Instámola tamén a que faga que se cumplan as Ordenanzas Municipales no relativo ó estacionamento de vehículos nas rúas do barrio.


Betanzos, marzo de 2010



Unha vez máis aflora o único camiño que nos pode transformar nun sitio distinto. Ser esa pequena cidade, capitalidade dun pequeno concello, na que as súas xentes empezan a pensar que a capacidade de decidir non é algo que se lles concede cada catro anos senon que ven de serie con cada un dos cidadáns empadronados.
Sucede que a deixamos podrecer, aínda que para exercitala non sexa preciso nin o máis leve aceno de violencia, como acaba de suceder.

¡É a maravillosa sensación de sentirse libre e dono do teu destino!

Aínda que algúns nos chamaron pelagatos ó pensar que eramos poucos.

¿1.211 pelagatos? ¿Non será que os pelagatos sonos eles?

¿E agora?

Por tratarse o tema que nos ocupa, escoitei hoxe a parte do Pleno na que se debatía unha moción do PSOE coincidente con esta reinvindicación veciñal.
Sendo como son un dos 31 pelagatos, debo agradecer o apoio de PSOE e BNG á nosa iniciativa popular.
Dos que aprobaron a modificación e non son capaces de rectificar, pouco que comentar.
O PP parece non estar disposto a disculparse por mentirlle os veciños e pola nota de prensa publicada. Calan e repiten ridículos argumentos sobre Seguridade Vial que ningún técnico na materia se atrevería a mencionar.
En canto a un partido que leva por nome Cidadáns por Betanzos, nota de prensa aparte, o ridículo non pode ser máis elocuente:
Dinlle o PSOE que votarán a favor da súa proposta sempre e cando eliminen o punto que trata da doble circulación por diante dos Soportales. Cuestión a favor da cal, según vemos, 1.211 betanceiros poñen a súa firma.

¿A que cidadáns representarán estes Cidadáns?

Cando terminei de cear, puxen de novo a radio no momento no que o Portavoz de CxB acusaba ó BNG de estar próximo ó PP.
Apaguei tan rápido que case chimpo o aparato da cima do mueble no que estaba.
¿Terá efectos alucinóxenos o barrón de café con leite e pan que viña de comer?


5 opinions:

betanceiro

Noraboa!
De pouco máis de trinta...
A pouco menos de mil trescentos!
É unha cifra que seguirá medrando…
Pero…xa non cabemos na foto!
Tampouco é tantan a desgraza...
Desta vez xa llos damos contados...
Unha diferenza cuantitativa que debería obrigar a recapacitar aos nosos políticos.
Que debería obrigalos a plantexarse se o seu labor é o da administración dos intereses xerais, ou a de poñer en práctica as súas apetenzas ou criterios personais.
Que debería bastar para excitar o seu sentido da autocrítica.
A súa sintonía cos votantes.
Cos veciños en xeral.
Polo tanto...
Gran oportunidade perdida a de onte no pleno do Concello de Betanzos polos representantes de CxB, que antepuxeron a súa intolerancia e soberbia, ao beneficio de moitos dos nosos veciños, e votaron en contra do solicitado polos veciños, e en contra doutras dúas formacións políticas, continuando no seu apoio a un governo do que acaban de sair, sen ter en conta os perxuicios dos veciños, sen sequera falar con eles, nun exercicio noxento de pura conveniencia política persoal.
Esta xente só debería estar atada ao que resulte conveniente e beneficioso para os veciños de Betanzos, e non a… “manter o tipo” nun equivocado e inexplicable exercicio de cutrez e egoismo político.
Todos sabemos que de existir, o informe da policía local respecto ao sentido do tráfico en Ferradores, este informe non sería vinculante.
E o criterio lóxico no caso de existir ese informe, sería o de realizar as adecuadas reformas para eliminar a perigosidade do xiro á dereita en Ferradores.
Nunca a de desviar o tráfico por outro sitio e dunha maneira permanente.
Se se lle pide un informe á policía local sobre a perigosidade do xiro na Fonte de Unta, non lle vai caber mais remedio que dar un informe confirmando tamén a perigosidade deste xiro.
Cal será enton a reacción dos nosos políticos?
A reacción lóxica sería a de eliminar esa perigosidade, con sinalización, prohibición de aparcadoiro, adecuación do firme, pasos de peóns…, etc?
Calquera cousa menos a de volvelo a desviar.
A este paso….
Estou vendo aos veciños de Anxos- Cruz verde tendo que acceder ás súas vivendas por Armea. Polo veciño concello de Coirós.
Cousa que se debería impedir por moito que o recomendase a nosa policía municipal.
Para iso deberíamos ter aos nosos políticos.
Para que fagan máis doada a nosa vida.
Para que o xestionen.
Se poñan como se poñan, é moito menos perigoso entrar por Ferradores que pola Fonte de Unta, e ademáis é moito mais doado eliminar os arranxos ao tráfico que fan perigoso o xiro de Ferradores que o da Fonte de Unta.
É algo que entenden e comprenden perfectamente os nosos concelleiros de CxB.
Pero a súa soberbia ou a súa pouca habilidade política, impídenllo recoñecer.
E ven resultando.
Que nin non governo nin na oposición….nin comen nin deixan comer.
E mentras…..
E nunca mellor dito…
Os veciños “de vía crucis”….

