Mulleres
| Un tivo a sorte de ter nai, irmá, muller e filla. Mulleres. Hoxe as dús primeiras xa non respiran este aire manipulado e corrupto que temos que soportar os que, coma elas, non sentimos libres. Nestes últimos tempos asisto, perplexo, a reconversión dos defensores de Zapatero en xente crítica co sistema. Son os mesmos que hai oito anos me acusaban de favorecer ó PP, e evitaban falar diante de min dos temas dos que eles estaban convencidos, que non eran outros que as proclamas dos predicadores estúpidos da esquerda oficial e, hoxe xa non o negan nin eles, corrupta. Proclamas guerracivilistas nas que o PP representaba ó franquismo, polo que non tiña dereito a gobernar nin unha comunidade de veciños. Sermóns antidemocráticos que envalentonaban ó rebaño adicto e que resultaban impensables en calquera país democrático do entorno. O guerracivilismo incluía tamén a parella de baile do PP: a Iglesia Católica. Xentes que casan diante dun cura, e bautizan e fan primeiras comunións dos herdeiros, levantados en pé do guerra contra o grupo relixioso ó que, na praxis (que é o único que se debe ter en conta), pertenecen. Mentras os números non nos deixaban dormír ós que entendemos algo de números: Zapatero gastou no 2011 90.000 millóns de euros máis dos que ingresou. 90.000 millóns de euros son 15 billóns de pesetas. Os noso fillos e os nosos netos enedeudados de por vida por uns indixentes intelectuales. Pero eses indixentes non poderían gobernar sin o apoio do rebaño adicto. Rebaño tan culpable coma eles. Por eso agora, cando escoito o cambio de rumbo desa masa social responsable da nosa situación actual, sinto que a coraxe me pide guerra. Pero un xa crebou a súa lira, ¿esa que os chuvascos mecanógrafos teclean no manual dos mastros? Empecei falando de mulleres con coraxe, e todo o que mamou no rural sabe que a Galicia labrega é, era, matriarcal. Sobre todo cando a casa e as leiras proviñan da herdanza materna. E véuseme á cabeza Luz Casal, que torea ó cáncer cunha coraxe semellante á de miña irmá. Nós perdemos. Ela supoño que non o ten fácil. Para todas esas mulleres: |


















