La primavera ha venido

Este sábado chuvioso que nos trae unha nova primavera, invita a que vexamos as cousas coa tranquilidade que en certos momentos non somos capaces de ter.

É obrigado falar do conflicto que manteñen os veciños dos Ánxeles-Cruz Verde co Goberno Municipal.

Saberán todos vostedes que o noso é un barrio moderno no que moitos edificios teñen baixo + tres plantas e que, no antigo Hotel Los Ángeles, se está construíndo un edificio con esa estructura (un dos poucos que se levantan nestes días de crisis da construcción en Betanzos).
Tamén terán oido falar ós urbanistas de que canto máis altos sexan os edificios maior ten que ser a distancia entre eles, para que a densidade de habitantes/metro cadrado non supere un determinado valor, e o sol rebote nos cristales (xusto o contrario do que sucede en Bellavista, e ademais con ese nome)
Pensen que todo esto non é aplicable cando se trata dun Casco Histórico no que todas estas cuestións están determinadas pola historia, e moitos somos partidarios de non tocarlle nin ás pedras dun portelo.

Pois, por moi inexplicable que lles poida parecer, un Goberno Municipal decidiu impedirlle o paso a este barrio moderno a todos aqueles transportes de medida estándar que se dedican á construcción ou ós suministros (Nesta páxina vense camións de obra entrando por dirección prohibida e poderíanse mostrar como os camións de reparto fan o mesmo, incluso entrando marcha atrás para non imcumplir as normas.
Con estes feitos diante, falar de mellorar a seguridade vial parece un sarcasmo.

Eu non podo criticalo pois entran polo único lugar polo que poden entrar. ¿Quen no seu sano xuício pode non entender o que eso significa?

Pero xa ven, os nosos responables políticos veñen de escribir nun comunicado oficial que a esa inexplicable tolemia sólo se opoñen 31 pelagatos.

Eles non saben que cada día que pasa a indignación é máis grande e que xa empeza a correr a consigna de que se os camións entran por dirección prohibida tamén podemos facelo os veciños que somos os que vivimos o día a día do barrio.

¿Quen é a Xunta de Goberno Local para modificar sin consultar cos veciños uns hábitos vixentes desde que os coches teñen rodas?

A ineptitude e a prepotencia producen vergonza allea.

Outra cousa moi distinta sería que se nos convocase, se nos explicase o proxecto e se pedise a nosa opinión.
Pero non é sólo eso, ademáis mínteselle descaradamente a uns veciños que piden a información que o Concello debería proporcionar por iniciativa propia.

Todo esto é impresentable desde o punto de vista do funcionamento democrático dun concello. Non hai por onde collelo.

Moitos veciños decidimos actuar coa responsabilidade (e a claridade e a transparencia, por que non decilo) da que carecen os nosos gobernantes, iniciando unha campaña de recollida de firmas para comprobar si son sólo 31 pelagatos os que están en contra desta medida.
Supoño que, rematada a recollida, faráselle chegar á prensa o resultado para que uns representantes, en nome dos firmantes, se reúnan coas autoridades municipales co fin de solicitar a retirada inmediata do sinal de dirección prohibida.
Se eso non se producise, ós veciños non nos quedaría máis alternativa que empezar coas movilización que algúns estan reclamando xa.


Se seguimos comentando o comunicado do Concello, chegamos ó terceiro párrafo no que se nos pretende explicar o porqué se tomou a decisión e quen son os responsables dela:
"- Recuerda que la decisión final de reordenación fue tomada en base al informe elaborado por la Policía Local, solicitado previamente por el equipo de gobierno antes de realizar cualquier modificación. El informe, en el que se basó la decisión final del equipo de gobierno, aprobada el la Junta de Gobierno ..."
(O tachado e o subraiado son meus)

Ocupareime agora das responsabilidades para falar de porqués no futuro.

Supoño que lendo a nota queda claro, pois en cinco liñas dinnos tres veces que o responsable é o Equipo de Goberno.
¡Por si non nos dabamos de conta!

E teñen razón.
Non podo compartir as críticas que personalizan na Alcaldesa toda a responsabilidade destes feitos. Aínda supoñendo que ordene e mande de maneira absoluta no PP local, ó non ter a maioría absoluta non tería a capacidade de levar a cabo o proxecto.

Para responder honradamente a esta pregunta (xa sei que tres ou catro pensarán nalgún tipo de vendetta), compre acudir ó organigrama do poder local para ver as Áreas implicadas no contencioso e os seus responsables políticos:

PP:
-Alcaldesa
Santos Cobelo en Urbanismo e Tráfico
CxB:
De la Fuente en Relacións Veciñais e Comunicación.

