Miña casiña de Esteiro
| Era un santo. Aquel cura da Ribeira Sacra era un deses homes que volvía agnósticos ós ateos. Boa xente, íbase arrugando coma unha uva pasa co paso dos anos cando, xa camiño dos 100, unha neumonía o tumbou na cama dun hospital. Chegado o día no que os médicos determinaron que estaba na antesala do camposanto, o obispo de Lugo sentiuse na obriga de darlle en persona a extremaunción. E alá foi: - (...) no se preocupe que tiene abiertas las puertas de la casa de Dios. - Sí señor Obispo ... ¡pero coma casiña dun! En recordo de Serafín Caamaño Cernadas, un cura coma o do conto. |



