Pobres betanceiros que vai ser de nós….

Un saúdo…

Vivimos en Betanzos

Anónimo

¡Autentica vergúenza, provocaba el pleno de ayer! ¡da ganas de no votar nunca mas!. Y..¿estos son los representantes del pueblo?-
¿Como puede un partido politico localista votar abstencion en una mocion la cual pide que se mejore una serie de anormalidades que estan dando con los Betanceiros en el suelo cada pocos dias?, cuando este pavimento esta causadando lesiones graves a algun Betanceiro, cuando ademas no permite que minusvalidos disfruten de terrazas por cierto,no legitimadas. Anteponen un punto secundario(retirada de la peticion de la direccion de los Angeles) dicen que por coherencia..., a la mejora para los vecinos de una situacion desastrosa. ¿voto CxB toda la reforma en junta de gobierno o solo la reorganizacion del trafico?¿Coherencia..?
Creo que la coherencia esta en saber rectificar a tiempo antes que ocurran mas situaciones graves y que la mitad de los vecinos andemos escayolados,o es.. ¿que prefieren que lluevan denuncias por esta causa? las pagamos todos, no solo el gobierno Marifa.
Parece que la situacion que se vive entre los politicos de este pueblo obedece mas a asuntos personales que a mejoras para los vecinos.
Se ha perdido la ilusion que genero en su dia el CxB, y creo que no se recuperara en mucho tiempo, tal es asi, que tambien creo que enterraron la posibilidad de que gente nueva y mas preparada se animen a enriquecer la democracia de Betanzos.
Lo que esta claro es que los politicos de este pueblo y representantes de Betanzos dan ¡vergúenza ajena!.

betanceiro

Lexitimadas...?
Excita a miña imaginación un comentario anterior sobre a lexitimación ou legalidade das actuais terrazas do campo….
Están lexitimadas…?
Son legais…?
Todos vimos na prensa destes últimos dias as queixas ou advertencias do BNG a este respecto.
E debo advertir….que para o meu criterio non lles falta razón.
Legalmente é un uso privativo e permanente de un ben de dominio público.
E polo tanto….debería otorgarse mediante concesión.
Parece ser que neste sentido existe un sensato informe dos técnicos do propio concello avalando esta versión.
Informe ao que non se lle fai nin caso.
De feito as terrazas están cheas de mesas e sillas.
Hai unha serie de empresarios deste pueblo que as están usando según estes informes…”ilegalmente”.
Pero nadie llo impide.
Nadie lle fai caso a estes informes.
Nadie redactou un pliego de condiciones.
Nadie convocou concurso público.
Todo a mundo parece estar calado.
A conclusión que poderíamos sacar é que o actual governo de Betanzos faille caso só aos informes que lles peta.
Faille caso ao informe da policía municipal, caso de existir…, en canto a perigosidade do xiro en Ferradores…
Pero non lle fai nin puto caso ao informe do secretario municipal, que si existe, eu o vin na prensa, en canto ao proceso legal que debería seguir o concello para xustificar o uso exclusivo por parte duns particulares dun ben de dominio público como é o espazo que ocupan as actuais terrazas do campo.
Xa ven….
Diferentes varas de medir….
En definitiva…
Pouca honestidade política!

O dito…

Pobres betanceiros que vai ser de nós…..

Un saúdo.

Vivimos en Bentazos.

Anónimo

Sigo lembrando que un dos maiores responsabeis do que está pasando en Batanzos, é Superhenry.
Agora desdise e rectifica, pero mira que non se lle advertiu veces de cal era o chiringuito no que estaba metido e no que participou con tales enerxías que chegou a xustificar cousas inxustificabeis como o do cine...
Agora como o problema lle toca a el, pon o berro no ceo...

Manda truco con estes "democratas".

E como nota final, lembrar que CxB se creou ao aveiro da chiringuitada esa da ultradereita que xa non lle serve o PP e que se chaman ou cidatans en catalunya, ou upyd en ejpaña. Esta é a verdadeira democracia desa xente.

Agora so me queda volver ler algún articulillo deste mediocre profesor de químicas falando sobre a "democracia" da ultradereita pp ou psoe.

Despois aínda viran dicindo aquelo da imposición do galego... e que xa non lles queda outro argumento para sentirse vitimas... aqueles que levantaron os fusís para pasear polas noites a homes e mulleres que ao día seguinte aparecían nas cunetas mortas...

Anónimo

Me das mucha pena Mariño porque a varias personas que no son de Betanzos las intimidasteis con nvuestra insistecia para que firmaran y erre que erre hasta que lo hicieron. Tu sí que engañas porque tu afán era que cxb obedeciera con fidelidad al pp de tu querido medico yde paso se solucionaran tus goteras y loa atascos que montaba tu mujer.Pareces la Esteban que tienes a tu Jesulin particular cxb, para vivir de ellos, si no no eres nada.