E como órgano supremo (dada a maioría do equipo de Goberno no Pleno) a Xunta de Goberno Local.

Non teño ningún problema en personalizar en María Faraldo as responsabilidades do PP. É inexplicable para min a maneira de actuar dunha Alcaldesa que contando coa terceira parte do Pleno Municipal, sin chegar incluso a ser a lista máis votada, está ó frente do Concello de Betanzos polos compromisos electorales dunha candidatura independente.

Ó outro lado das trincheiras políticas, un PSOE e un BNG feridos de morte observaban sin poder facer nada como Compostela, e previsiblemente Madrid, se pintaba de azul.
Ás suas expectativas electorales aconsellaban non comprar foguetes para o 2011. Estou seguro que non contaban con estes regalos permanentes de prepotencia e irresponsabilidade.
Chega con facer unha oposición seria (máis calada no caso do BNG) para que moitos empecen a dudar da capacidade de xestión dos que nos gobernan.
Aínda que as matemáticas lle permiten ó BNG seguir levando a cabo con tranquilidade a súa estratexia política, ¿quen lle iba decir ó PSOE que, a estas alturas do partido, estaría en condicións de recuperar a Alcaldía de Betanzos?
Falaba o outro día con quen foi un votante ilusionado de CxB, que me decía que debiamos sentirnos contentos e lexitimados polos feitos os que defendiamos o funcionamento asambleario de Cidadans por Betanzos e abandonamos a Agrupación.
Contesteille que cando cae un edificio construído co esforzo dun grupo de personas, o único que se sinte é tristura.
Falando da nova situación e da moción de censura, comentábame que no seu ambiente é tal o desprestixio de CxB que os cren capaces de tomar calquera decisión.
Escoitar esto despois do que se loitou por ter un espacio político propio, doe.
Aínda que eu xa non teña nada que ver con eles, hai moita xente honesta que lle dedicou o seu tempo e a súa ilusión ó proxecto. E non me parece xusto que mereza ser calificada de irresponsable.

Eso é o que sucede en política cando ninguén asume a responsabilidade dunhas decisións equivocadas, co que é o colectivo o que termina inxustamente enfangado.
Xa o teño escrito moitas veces. Nun partido político paréceme unha actitude propia de egoístas e cobardes, nunha candidatura colectiva paréceme tan insolidario que prefiro aforrar o adxetivo.
Como políticamente é imposible encontrarlle unha explicación a tanto desatino, non me queda máis remedio que empezar a pensar que ó mellor teñen razón todos (cada vez máis) os que comentan que o que se está producindo en Betanzos é unha loita polo poder dentro do PP local. Nunca tiven motivos para darlle creto a esas opinións, pero todo é hoxe tan absurdo que vai sendo o único argumento que pode xustificar o que está pasando.
Se fose o caso, estariamos ante un feito gravísimo para todos os relacionados con CxB.

Sigamos coa análise política:

- Se nos atopamos cun conflicto entre os veciños e o Goberno Municipal, é absolutamente inexplicable o silencio de Javier de la Fuente, concelleiro responsable da Área de Relacións Veciñais. Se se teñen unhas determinades responsabilidades, cobrando o que é xusto por asumilas, compre calarlle a boca cos feitos a todos os que comentan interesadamente que hai xente no Concello que cobra por non facer nada. Se non se fai, dáselles a razón.

- Estamos comentando un comunicado no que se desprecia a un grupo de veciños que estan indigandos porque se está xogando irresponsablemente cos dereitos adquiridos de acceso ás súas vivendas. ¿A quen lle apuntamos a responsabilidade deste texto?
Se acudimos ó organigrama, de novo vemos que Comunicación é responsabilidade de CxB.

Pero esto non é o peor.
Sucede que se nos di tres veces que o proxecto foi aprobado na Xunta de Goberno Local. Non necesitaban repetilo pois ese é o mecanismo democrático de toma de decisións. Supoño que lerán que nos xuicios nos que todos os días andan embarrados moitos representantes políticos, o último responable das decisións é precisamente a Xunta de Goberno Local.

E dita Xunta fórmana cinco concelleiros: Tres de CxB e dous do PP.
E non hai escapatoria: Se CxB ten a maioría nunha Xunta de Goberno Local que toma unha decisión, é legalmente o máximo responsable dela.
Non sirve xustificación algunha: os mecanismos de representación democrática non admiten interpretacións, pois o único que se fai é contar votos.


0 opinions: